Francisco Bao Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Francisco Bao Rodríguez máis coñecido como Sansón, nado en Lavadores (Vigo) o 20 de abril de 1924 e finado en Vigo o 13 de febreiro de 2012,[1] foi un futbolista galego moi polivalente que xogaba na demarcación de defensa. Aínda ostenta na actualidade o récord de ser o xogador máis novo en debutar en Primeira División.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse no Fútbol Club Vigués, que por aquel entón xogaba na segunda categoría do Campionato galego e actuaba como filial do Celta de Vigo, ata que na tempada 1939-40 sobe ao primeiro equipo pola súa gran fortaleza física, que lle granxeou o alcume de Sansón, para disputar a primeira tempada do club en Primeira División. Debutou en o 31 de decembro de 1939 no campo do Sevilla FC aos 15 anos e 255 días, converténdose no xogador máis xove en debutar en Primeira División da historia da Liga española de fútbol.

Porén en Vigo militaría so dúas tempadas ao ser demasiado xove para manter o nivel durante todo a campionato ligueiro. Sansón ficha pola Cultural y Deportiva Leonesa ca que acada o ascenso a Segunda División.

En 1943 ficha polo Sporting de Xixón co que en dúas tempadas ascende a Primeira División, ao ano seguinte pasa a militar ao Real Oviedo onde xogaría cinco tempadas sendo un xogador importante do equipo.

En 1950 volve a Vigo onde a súa mellor tempada seía a 1952-53 facéndose cun sitio no once titular. Porén en 1955 non acepta a oferta de renovación do Celta e ficha polo Xerez CD, onde se retirou con 28 anos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]