Laureano Rúa Guimeráns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Laureano Rúa Guimeráns
Información persoal
Nacemento 14 de agosto de 1921
Lugar de nacemento Vigo
Falecemento 17 de febreiro de 2015
Posición dianteiro
editar datos en Wikidata ]

Laureano Rúa Guimeráns, máis coñecido como Nano ou Rúa, nado en Vigo o 14 de agosto de 1921 e finado o 17 de febreiro de 2015, foi un futbolista galego. Xogaba na demarcación de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Debutaría profesionalmente co Celta de Vigo trala Guerra Civil Española no debut do equipo vigués en Primeira División, porén non contaría con moitas oportunidades ao contar coa competencia na dianteira de grandes xogadores coma Machicha I, Nolete, Chicha ou Agustín. Aos anos seguintes tamén tería o mesmo problema coa chegada dos dianteiros canarios Del Pino, Roig e Mundo

Militou no Celta tres tempadas so disputaría un total de dez encontros, anotando dous goles. Na tempada 1942/43 marchou cedido xunto a Machicha I ao UD Salamanca. Mentres Machicha regresaba ao pouco a Vigo ante os problemas para cobrar o soldo Nano permaneceu en Salamanca trece anos salvo a tempada 1951/52 na que xogou no Racing de Santander en Primeira División.

Coa UD Salamanca disputou 250 encontros incluída a fase de descenso a Primeira División de 1951. Trala súa retirada disputaríase un encontro de homenaxe entre o Salamanca e o Real Valladolid.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]