Sancho III o Maior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Sancho III o Maior
Sancho III el Mayor (Diputación Provincial de Zaragoza).jpg
Nacemento 985, 990, 994 e 965
Falecemento 18 de outubro de 1035
  La Bureba
Soterrado Monastery of San Salvador de Oña
Nacionalidade Reino de Pamplona
Ocupación gobernante
Pai Garcia Sanchez II de Pamplona
Nai Jimena Fernández
Cónxuxe Munia Sánchez de Castela
Fillos Ramiro I de Aragão, Fernando I de León, García III de Navarra, Gonzalo of Sobrarbe and Ribagorza, Jimena Sánchez di Navarra e Mayor Sánchez di Navarra
Irmáns Urraca Garcez de Pamplona
editar datos en Wikidata ]
Arrano beltza, símbolo da Navarra durante os tempos de Sancho III O Maior.

Sancho III Garcés, coñecido como Sancho III o Maior, nado cara ao 990 ou 992 e finado o 18 de outubro de 1035, foi rei de Navarra entre o ano 1000 ou 1004 e 1035. Tamén foi conde de Aragón e de Castela como Sancho I entre 1029 e 1035.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sancho III herdou do seu pai o Reino de Navarra con só 15 anos. Conquistou Sobrarbe e Ribagorza entre os anos 1014 e 1018. No ano 1016 fixou os límites co condado de Castela. Protector no seu tempo dos Condes cataláns, estendeu a súa influencia alén dos Pireneos, mantendo relacións co ducado de Gascuña. Ao final da súa vida, no ano 1034 chegou a conquistar León, Astorga e Zamora expulsando ao rei Vermudo III. Á súa morte os seus dominios repartíronse entre os seus catro fillos.

Sancho foi un monarca ilustrado para a súa época, organizou a súa corte a semellanza da francesa e tivo como conselleiro a Oliba de Ripoll e pola súa mediación establecéronse monxes de cluniacense en San Juan de la Peña. A Sancho III débeselle o trazado definitivo do Camiño de Santiago, ao librar de incursións musulmás a zona comprendida entre os Pireneos e Nájera e aproveitar o trazado dunha antiga vía romana que substituíu o percorrido anterior que ía por Áraba e como queda dito débeselle a influencia cluniaciense por todo o camiño.