Brno
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
País | República Checa | |||
Rexión da República Checa | Rexión de Moravia Meridional | |||
Distrito da República Checa | Brno (distrito) (pt) ![]() ![]() | |||
Capital de | Rexión de Moravia Meridional Moravian-Silesian country (en) ![]() Margraviato da Morávia (pt) ![]() Moravia South Moravia (en) ![]() Jihovýchod (en) ![]() Brno (distrito) (pt) ![]() Brno-Venkov (pt) ![]() Land of Moravia (en) ![]() Brno Region (en) ![]() ![]() | |||
Contén a división administrativa | Brno-střed (en) ![]() Brno-Řečkovice a Mokrá Hora (en) ![]() Divišova čtvrť (en) ![]() Kamenná čtvrť (en) ![]() Kamenný Mlýn (en) ![]() Nové Moravany (en) ![]() ![]() | |||
Poboación | ||||
Poboación | 402.739 (2025) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 230,182739 km² ![]() | |||
Bañado por | Svratka (en) ![]() ![]() ![]() | |||
Altitude | 237 m ![]() | |||
Comparte fronteira con | Popovice (Morávia do Sul) (pt) ![]() Lelekovice (pt) ![]() Chudčice (pt) ![]() Modřice (pt) ![]() Veverské Knínice (pt) ![]() Česká (pt) ![]() Ostrovačice (pt) ![]() Moravské Knínice (pt) ![]() Kanice (Morávia do Sul) (pt) ![]() Ostopovice (pt) ![]() Podolí (Morávia do Sul) (pt) ![]() Ochoz u Brna (pt) ![]() Kobylnice (pt) ![]() Bílovice nad Svitavou (pt) ![]() Sokolnice (pt) ![]() Moravany (pt) ![]() Šlapanice (pt) ![]() Mokrá-Horákov (pt) ![]() Popůvky (pt) ![]() Jinačovice (pt) ![]() Vranov (pt) ![]() Troubsko (pt) ![]() Veverská Bítýška (pt) ![]() Otmarov (pt) ![]() Rozdrojovice (pt) ![]() Rebešovice (pt) ![]() Hvozdec (Morávia do Sul) (pt) ![]() ![]() | |||
Datos históricos | ||||
Creación | 1243 (Gregoriano) ![]() | |||
Evento clave
| ||||
Organización política | ||||
• Xefe do goberno | Markéta Vaňková (pt) ![]() ![]() | |||
Membro de | Rede de cidades creativas (2017–) ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 602 00–664 81 ![]() | |||
Fuso horario | ||||
Outro | ||||
Irmandado con | Khárkiv (2008–) ![]() | |||
Sitio web | brno.cz ![]() | |||
![]() |
Brno é unha cidade do sueste da República Checa, situada na rexión de Moravia Meridional, na unión dos ríos Svitava e Svratka, a 40 km de Austria e 60 km de Eslovaquia. No ano 2019 tiña 406.878 habitantes, sendo a segunda cidade máis poboada do país despois da capital, Praga.
Historia
[editar | editar a fonte]Aínda que os asentamentos na conca de Brno remontan ós tempos prehistóricos, a data oficial de fundación é 1243, cando o rei de Bohemia outorga privilexios a esta aldea, permitindo o seu desenvolvemento. Na segunda metade do século XIII chegan alemáns, flamengos e valóns, e despois xudeus.
A inicios do século XVI integrase ao imperio austríaco. A mediados deste século inclínase pola reforma (protestantismo). Para contrarrestar instálanse na cidade varias ordes relixiosas, entre elas os Xesuítas e os Capuchinos.
Como praza forte, Brno destacou con éxito na súa resistencia contra os suecos en 1643 e 1645, e contra os prusianos en 1742.
No século XVIII Brno alberga industria téxtil e de enxeñaría. Chega o primeiro tren en 1839. Ós poucos perde as súas fortificacións e en 1850 deciden formar parte da cidade 32 municipios limítrofes. Convértese nun dos principais centros industriais de Austria cara ao final do século XIX.
O problema dos nacionalismos alemáns e checos agudízase a inicios do século XX. A maioría alemá no concello finaliza en 1919. Ao disolverse o imperio austro-húngaro, como consecuencia da primeira guerra mundial, Brno queda en Checoslovaquia. En 1992, cando se divide o estado, Brno permanece na República Checa. A anexión de parte de Checoslovaquia por Alemaña e as accións da segunda guerra mundial provocan a expulsión dos habitantes alemáns da cidade en 1945.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Aínda conserva Brno factorías do comezo da revolución industrial, o que lle val o sobrenome de Manchester checo. Outro interese turístico é a Vila Tugendhat, obra de Ludwig Mies van der Rohe, mostra sobranceira de arquitectura contemporánea, construída nos anos 1920 por encargo da familia dun importante empresario da vila, e declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 2002.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Brno |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial (en checo)