Saltar ao contido

Homo habilis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Homo habilis
Homo habilis Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Tipo taxonómico
 Taxon superior
 Nome curto
H. habilis Editar o valor en Wikidata
Clasificación taxonómica
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdePrimates
FamiliaHominidae
XéneroHomo
EspecieH. habilis
Datas
 Data de comezo
hai 2.100.000 anos Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
hai 1.440.000 anos Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Freebase/m/03qhz Editar o valor en Wikidata
OTT3607678 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Homo habilis é unha especie do xénero Homo, que viviu aproximadamente entre hai 2 e 1,5 millóns de anos, no comezo do Plistoceno. Descubriuno o equipo de Louis e Mary Leakey o 4 de novembro de 1960 (fósil OH 7) na Garganta de Olduvai, en Tanzania. O nome suxeriuno Raymond Dart e finalmente estableceuse en 1964. Ademais de Olduvai atopáronse fósiles en cantidade en Koobi Fora e en moita menor medida no val do río Omo.

Interprétase que foi a primeira especie do xénero Homo en aparecer, e é a menos semellante á especie humana actual. Tiña pequena estatura (1,3 m), as pernas curtas e uns brazos desproporcionadamente grandes comparado co Homo sapiens; o seu cerebro era a metade do do Homo actual, entre 600 e 700 cm³. Pénsase que descendía dunha das especies de Australopithecus.

O Homo habilis compartiu a terra con outros bípedes, como o Paranthropus boisei. Malia iso, o H. habilis, coas súas innovacións nas ferramentas e a súa dieta menos especializada, tivo éxito e deu lugar a novas especies, mentres os Paranthropus desapareceron.

A grande innovación do Homo habilis foi a utilización de ferramentas de pedra lascada, o que lle deu primacía sobre os primates. Utilizábanas sobre todo para escarvar, non aínda para cazar como farían os seus descendentes, dedicándose tamén á busca de presas, e hai pouca evidencia que controlasen o lume ou empregasen a linguaxe articulada.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]