Eusébio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Eusébio da Silva Ferreira»)
Infotaula de personaEusébio

(1973) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(pt) Eusebio da Silva Ferreira Editar o valor em Wikidata
25 de xaneiro de 1942 Editar o valor em Wikidata
Maputo, Mozambique Editar o valor em Wikidata
Morte5 de xaneiro de 2014 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Causa da morteInsuficiencia cardíaca Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaIgreja de Santa Engrácia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
Altura175 cm Editar o valor em Wikidata
Peso73 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , deportista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1957 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaPortugal Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1957-1960 Clube de Desportos do Maxaquene 42(77)
1960-1975 Sport Lisboa e Benfica 301(317)
1975-1975 CF Monterrey 10(1)
1975-1975 Boston Minutemen (pt) Traducir 7(2)
1975-1976 Toronto Blizzard (en) Traducir 25(18)
1975-1976 Toronto Blizzard (pt) Traducir 21(16)
1976-1976 Sport Clube Beira-Mar 12(3)
1976-1977 Las Vegas Quicksilver (pt) Traducir 17(2)
1976-1977 San Diego Sockers (1978–96) (pt) Traducir 17(2)
1977-1978 União de Tomar (pt) Traducir 12(3)
1978-1978 Miami Americans (pt) Traducir 9(2)
1978-1979 New Jersey Americans (futebol) (pt) Traducir 9(2) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1961-1973   Portugal 64(41) Editar o valor em Wikidata
Participou en
xullo de 1966Mundial de Fútbol Inglaterra 1966 Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeFlora Claudina Burheim (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1595864 FIFA: 39547 UEFA: 37682 WikiTree: Da_Silva_Ferreira-4 Find a Grave: 176674679 Editar o valor em Wikidata

Eusébio da Silva Ferreira, OIH, GCM, nado en Lourenço Marques (actual Maputo) o 25 de xaneiro de 1942 e finado en Lisboa o 5 de xaneiro de 2014, foi un futbolista portugués de orixe mozambicana. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección portuguesa. Está considerado coma un dos mellores xogadores de tódolos tempos, e destacaba pola súa velocidade e o seu mortífero disparo.

Foi o máximo anotador do Mundial de 1966 con nove goles, axudando a que Portugal obtivese o terceiro posto. Ten un Balón de Ouro (1965), trofeo ao mellor xogador europeo e dúas Botas de Ouro, trofeo ao máximo anotador europeo (1968 e 1973).

Clubs[editar | editar a fonte]

Eusébio naceu na cidade de Lourenço Marques (hoxe Maputo), en Mozambique. Comezou a xogar ao fútbol en equipos locais, coma o Sporting Club of Lourenço Marques ata que en 1961 marcha para Portugal, fichando polo Benfica por unha cantidade de £7500. É o comezo dunha longa e prolífica carreira no conxunto da cidade lisboeta. Xa na súa primeira tempada gañou a Liga Portuguesa de Fútbol, o que lles deu dereito de disputa-la Copa de Europa ao ano seguinte.

En 1962, amais de gaña-la liga e a Copa de Portugal de Fútbol, derrotaron ao Real Madrid de Ferenc Puskás e Alfredo Di Stéfano na final da Copa de Europa por 5-3, e o propio Eusébio anotou dous goles. O seu seguinte reto foi a Copa Intercontinental, e aquí enfrontáronse posiblemente ás dúas mellores escuadras do mundo: o Benfica "de" Eusébio e o Santos "de" Pelé. Tras unha derrota por 3-2 no encontro de ida no Brasil, a remontada semellaba factible na volta no estadio da Luz en Lisboa. Mais Pelé fixo aquí unha das súas mellores actuacións e o Santos arrasou ó Benfica.

En 1965 foi galardoado co Balón de Ouro, premio outorgado ao mellor xogador europeo do ano. En 1968 converteuse no primeiro gañador da recentemente inaugurada Bota de Ouro, que premia ao máximo anotador europeo. Repetiría cinco anos despois. En canto á Liga Portuguesa, entre os anos 1964 e 1973 foi o máximo anotador da competición. En total coa camisola do Benfica, segundo a FIFA, anotou 727 goles en 715 encontros,[1] A IFFHS recoñécelle 342 goles en 373 encontros de liga entre 1960 e 1977[2].

Xa preto da fin da súa carreira marchou aos Estados Unidos para xogar na North American Soccer League. Alí ficou por tres anos e xogou para tres equipos, Boston Minutemen (1975), Toronto Metros-Croatia (1976) e Las Vegas Quicksilver (1977). Este mesmo ano participou en dez encontros co CF Monterrey da Liga Mexicana de Fútbol. De volta a Portugal fichou polo SC Beira-Mar, e o União de Tomar da segunda división. En 1978 rematou a súa carreira coma futbolista.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Eusébio foi o máximo anotador da selección portuguesa con 41 goles en 64 encontros ata que Pauleta o superou o 12 de outubro de 2005 nun encontro contra Lituania. Fixo a súa estrea coa camisola nacional o 19 de outubro de 1961, contra Luxemburgo, encontro que rematou en derrota para a selección portuguesa por 2-4.

O seu maior éxito foi o cuarto posto no mundial de Inglaterra '66. Rematou coma máximo anotador do torneo con nove goles. Destacou especialmente nos cuartos de final, cando tras ir perdendo por 0-3 contra Corea no Norte fixo catro goles e remataron gañando por 5-3. Xogou o seu derradeiro encontro coa camisola portuguesa o 19 de outubro de 1973 contra a Bulgaria, que rematou en empate, 2-2.

Títulos[editar | editar a fonte]

Internacional

Clubs

Individual

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]