Saltar ao contido

Paranthropus robustus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Paranthropus robustus
 Nome taxon
    Paranthropus robustus
 Nome curto
    P. robustus (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdePrimates
FamiliaHominidae
XéneroParanthropus
EspecieParanthropus robustus Editar o valor en Wikidata
Broom, 1938 Paranthropus robustus Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de comezo
hai 2 millóns de anos Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
hai 1.200.000 anos Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/06rpnl Editar o valor en Wikidata
OTT3607708 Editar o valor en Wikidata
EOL4454196 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Paranthropus robustus

O Paranthropus robustus (tamén coñecido como Australopithecus robustus) é unha especie homínida que viviu entre hai 1'9 e 1 millón de anos no sur de África.
Os primeiros restos da especie descubriunos en 1938 en Suráfrica Robert Broom, logo que un traballador dunha mina lle levase un fragmento de mandíbula que contiña un molar, de grandes dimensións, e que descubrira un rapaz da zona, que o conduciu a unha cova de Kromdraai, onde atopou máis restos, que el denominou Paranthropus robustus, aínda que no momento non triunfou e clasificouse como Australopithecus rubustus, pero actualmente boa parte dos especialistas opinan que son tan diferentes do resto dos Austrolopithecus que deben colocarse noutro xénero, polo que resucitaron o nome que lle dera Broom.

Os achados de Kromdraai consisten maioritariamente en restos de cranios, mandíbulas, dentes e máis algúns restos de ósos do brazo, os cadrís e os pés; mentres os achados de Swartkrans, tamén comezados a escavar por Broom, son máis amplos incluíndo un cranio case completo e numerosos restos poscraniais.

Características

[editar | editar a fonte]

O corpo do Paranthropus robustus era semellante ao Australopithecus africanus, pero moito máis robusto e grande, con premolares e molares moi grandes, aínda que os dentes dianteiros eran máis pequenos co que tiña máis humana. Tiñan unha altura de 1'1 m as femias e 1'3 os machos, e o seu peso variaba entre os 40 e os 80 kg para os machos e 32–40 kg para as femias. Tiña un volume cranial de 530 cc, os seus brazos eran longos en relación ao corpo. Xunto os restos atopáronse ósos traballados nos extremos, o que indicaría que se utilizaban para escarvar, e algúns tamén queimados, o que podería indicar a domesticación do lume, pero é difícil de saber.