ZSC Lions

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
ZSC Lions
Thibaut Monnet lifts his arm.jpg
Fundación1930[1]
SedeWappen Zürich matt.svg Zúric,
Flag of Canton of Zürich.svg Cantón de Zúric
Suíza Suíza
CanchaHallenstadion
(11.200 espectadores)[2]
LigaNational League A
Campionatos8 (1936, 1949, 1961, 2000, 2001, 2008, 2012, 2014)
AdestradorFlag of Canada.svg Marc Crawford
DirectorPeter Zahner
Propietario(S)Hans Peter Schwald (presidente)
Equipo(s) afiliado(s)GCK Lions (National League B)
CoresAzul, branco e vermello
                 
Sitio web
Sitio web oficial

O Zürcher Schlittschuh Club Lions ou simplemente ZSC Lions (coñecido coloquialmente como Zätt) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Zúric, Suíza. O club foi fundado en 1930 e compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo suízo, a National League A, competición que gañou en oito ocasións, a última delas en 2014. Xoga os seus partidos como local no Hallenstadion de Zúric, un pavillón con capacidade para 11.200 espectadores situado no distrito de Oerlikon.

Historia[editar | editar a fonte]

Inicios e primeiros títulos[editar | editar a fonte]

O 15 de outubro de 1930 nacía no Hotel Habis Royal, na Bahnhofplatz de Zúric, a sección de hóckey sobre xeo do Zürcher Schlittschuh-Clubs. Pouco despois o equipo xogou o seu primeiro partido no Palazzo di ghiaccio de Milán, caendo derrotado por 1 gol a 2. Xa en 1931 o equipo puido construir o Dolder-Kunsteisbahn e competir no campionato nacional e en 1932 conseguiu o ascenso á actual National League A.[3]

En 1936 chegaba o primeiro título de liga para os de Zúric, repetindo este éxito 13 anos máis tarde, o 30 de xaneiro de 1949, cando 12.000 espectadores viron ao ZSC alzar o seu segundo título de campión suízo. Un xogador foi fundamental na consecución destes dous primeiros título para o equipo de Zúric, Heini Lohrer, que chegara ao equipo en 1934 procedente do EHC Arosa.[4] Porén, tres anos despois deste último título, a maior parte dos xogadores do equipo campión se retiraron e o club pasaría toda a década de 1950 sen conseguir ningún campionato de liga.[3] Outro éxito da década de 1940 foron as dúas Spengler Cup consecutivas conquistadas en 1944 e 1945 fronte ao anfitrión HC Davos.[5]

Declive[editar | editar a fonte]

A finais da década de 1950, o club comezou unha reconstrución do equipo que o levou a alzarse coa copa en 1960 e co dobrete de liga e copa ao ano seguinte co adestrador-xogador Otto Schläpfer. Máis a década de 1960 estivo marcada polos inicios do profesionalismo e o equipo non puido repetir os éxitos conseguidos nos primeiros anos da década, xogando fronte a equipos da parte alta cunha estrutura máis profesionalizada e que ás veces investían grandes cantidades de diñeiro. Neste contexto, o ZSC non foi quen de seguir o ritmo dos equipos máis profesionalizados e en 1971 descendeu á segunda categoría, non conseguindo recuperar a categoría ata 1973.[3] Porén tan só conseguiu manterse un ano entre os mellores equipos suízos, descendendo de novo tras un ano na elite, iniciando unha longa etapa no segundo nivel do hóckey sobre xeo suízo ata asentarse definitivamente na máxima categoría a partir de 1990 despois de tres ascensos fugaces en 1982, 1984 e 1986.[6]

O maior éxito do ZSC na década de 1990 foi o pase ás semifinais dos play-offs polo título de liga na tempada 1991-92 baixo a dirección de Arno Del Curto,[3] logo de terse clasificado na 7ª posición e ter eliminado nos cuartos de final ao HC Lugano en catro partidos nunha eliminatoria na que os de Zúric comezaron gañando os dous primeiros partidos e encaixaron un contundente 10-0 no terceiro partido, para finalmente impoñerse nos penaltis no cuarto partido. Porén nas semifinais o equipo caeu fronte ao SC Bern, que finalmente se alzaría co título, en tres partidos.[7]

Fusión co GCK[editar | editar a fonte]

En 1997 o Zürcher Schlittschuh-Clubs fusionouse coa sección de hóckey sobre xeo do Grasshopper Club Zürich (actualmente denominado GCK Lions), mudando o seu nome polo de ZSC Lions.[8] Malia a fusión co Grasshopper, o ZSC Lions non foi quen de conseguir ningún título nas seguintes tempadas.

