Gigantopithecus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gigantopithecus (do grego antigo γίγας gigas "xigante", e πίθηκος pithekos "mono") é un xénero extinto de Hominoidea que existiu probablemente dende hai nove millóns de anos ata hai 100.000 anos, durante o mesmo período no que o Homo erectus se tería dispersado,[2] no que hoxe é a India, Vietnam, a China e Indonesia, o cal sitúa ó Gigantopithecus no mesmo espazo xeográfico e temporal de moitas outras especies de Hominini.[3][4] O rexistro fósil do primate suxire que a especie Gigantopithecus blacki foi a meirande especie de primate que xamais existiu, chegando a medir máis de 3 metros e cun peso estimado de 540-600 kg,[2][5][6][7] malia que hai expertos que suxiren que podería ter sido moito máis pequeno, de 1,8-2 metros de altura e un peso de 180-300 kg.[8][9][10][11] Baseándose na secuación de péptidos, os seus parentes vivos máis achegados son os orangutáns.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. von Koenigswald, G. H. R. (1935). "Eine fossile Säugetierfauna mit Simia aus Südchina" (PDF). Proceedings of the Koninklijke Akademie van Wetenschappen te Amsterdam 38 (8): 874–875. 
  2. 2,0 2,1 Christmas, Jane (7 de novembro de 2005). McMaster University, ed. "Giant Ape lived alongside humans". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2012. Consultado o 6 de decembro de 2007. 
  3. Ciochon, R.; et al. (1996). "Dated Co-Occurrence of Homo erectus and Gigantopithecus from Tham Khuyen Cave, Vietnam" (PDF). Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 93 (7): 3016–3020. PMC 39753. PMID 8610161. doi:10.1073/pnas.93.7.3016. Consultado o 6 de decembro de 2007. 
  4. Sofwan, N.; et al. (2016). "Primata Besar di Jawa: Spesimen Baru Gigantopithecus dari Semedo/Giant Primate of Java: A new Gigantopithecus specimen from Semedo." (PDF). Berkala Arkeologi 36 (2): 141–160. Consultado o 6 de decembro de 2017. 
  5. Ciochon, R. (1991). "The ape that was – Asian fossils reveal humanity's giant cousin". Natural History 100: 54–62. ISSN 0028-0712. Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2015. Consultado o 6 de decembro de 2007. 
  6. Pettifor, Eric (2000). "From the Teeth of the Dragon: Gigantopithecus blacki". Selected Readings in Physical Anthropology. Kendall/Hunt Publishing Company. pp. 143–149. ISBN 0-7872-7155-1. Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2017. Consultado o 30 de xaneiro de 2008. 
  7. de Vos, J., 1993. Een portret van Pleistocene zoogdieren: Op zoek naar de reuzenaap (Gigantopithecus) in Vietnam. Cranium, 10(2), pp.123-127.
  8. Relethford, J. (2003). The Human Species: An Introduction to Biological Anthropology. McGraw-Hill. ISBN 978-0-7674-3022-7. 
  9. Dennel, R. (2009). The Palaeolithic Settlement of Asia. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-84866-4. 
  10. Singh, R. P.; Islam, Z. (2012). Concept Publishing Company Pvt. Ltd., ed. Environmental Studies. ISBN 978-81-8069-774-6. 
  11. Zhang, Y.; Harrison, T. (2017). "Gigantopithecus blacki: a giant ape from the Pleistocene of Asia revisited". American Journal of Physical Anthropology 162 (S63): 153–177. doi:10.1002/ajpa.23150. 
  12. Welker, F.; Ramos-Madrigal, J.; Kuhlwilm, M.; et al. (2019). "Enamel proteome shows that Gigantopithecus was an early diverging pongine". Nature. doi:10.1038/s41586-019-1728-8. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Park, Michael Alan. Biological Anthropology. Mayfield Publishing Co., 1996, ISBN 1-55934-424-5