Saltar ao contido

Ángel Iglesias Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÁngel Iglesias Rodríguez
Biografía
Nacemento8 de decembro de 1908 Editar o valor en Wikidata (115 anos)
Freixeiro, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Celta de Vigo
Familia
FillosÁngel Iglesias Domínguez Editar o valor en Wikidata
IrmánsJosé Iglesias Rodríguez Editar o valor en Wikidata

Ángel Iglesias Rodríguez, máis coñecido como Machicha I, nado en Freixeiro (Vigo) o 8 de decembro de 1908, foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de centrocampista. Era irmán e pai dos tamén futbolistas José, Machicha II, compañeiro seu no Celta de Vigo e Ángel Iglesias Domínguez, tamén alcumado Machicha.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Chegou ao Celta de Vigo, xunto ao seu irmán José, na tempada 1932/33, daquela na Segunda División. Este primeiro ano Machicha converteuse no máximo goleador do equipo, con 12 tantos, compartindo dianteira con Ramón Polo e Nolete.

Da man do adestrador Ricardo Comesaña, na tempada 1935/36 o equipo acada o primeiro ascenso a Primeira División da súa historia. Porén ese mesmo ano tería lugar o golpe de estado militar que daría lugar á Guerra Civil Española, o que interrompeu as competicións deportivas oficiais, polo que o debut na máxima categoría tivo que agardar ata 1939.

Na tempada 1939/40 tanto o Celta coma os irmáns Iglesias Rodríguez debutan na máxima categoría, a diferenza da maior parte do equipo que acadara o ascenso que se viron obrigados a deixar o fútbol a causa da guerra. Iso si a partir dese momento a importancia dos dous irmáns no equipo foi moito menor, sendo a única destacable a primeira tempada, na que Machicha disputou doce encontros e anotou catro goles.

A 1941/42 foi a última tempada que xogou en Vigo, xogando oito encontros sen anotar ningún gol. Finalmente deixou o fútbol despois de sete tempadas no Celta e un intento de cesión ao UD Salamanca que non frutificou ante a mala situación financeira do club castelán.

Tras retirarse foi contratado polo club para realizar as funcións de mantemento do Estadio Municipal de Balaídos. O seu fillo, Ángel Iglesias Domínguez, tamén chamado futbolisticamente Machicha, formouse nas categorías inferiores do Celta pero tivo que emigrar, chegando a xogar no Valencia CF, Real Betis B ou Cádiz CF

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]