Porén, na tempada 1999-00 o club de Zúric volvería á senda dos títulos ao conseguir o seu cuarto campionato de liga logo dunha tempada na que os Lions remataron na segunda posición da liga regular por detrás do HC Lugano cun rexistro de 26 vitorias, 4 empates, e 15 derrotas para un total de 56 puntos (11 puntos menos que o Lugano). Nos cuartos de final dos play-offs polo título os Lions se enfrontaron ao HC Davos (7º da liga regular), superando a eliminatoria en cinco partidos logo de gañar os dous primeiros e perder o terceiro por 2 goles a 3. Nas semifinais enfrontouse ao terceiro clasificado da liga regular, o EV Zug, que viña de xogar unha longa eliminatoria fronte aos Kloten Flyers que se decidiu no 7º partido, e ao que derrotou en catro partidos. Na final cruzouse co Lugano, que viña de gañar todas as eliminatorias sen ceder ningún partido. Malia que o Lugano comezou gañando o primeiro partido, os de Zúric gañaron os tres seguintes partidos, e aínda que o Lugano conseguiu manterse vivo na final logo de gañar o quinto partido na prórroga, os ZSC Lions se impuxeron no sexto partido por 4 goles a 3, alzándose co campionato despois de 39 anos sen gañar o título de liga.[9]

Champions Hockey League e Victoria Cup[editar | editar a fonte]

Na tempada 2008-09, os ZSC participaron na primeira edición da Champions Hockey League. Na fase de grupos, foi encadrado no grupo D xunto co HC Slavia Praha checo e o Linköpings HC sueco.[10] Os Lions clasificaronse para as semifinais cun rexistro de 3-1 e a primeira posición do seu grupo.[11] Nas semifinais cruzouse cos Espoo Blues finlandeses, aos que eliminou malia á derrota por 6 a 3 no primeiro partido disputado en Zúric, ao gañar por 4 goles a 1 no partido de volta disputado no Länsiauto-areena de Espoo ante 6.612 espectadores.[12][13] O partido de ida de final tivo lugar o 21 de xaneiro de 2009 no Magnitogorsk Arena, onde os Lions empataron a 2 goles co Metallurg Magnitogorsk ruso logo de ir gañando por 2 goles a 0 no primeiro tempo e recibir dous goles no último.[14] O partido de volta foi xogado o 28 de xaneiro de 2009 no Diners Club Arena de Rapperswil-Jona, onde os ZSC Lions gañaron por 5 goles a 0, gañando o Silver Stone Trophy.[15]

Coa súa vitoria na Champions Hockey League, os ZSC Lions cualificáronse para xogar fronte aos Chicago Blackhawks da National Hockey League na edición de 2009 da Victoria Cup. Xogada na casa dos Lions, os suízos derrotaron por 2 goles a 1 aos Blackhawks, gañando o trofeo.[16] Esta foi a primeira vez dende 1991 que os Blackhawks perderon fronte a un equipo de Europa.

Pavillón[editar | editar a fonte]

Entre 1930 e 1950, os ZSC Lions xogaron os seus partidos como local na pista de xxeo Dolder.[8] Dende 1950 o equipo xoga os seus partidos como local no Hallenstadion de Zúric, un pavillón con capacidade para 11.200 espectadores situado no distrito de Oerlikon. O primeiro partido do club tivo lugar o 18 de novembro de 1950 e enfrontou ao daquela denominado Zürcher SC e ao EHC Arosa, finalizando o partido con empata e 5 goles. Entre xuño de 2004 e xullo de 2005 o pavillón experimentou unha profunda remodelación que custou 145 millóns de francos e que modernizou o pavillón dotándoo de infraestrutura para acoller eventos empresariais, deportivos e culturais.[17] Durante o tempo que o Hallenstadion permaneceu en obras, os ZSC Lions xogaron os seus partidos como local no cercano Stadiönli (tamén coñecido como KEBO).[8] O Hallenstadion conta cunha das medias de asistencia máis altas da competición.[18][19]

Seareiros do ZSC Lions na celebración do 80 aniversario do club.
Tempada Liga regular Play-Off Play-Out Récord de asistencia Esgotado
2013-14 9.048 10.082 11.200 4x
2012-13 8.745 10.541 11.200 2x
2011-12 7.625 10.843 11.200 4x
2010-11 7.640 10.050 10.700
2009-10 7.749 8.948 9.963
2008-09 7.720 8.698 9.668
2007-08 6.314 10.385 10.700 4x
2006-07 6.287 10.182 10.660 1x
2005-06 8.540 6.625 10.046
2004-05 3.038 3.300 3.840 3x
2003-04 7.615 10.421 11.500 2x
2002-03 8.837 9.485 11.500 3x
2001-02 8.507 11.229 11.500 8x
2000-01 8.124 10.854 11.500 6x

Xogadores[editar | editar a fonte]

