Agustín Jarabo Domínguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agustín Jarabo Domínguez
Información persoal
Nacemento 11 de outubro de 1911
Lugar de nacemento Ourense
Falecemento 20 de xaneiro de 1961
Posición dianteiro
editar datos en Wikidata ]

Agustín Jarabo Domínguez, nado o 11 de outubro de 1911 en Ourense e finado o 20 de xaneiro de 1961 en Lugo, foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fichou polo Celta de Vigo na tempada 1935/36 na Segunda División, ano no que o equipo acadou o primeiro ascenso a Primeira División da súa historia. Porén, tivo que agardar para debutar na máxima categoría, ante o golpe de estado militar contra a Segunda República Española e o comezo da Guerra Civil.

Tralo fin da contenda as competicións oficiais reanudáronse en 1939. Agustín debutou en Primeira na segunda xornada, o 10 de decembro de 1939 en Balaídos. Dende o principio deu fe da súa facilidade anotadora, se ben foi o segundo máximo anotador do equipo na tempada do ascenso foi o primeiro o ano do debut en primeira, con 14 tantos.

Na tempada 1941/42 formou dianteira con Del Pino e Roig, entre os tres anotaron 40 goles nunha tempada na que o equipo rematou en quinta posición. Deixou o equipo tras o descenso da tempada 1943/44 ao non chegar a un acordo coa directiva para renovar.

Entre os encontros que disputou co Celta destacan tres encontros ante o Deportivo da Coruña. O primeiro en maio de 1940 na fase de promoción na que o Celta se salvou do descenso en detrimento do Depor, o segundo en abril de 1941, na Copa do Rei, que rematou cunha vitoria céltica por 8-0. O último o primeiro derbi en Primeira División, que tamén rematou con vitoria do Celta.