HC Slovan Bratislava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Slovan Bratislava
Fundado en 1921
Sede Coat of Arms of Bratislava.svg Bratislava,
Eslovaquia Eslovaquia
Cancha Ondrej Nepela Arena
(10.115 espectadores)
Cores Azul, granate e branco
                 
Liga Kontinental Hockey League (dende 2012)
Conferencia Oeste
División Bobrov
Capitán Eslovaquia Miroslav Šatan
Adestrador República Checa Rostislav Čada
Director Eslovaquia Maroš Krajči
Equipos(s) afiliado(s) HK 36 Skalica (Extraliga Eslovaca)
Sitio Web http://www.hcslovan.sk/

O Hockey Club Slovan Bratislava (en eslovaco Hokejový klub Slovan Bratislava) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Bratislava (Eslovaquia). O club foi fundado en 1921 e é o club máis laureado de Eslovaquia. Dende a 2012-13 compite na Kontinental Hockey League (KHL) representando a Eslovaquia. Xoga os seus partidos como local no Ondrej Nepela Arena, un pavillón con capacidade para 10.115 espectadores.

Historia[editar | editar a fonte]

O HC Slovan Bratislava foi fundado como equipo de fútbol en 2919 baixo a denominación de 1. ČsŠK Bratislava. En 1921 creouse a sección de hóckey sobre xeo, denominada CsSK hockey. En decembro de 1924 xogou o seu primeiro partido, foi na derrota por 1 gol a 6 fronte ao Wiener EV de Viena. En 1939 o nome do club cambiou polo de Slovan Bratislava, mantendose ata a actualidade.[1]

Logo da II Guerra Mundial, o Slovan foi o único representante eslovaco na máxima categoría do hóckey sobre xeo checoslovaco durante moito tempo, conseguindo en moitas ocasións o subcampionato. O seu único título no Campionato Checoslovaco chegou coa dirección do adestrador Ladislav Horsky na tempada 1978–79. Ademais, os equipos de base gañaron moitos campionatos.[1]

Logo da Disolución de Checoslovaquia en 1993, o Slovan pasou a xogar na Extraliga Exlovaca, gañando oito títulos da máxima categoría do hóckey sobre xeo eslovaco, éxitos que se repetiron co equipo júnior.[1]

Ademais do éxito logrado en Eslovaquia, o Slovan tamén realizou notables participacións en competicións internacionais, con tres títulos da Spengler Cup consecutivos entre 1972 e 1974. Tamén é un dos catro únicos equipos que xogou os catro anos a European Hockey League, chegando sempre aos play-offs. Outro gran éxito internacional do club chegou na tempada 2003-04 coa consecución do IIHF Continental Cup. Dende o 2011, o Slovan participa no European Trophy.[1]

Kontinental Hockey League[editar | editar a fonte]

En marzo de 2012, o Slovan solicitou o seu ingreso na Kontinental Hockey League (KHL).[2] O 21 de xuño dese mesmo ano, o Slovan Bratislava foi admitido oficialmente na KHL, logo de que cumprira tódalas condicións necesarias. Fundado en 1921, é o club máis antigo da KHL cun amplo marxe.[3]

Tempada 2012–13[editar | editar a fonte]

En maio, o Slovan fichou a Rostislav Čada como novo adestrador xefe para a súa primeira tempada na KHL, levando ao club a súa experiencia na competición logo de traballar no Avangard Omsk.[4] Logo de xogar dous partidos de preparación fronte a equipos da KHL e o European Trophy no verán, o Slovan comezou a tempada 2012–13 coa derrota por 2 a 4 na casa fronte ao ucraniano e tamén debutante na competición HC Donbass o 6 de setembro de 2012 cun cheo total nas bancadas. A primeira vitoria chegaría catro días despois no partido fronte ao Spartak Moscova, gañando por 2–1 logo por shootout.

Denominacións[editar | editar a fonte]

  • 1993-1994 : HC Slovan Bratislava
  • 1994-1995 : HC Slovan HTC Bratislava
  • 1995-2002 : HC Slovan Harvard Bratislava
  • 2002-2004 : HC Slovan Slovnaft Bratislava
  • Dende 2004 : HC Slovan Bratislava[5]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Títulos nacionais[editar | editar a fonte]

Títulos internacionais[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: HC Slovan Bratislava
WikiProject Ice Hockey logo.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]