Saltar ao contido

Gorilla gorilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gorilla gorilla
Gorilla gorilla
Thomas S. Savage 1847 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Nome curto
G. gorilla Editar o valor en Wikidata
Conservación
Especie en perigo crítico
Clasificación taxonómica
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
 Combinación orixinal
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdePrimates
FamiliaHominidae
XéneroGorilla
EspecieG. gorilla
 Subdivisións
Códigos e identificadores
Freebase/m/0cnmv_ Editar o valor en Wikidata
MeSHD006071 Editar o valor en Wikidata
ITIS573080 Editar o valor en Wikidata
OTT417965 Editar o valor en Wikidata
UICN9404 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O Gorilla gorilla é unha das dúas especies do xénero Gorilla. Á súa vez, o Gorilla gorilla está dividido en dúas subespecies: o Gorilla gorilla gorilla e o Gorilla gorilla diehli. Case a totalidade dos Gorilla gorilla pertencen á subespecie do Gorilla gorilla gorilla, cunha poboación entre 95.000 e 100.000 individuos. Estímase que só quedan de 250 a 300 Gorilla gorilla diehli.

Descrición

[editar | editar a fonte]

En comparanza co Gorilla beringei, o Gorilla gorilla é sensibelmente máis pequeno, pesa menos, ten unha figura máis estilizada e a súa pelaxe é máis clara. O Gorilla gorilla gorilla caracterízase pola coloración da súa pelaxe, que pode ir dende o marrón até o gris, e a fronte alaranxada. Os machos miden entre 160 e 170 cm de altura e pesan arredor dos 140 kg.[1][2] As femias son máis pequenas e miden entre 120 e 140 cm de alto e o seu peso oscila entre os 60 e 80 kg. Os Gorilla gorilla meirandes poden chegar ós 200 kg nos machos e ós 98 kg nas femias.[2][3] O Gorilla gorilla diehli diferénciase no maior tamaño da súa caveira e dos seus dentes. Tamén é uns 10–15 cm máis alto e 20–35 kg máis pesado. Perante isto, segue a ser máis pequeno e lixeiro que o Gorilla beringei beringei e o Gorilla beringei graueri, que están consideradas as subespecies de maior tamaño.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Williamson, E.A. and Butynski, T.M. (2009) Gorilla Gorilla In: Butynski, T.M. (Ed) The Mammals of Africa Volume 6. Elsevier Press, In Press
  2. 1 2 Burnie D and Wilson DE (Eds.), Animal: The Definitive Visual Guide to the World's Wildlife. DK Adult (2005), ISBN 0789477645

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]