European Trophy
Tipo | competición deportiva |
---|---|
Deporte | hóckey sobre xeo |
Localización e Datas | |
País | Suecia |
Vixencia | 2006 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | europeantrophy.com |
European Trophy (anteriormente denominado Nordic Trophy entre 2006 e 2009) foi un torneo de hóckey sobre xeo que se disputou cada ano entre 2006 e 2013, tradicionalmente composto por equipos das ligas máis importantes de Europa. Foi xeralmente considerado un torneo de pretempada, aínda que algúns partidos son xogados durante a tempada. Con 32 equipos participantes de sete países distintos en 2013, o European Trophy foi no seu tempo a maior competición de hóckey sobre xeo en Europa.[1] Na tempada 2014–15, o European Trophy será substituído pola Champions Hockey League, un torneo organizado pola IIHF.[2]
Suecia e Finlandia teñen participado en todas as edicións, sendo os únicos dous países que participaron cando o torneo era denominado "Nordic Trophy". O torneo comezou en 2006 baixo a denominación de The tournamen"Nordic Trophy" con oito equipos, catro de Suecia e outros catro de Finlandia. En 2010, algúns equipos doutros países europeos sumáronse ao toreneo, que mudou o seu nome para o actual European Trophy. Dende a inauguración do torneo en 2006 teñen participado equipos de oito países distintos: Suecia, Finlandia, Austria, República Checa, Alemaña, Eslovaquia, Suíza, e Noruega. Ningún equipo gañou a competición en máis dunha ocasión.
Equipos
[editar | editar a fonte]En 2006 e 2007, o "Nordic Trophy" consistiu en catro equipos suecos, Djurgården, Frölunda, Färjestad e Linköping; así como catro equipos fineses, HIFK, Oulun Kärpät, Tappara e TPS.
En 2007, o torneo ampliouse de seis a oito equipos e creouse unha edición júnior (o torneo júnior deixou de disputarse logo da edición de 2010). En 2008, o torneo ampliouse con dous equipos máis, o sueco HV71 e o finés Jokerit. E no 2009 foi novamente ampliado coa inclusión do Malmö Redhawks sueco, e o Rauman Lukko finlandés.[3] Porén, os equipos suecos e fineses foron divididos ese ano, pasando a haber dous torneos: un Nordic Trophy Sueco 2009 para os equipos suecos, e un Nordic Trophy Finés 2009 para os equipos fineses.
En 2010, o torneo tornouse europeo. Lukko de Finlandia deixou a competición sendo substituído polo Vålerenga noruegués. Adler Mannheim e Eisbären Berlin de Alemaña, e o checo Sparta Praha, completaron a "Capital Division"; co equipo austrico do Red Bull Salzburg, xunto SC Bern e ZSC Lions de Suíza, completaron a "Central Division". Eses novos equipo propuxeron mudar o nome do torneo ao de European Trophy.
Na edición de 2011 había 24 equipos. Suecia e Finlandia foron representados por seis equipos cada un. Luleå HF substituíu o equipo sueco Malmö Redhawks. De Finlandia, KalPa foi incluído por primeira vez no torneo. Participaron tamén sete equipos da República Checa: Slavia Praha, Sparta Praha, Mountfield České Budějovice, Bílí Tygři Liberec, ČSOB Pojišťovna Pardubice, Plzeň 1929, e Kometa Brno. Os equipos alemáns Eisbären Berlin e Adler Mannheim repetiron participación. Ademais do Red Bull Salzburg, houbo un segundo equipo austríaco, o Vienna Capitals. Por primeira vez Eslovaquia participou no European Trophy, sendo representada polo Slovan Bratislava. Noruega e Suíza, non obstante, non tiveron representación. Tamén cambiou o calendario de competición: en lugar de xogarse os play-offs en setembro logo da rolda previa de agosto-setembro, os play-offs foron xogados en decembro.[4]
A edición de 2012 ampliose con oito equipos máis para un total de 32 anos. Un novo equipo sueco, o Brynäs IF, chegou á compteción; Suíza regresou ao campionato con catro equipos; dous novos equipos alemáns entraron en competición; e un novo equipo de Finland participou no torneo. A primeira rolda do torneo disputouse entre xullo e novembro, mentres que os play-offs xogáronse en decembro.[5] O Slavia Praha, non obstante, anunciou o 31 de maio de 2012 que deixaría o European Trophy.[6] O 18 de xuño anunciouse que o Piráti Chomutov tomaría o lugar deixado polo Slavia Praha na "South Division".[7]
O 14 de febreiro de 2013 anunciouse oficialmente a edición do torneo de 2013. Contou cos 32 equipos que participaron na edición precedente, sendo a primeira vez na historia do Nordic/European Trophy que se repetiron os equipos do ano anterior. Os 32 equipos foron divididos nas mesmas divisións, e a rolda previa (antes dos play-offs) é similar á do ano anterior, a única diferenza foi a asignación dos equipos locais e visitantes. Debido aos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014, a primeira rolda finalizará en setembro de 2013 e non en novembro.[8]
- Nota (*): o pavillón fixado como local non ten por qué ser empregados no European Trophy.
- Nota (**): SC Bern e ZSC Lions non participaron en 2011.
Estrutura do torneo
[editar | editar a fonte]O European Trophy divídese nunha primeira fase disputada entre finais de xullo e novembro, na que os equipos xogan uns contra os outros segundo un calendario predefinido; e un play-off de fin de semana en decembro xogado a eliminación directa. O equipo que gaña á final é coroado o Red Bulls Salute Champion.[9] Se un partido remata con empate logo do tempo regulamentario (60 minutos), xógase un tempo extra de 5 minutos. Durante o tempo extra cada equipo pode substituír só catro xogadores no xeo á vez (excepto 3 cando en calquera dos dous equipos hai un xogador penalizado). Se non se anota ningún gol no tempo extra, o partido decídese por shootout, comezando cada equipo con tres penaltis. Se logo dos tres primeiros penaltis persiste o empate, xógase a roldas de morte súbita ata que sae un campión.
