Francisco Godia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paco Godia
Image of none.svg
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade España España
Anos en activo 1951, 1954, 1956-1958
Escudería(s) Maserati
Grandes Premios disputados 14 (13 saidas)
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio de España de 1951
Derradeiro GP Gran Premio de Francia de 1958
Jordan F1 icon.png
A Galipedia ten un portal sobre:


Francisco Godia Sales (Paco Godia), nado o 21 de marzo de 1921 en Barcelona - falecido o 28 de novembro de 1990, foi o primeiro piloto español en competir na Fórmula 1. Foi unha personalidade singular que uniu un instinto excepcional para os negocios co amor pola arte e a paixón polas carreiras de automóbiles.

Biografía[editar | editar a fonte]

Paco Godia encarna a figura do gentleman driver dos inicios do automobilismo deportivo. Debutou en 1945 no circuíto de Montjuïc, aos mandos dun Hotchkiss, e moi pronto se deu a coñecer internacionalmente participando nas 24 Horas de Le Mans de 1949, xunto a Juan Jover Sañés, co equipo oficial Delage.

Entre 1954 e 1958 disputou o Campionato do Mundo de Fórmula 1, pilotando automóbiles Maserati. Debutou o 28 de outubro de 1951 no Gran Premio de España e logrou un total de seis puntos no campionato mundial, conseguidos con dous 4º postos. Terminou 9º no Campionato de 1956, algo que ningún español conseguiu superar ata Fernando Alonso.

Retirouse da competición en 1969, pero continuou vinculado ao deporte do motor. A súa influencia foi decisiva na construción do Circuíto de Cataluña.

Afeccionado á arte, reuniu unha valiosa colección privada que actualmente se exhibe no Museo Fundación Francisco Godia de Barcelona.

Resultado completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Puntos
1951 Scuderia Milano Maserati 4CLT/48 Maserati 4 en liña SUI 500 BEL FRA GBR ALE ITA ESP
10
NC 0
1954 Officine Alfieri Maserati Maserati 250F Maserati 6 en liña ARX 500 BEL FRA GBR ALE SUI ITA ESP
6
NC 0
1956 Officine Alfieri Maserati Maserati 250F Maserati 6 en liña ARX MON 500 BEL
Ret
FRA
7
GBR
8
ALE
4
ITA
4
6
1957 Francisco Godia Sales Maserati 250F Maserati 6 en liña ARX MON 500 FRA GBR ALE
Ret
PES
Ret
ITA
9
NC 0
1958 Francisco Godia Sales Maserati 250F Maserati 6 en liña ARX
8
MON
NSC
NED 500 BEL
Ret
FRA
Ret
GBR ALE POR ITA MAR NC 0

Referencias[editar | editar a fonte]