Álvaro Núñez Marcial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alvarito
Información persoal
Nome Álvaro Núñez Marcial
Nacido 21 de decembro de 1912
Lugar Vigo
Falecido 3 de xullo de 1992
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1934–1935 Deportivo da Coruña
1939–1944 Celta de Vigo 65 (1)
1944–1946 Real Murcia 11 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

Álvaro Núñez Marcial, nado en Vigo o 21 de decembro de 1912 e finado o 3 de xullo de 1992, foi un futbolista galego máis coñecido como Alvarito, que xogaba na demarcación de centrocampista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tralo parón que supuxo a Guerra Civil Española o Celta de Vigo afrontaba a tempada 1939/40 co reto de debutar en Primeira División e obter a permanencia.

Con este propósito chegan moitos novos xogadores ao club, entre eles Alvarito. Debutaba en partido oficial o 3 de decembro de 1939 ante o Real Zaragoza, con resultado de derrota por 3-2.

Tras cinco tempadas no club e a nefasta tempada 1943/44 que supuxo o descenso a Segunda División, ao so acadar 9 puntos, deixa o Celta de Vigo ao igual que Mundo e Agustín.

Alvarito aínda xogaría en Primeira División dúas tempadas máis, esta vez no Real Murcia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]