Partidos da primeira rolda
[editar | editar a fonte]Na primeira rolda, os 32 equipos son divididos en catro divisións e cada equipo xoga contra cada equipo da súa división unha vez. Ademais, cada equipo ten asignado un "rival loca" na mesma división contra o que xoga un segundo partido. Polo tanto, cada equipo xoga un total de 8 partidos na primeira rolda. Se conceden puntos en cada partido, con tres puntos para o gañador no tempo regulamentario, dous para o gañador no tempo extra ou no shootout, un punto para o perderon no tempo extra ou no shootout, e ningún punto para o perdedor no tempo regulamentario. Os dous equipos co mellor rexistro de puntos de cada división clasifícanse para os play-offs.
Play-offs
[editar | editar a fonte]Os play-offs do European Trophy, coñecidos como Red Bulls Salute, son a derradeira parte do torneo. Trátase dun torneo a unha volta, onde dous equipos xogan entre eles para pasar á seguinte rolda. No torneo de 2013, o Red Bull Salute disputaráse ne Berlín. Non hai partidos de clasificación, o que significa que só hai cuartos de final, semifinais e un partido final. O Red Bull Salute tivo lugar préviamente en Salzburgo e Viena en 2010 e 2011, e en Viena e Bratislava en 2012. Antes de 2013, o organizador dos play-offs tiñan garantido un lugar no play-off (isto é, clasificábanse diréctamente para os play-offs) e tomaba o lugar do peor segundo clasificado de todas as divisións do torneo.[10]
Primas
[editar | editar a fonte]Logo da primeira rolda, os catro campións de división reciben 25.000€ cada un, os catro segundos clasificados 20.000€, e o terceiro, cuarto e quinto clasificados reciben 15.000€, 10.000€, e 5.000€ respectívamente. Ademais, na final do Red Bull Salute, o equipo campión recibe 50.000€, mentres que o finalista recibe 10.000€. En total repartiránse 360.000€ no European Trophy 2013.[11]
Trofeos e recoñecementos
[editar | editar a fonte]Ao final da fin de semana da final, o gañador da final é proclamado campión do European Trophy. Hai catro recoñecementos para os xogadores determinados polas súas estatísticas durante o torneo: o RBK Nordic Star, o mellor porteiro, mellor defensor e mellor dianteiro.[12]
Campións
[editar | editar a fonte]Nordic Trophy | ||
---|---|---|
Ano | Campión da rolda previa | Campión dos play-offs (Campión do Nordic Trophy) |
2006 | Färjestad BK | Färjestad BK |
2007 | Oulun Kärpät | Oulun Kärpät |
2008 | Linköpings HC | Linköpings HC |
2009 | HV71 (Torneo sueco) | Djurgårdens IF (Torneo sueco) |
Lukko (Torneo finés) | Tappara (Torneo finés) | |
European Trophy | ||
Ano | Campión da rolda previa | Campión dos play-offs (Campión do European Trophy) |
2010 | HV71 | Eisbären Berlin |
2011 | Plzeň 1929 | Red Bull Salzburg |
2012 | Luleå HF | Luleå HF |
2013 | Färjestad BK | JYP |
Debido ao sistema de divisións da rolda previa do European Trophy, o campión desta fase determínase en función do equipo co mellor récord.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Luleå debuterar i European Trophy" (en Swedish). Sportal. 2011-08-12. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2012. Consultado o 2011-09-06.
- ↑ "Champions Hockey League opens in August 2014". European Trophy. 6 de decembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2013. Consultado o 21 de xuño de 2014.
- ↑ "Nordic Trophy 2009 becomes a Swedish affair". Nordic Trophy. NordicTrophy.com. 2009-06-16. Consultado o 2009-06-16.
- ↑ "Så blir European Trophy 2011" (en Swedish). Hockeysverige. 2011-05-17. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2012. Consultado o 2011-05-17.
- ↑ "Red Bulls Salute moves to Vienna and Bratislava". europeantrophy.com. 2012-03-12. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2012. Consultado o 2012-03-17.
- ↑ "Slavia Prague pulls out of European Trophy". Europeantrophy.com. 2012-05-31. Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2012. Consultado o 2012-06-04.
- ↑ "Pirati Chomutov take part in European Trophy 2012". Europeantrophy.com. 2012-06-18. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2012. Consultado o 2012-06-18.
- ↑ "European Trophy 2013: 32 clubs to compete for the title". Europeantrophy.com. 2013-02-14. Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2013. Consultado o 2013-02-16.
- ↑ "European Trophy 2012 starts August 17th". Europeantrophy.com. 2012-04-12. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2012. Consultado o 2012-04-12.
- ↑ "Berlin to host Red Bulls Salute 2013 - European Trophy Finals debut in Germany". Europeantrophy.com. 2013-05-17. Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2013. Consultado o 2013-06-09.
- ↑ Csongrádi, Per (2012-08-17). "30 teams in action as this years trophy kick off". europeantrophy.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2012. Consultado o 2012-08-17.
- ↑ Gyllander, Peter (2007-09-08). "Kärpät Champions". Nordic Trophy Ice Hockey Tournament. NordicTrophy.com. Consultado o 2008-09-05.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: European Trophy |
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- European Trophy Junior
- Champions Hockey League, un torneo similar xogado só na tempada 2008–09
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- EuropeanTrophy.com Arquivado 23 de xuño de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)