Gonzalo Varela Agrelo
Gonzalo Varela Agrelo | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nacemento | 10 de xullo de 1914 | ||
Lugar de nacemento | A Estrada | ||
Falecemento | 1991 | ||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
Gonzalo Varela Agrelo, nado na Estrada o 10 de xullo de 1914 e finado en 1991, foi un futbolista galego máis coñecido como Varela, que xogaba na demarcación de defensa.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Despois de xogar no Club Deportivo Estradense, Varela chegou na tempada 1935-36 ao Celta de Vigo, que estaba buscando o ascenso a Primeira División. Militaría no club 5 tempadas.
No primeiro ano que estivo no Celta o equipo conseguiu o ascenso pero o comezo da Guerra Civil Española fixo esperar o debut na máxima categoría. O propio Varela serviría como cabo de artillería en Aragón e Levante.
O 3 de decembro de 1939 por fin debuta o Celta en Primeira División, sería cunha derrota ante o Real Zaragoza. Porén o equipo acadaría a permanencia despois de vencer na promoción ao Deportivo da Coruña que tentaba ascender. Varela disputaría 16 dos 22 encontros da tempada, formando parella con Vicente Cons.
Na tempada 1941-42 comezou a perder peso nos onces iniciais e finalmente o club prescindiu dos seus servizos para aliviar a delicada situación económica o 4 de febreiro de 1944, xunto a el tamén deixaron o club Martín Pica e Alberich.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Marcos L. Bacariza (13 de outubro de 2009). "Gonzalo Varela". Yo jugué en el Celta (en castelán).