Capitáns[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa historia, os ZSC Lions tiveron 16 capitáns, 11 deles ostentando o posto en solitario. O primeiro capitán da historia do equipo de Zúric foi nomeado na tempada 1980-81, e foi o xogador nado en Arosa Lorenzo 'Lolo' Schmid. O xogador que máis tempo ocupou o posto de capitán na historia do equipo foi o suízo Mathias Seger, que ocupou o posto en solitario durante nove tempadas, e logo compartiu o posto con outros xogadores outras tres tempadas máis. Excepto o estadounidense Ron Wilson, todos os capitáns do equipo naceron en Suíza. Os diferentes xogadores que teñen sido capitáns do equipo ao longo da súa historia son:[20]

Capitáns dos ZSC Lions
Nome(s) Período
Lorenzo 'Lolo' Schmid 1980–84
Hans Schmid 1984–86
Roger Geiger 1986–88
Ron Wilson 1988–89
Ningún capitán 1989–91
Jiri Faic 1991–93
Christian Weber 1993–94
Bruno Vollmer 1994–97
Claudio Micheli 1997–00
Michel Zeiter 2000–02
Ningún capitán 2002-03
Capitáns dos ZSC Lions
Nome(s) Período
Mark Streit 2003-05
Mathias Seger 2005-14
Mathias Seger
Severin Blindenbacher
2014-15
Mathias Seger
Patrik Bärtschi
2015-16
Mathias Seger
Patrick Geering
2016-17
Patrick Geering
Reto Schäppi
2017-18

Blindenbacher, Bärtschi e Geering foron co-capitáns de Mathias Seger durante as tempadas 2014-15, 2015-16 e 2016-17 respectivamente.

Geering e Schäppi son os co-capitáns do equipo na tempada 2017-18.

Números retirados[editar | editar a fonte]

Números retirados dos ZSC Lions[21]
Xogador Posición Carreira nos Lions
21 Reto Sturzenegger D 1984–1988[22]
23 Chad Silver F 1998–1999[23]
31 Ari Sulander P 1998–2012[24]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. eurohockey.com (ed.). "ZSC Lions" (en inglés). Consultado o 29 de xuño de 2014. 
  2. hockeyarenas.net (ed.). "Hallenstadion" (en inglés). Consultado o 29 de xuño de 2014. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 lions-nachwuchs.ch (ed.). "ZSC Lions" (en alemán). Consultado o 29 de xuño de 2014. 
  4. sports-reference.com (ed.). "Heini Lohrer" (en inglés). Consultado o 29 de xuño de 2014. 
  5. Spengler Cup (ed.). "THE WINNERS OF THE PAST 87 YEARS" (en inglés). Consultado o 29 de xuño de 2014. 
  6. hockeyarenas.net (ed.). "ZSC Lions stats" (en inglés). Consultado o 29 de xuño de 2014. 
  7. hockeyarchives.info (ed.). "Championnat de Suisse 1991/92" (en francés). Consultado o 29 de xuño de 2014. 
  8. 8,0 8,1 8,2 Champions Hockey League (ed.). "ZSC Lions Zurich" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2014. Consultado o 30 de xuño de 2014. 
  9. hockeyarchives.info (ed.). "Championnat de Suisse 1999/2000" (en francés). Consultado o 30 de xuño de 2014. 
  10. IIHF, ed. (25 de abril de 2008). "Champions Hockey League groups drawn" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2014. 
  11. passionhockey.com (ed.). "Champions Hockey League 2008/09" (en francés). Consultado o 30 de xuño de 2014. 
  12. passionhockey.com (ed.). "Zurich SC Lions - Blues Espoo (10 décembre 2008)" (en francés). Consultado o 30 de xuño de 2014. 
  13. passionhockey.com (ed.). "Blues Espoo - Zurich SC Lions (7 janvier 2009)" (en francés). Consultado o 30 de xuño de 2014. 
  14. "Game Summary" (PDF) (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2014. 
  15. "Game Summary" (PDF) (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2014. 
  16. ESPN.com, ed. (29 de setembro de 2009). "Blackhawks suffer first loss to European club since '91" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2014. 
  17. zsclions.ch (ed.). "Übersicht" (en alemán). Consultado o 29 de xuño de 2014. 
  18. swiss-icehockey.ch (ed.). "STATISTIK" (en alemán). Consultado o 29 de xuño de 2014. 
  19. hockeyfans.ch (ed.). "Statistiken ZSC Lions" (en alemán). Consultado o 29 de xuño de 2014. 
  20. "TEAM CAPTAINCY HISTORY - ZSC" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 26 de outubro de 2017. 
  21. "ZSC LIONS" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 26 de outubro de 2017. 
  22. eliteprospects.com (ed.). "RETO STURZENEGGER" (en inglés). Consultado o 26 de outubro de 2017. 
  23. eliteprospects.com (ed.). "CHAD SILVER" (en inglés). Consultado o 26 de outubro de 2017. 
  24. eliteprospects.com (ed.). "ARI SULANDER" (en inglés). Consultado o 29 de xuño de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]