Ingolstadt
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Alemaña | ||||
| Estado federado | Baviera | ||||
| Regierungsbezirk | Alta Baviera | ||||
| Capital de | |||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 142.308 (2023) | ||||
| Número de fogares | 40.587 (1987) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 133,35 km² | ||||
| Bañado por | Schutter (en) | ||||
| Altitude | 374 m-376 m-368 m | ||||
| Comparte fronteira con | Ingolstadt (en) Neuburg-Schrobenhausen (pt) Pfaffenhofen, sueste (1972–) Eichstätt (pt) | ||||
| Creación | 1200 | ||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Christian Scharpf (pt) | ||||
| Membro de | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 85049, 85057, 85051, 85053 e 85055 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 08424, 0841, 08450, 08458 e 08459 | ||||
| Código NUTS | DE211 | ||||
| Clave de rexión en Alemaña | 091610000000 | ||||
| Número de municipio alemán | 09161000 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | Carrara (1962–) Kirkcaldy (1962–) Grasse (1963–) Murska Sobota (1979–) Moscova (1995–) Manisa (pt) Kragujevac (2003–) Opole (2005–) Győr (2008–) | ||||
| Sitio web | ingolstadt.de | ||||
Ingolstadt é unha cidade independente de Baviera, Alemaña, a uns 70 kms de Múnic. Ten 133,35 km² e en decembro de 2014 tiña 131 002 habitantes. Tamén é a sede da compañía automobilística Audi.
Historia
[editar | editar a fonte]A primeira mención da cidade data do 6 de febreiro do 806, cando un documento de Carlos Magno a menciona como Ingolges stadt. Sobre o 1250 Ingolstadt recibu o status de cidade. A famosa muralla da cidade só puido ser superada polas tropas de Napoleón I. Foi sede da famosa Universidade de Ingolstadt, que deu inicio á Ilustración. A comezos do século XIX a cidade, do mesmo xeito que o resto de Baviera, pasou a formar parte da Confederación do Rin fomentada por Napoleón I. Tras o derrubamento do imperio napoleónico, Baviera uniuse á Confederación Xermánica.
Charles de Gaulle e Mikhail Tukhachevsky estiveron detidos na fortaleza desta cidade durante a primeira guerra mundial. O entón capitán De Gaulle tentou a evasión até cinco veces, sen éxito, xa que o seu gran tamaño o facía demasiado visible, sendo liberado despois do armisticio. Mikhail Tukhachevsky, no quinto intento de fuga, logrou regresar a Rusia en outubro de 1917.
Economía
[editar | editar a fonte]Posúe refinarías para o petróleo que chega polo río Danubio, industria automotriz (aquí atópase a sede de Audi) e fábricas de electrónica. Despois da segunda guerra mundial, Audi buscaba unha nova sede e decidiuse por esta cidade debido ás súas boas comunicacións. A súa proximidade con Múnic sitúa Ingolstadt nunha das rexións de maior importancia económica e industrial dentro da Unión Europea (UE).
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ingolstadt |
