Elite Ice Hockey League
| Tipo | liga deportiva |
|---|---|
| Deporte | hóckey sobre xeo |
| Organizador | Federación Internacional de Hóckey sobre Xeo |
| Localización e Datas | |
| Área de operación | Reino Unido |
| Vixencia | 2003 – |
| Período de ocorrencia | 1 ano |
| Outro | |
| Páxina web oficial | eliteleague.co.uk |
A Elite Ice Hockey League ou EIHL, é a liga profesional de hóckey sobre xeo do Reino Unido. A competición foi creada en 2003 en substitución da Ice Hockey Superleague, é a máxima categoría do hóckey sobre xeo británico. Inicialmente o seu patrocinador foi Rapid Solicitors. Ao longo da súa historia catro equipos se teñen alzado co campionato da liga, sendo o equipo máis laureado os Coventry Blaze con catro títulos.
Actualmente a liga está formada por dez equipos, con representación das catro Home Nations, sendo a única competición deportiva na que isto ocorre. Dende a tempada 2012-13 a liga dividiuse en dúas conferencias: unha conferencia norte denominada Gardiner Conference (así chamada en honor ao xogador escocés e antigo porteiro na NHL Charlie Gardiner[1]), formada por Braehead Clan (Escocia), Dundee Stars (Escocia), Edinburgh Capitals (Escocia), Fife Flyers (Escocia) e Hull Stingrays (Inglaterra); e unha conferencia sur chamada Erhardt Conference (en honor ao inglés Carl Erhardt, que en 1936 gañou a medalla de ouro olímpica na modalidade[1]), integrada polos Belfast Giants (Irlanda do Norte), Cardiff Devils (Gales), Coventry Blaze (Inglaterra), Nottingham Panthers (Inglaterra) e Sheffield Steelers (Inglaterra).
Clubs
[editar | editar a fonte]| Club | Fundación | Cidade | Estadio | Capacidade | Anos na EIHL | Campionatos |
|---|---|---|---|---|---|---|
| Belfast Giants | 2000 | Odyssey Arena | 8.000 | 2003–presente | 1 | |
| Braehead Clan | 2010 | Braehead Arena | 3.750 | 2010–presente | 0 | |
| Cardiff Devils | 1986 | Cardiff | Cardiff Arena | 2.500 | 2003–presente | 0 |
| Coventry Blaze | 2000 | SkyDome Arena | 3.600 | 2003–presente | 1 | |
| Dundee Stars | 2001 | Dundee Ice Arena | 3.300 | 2010–presente | 0 | |
| Edinburgh Capitals | 1998 | Murrayfield Ice Rink | 4.800 | 2005–presente | 0 | |
| Fife Flyers | 1938 | Kirkcaldy | Fife Ice Arena | 4.280 | 2011–presente | 0 |
| Hull Stingrays | 2003 | Hull Arena | 3.000 | 2006–presente | 0 | |
| Nottingham Panthers | 1946 | Nottingham | National Ice Centre | 8.000 | 2003–presente | 4 |
| Sheffield Steelers | 1991 | Motorpoint Arena Sheffield | 13.500 | 2003–presente | 4 |
Antigos clubs
[editar | editar a fonte]| Club | Fundación | Cidade | Estadio) | Capacidade | Anos na EIHL |
|---|---|---|---|---|---|
| Basingstoke Bison | 1988 | Basingstoke | Planet Ice Silverdome Arena | 1.800 | 2003–2009 |
| London Racers | 2003 | Lee Valley Ice Centre | 1.200 | 2003–2005 | |
| Manchester Phoenix | 2003 | Altrincham |
Manchester Arena Altrincham Ice Dome |
2.150 | 2003–2009 |
| Newcastle Vipers | 2002 | Whitley Bay |
Metro Radio Arena Whitley Bay Ice Rink |
3.000 | 2005–2011 |
Palmarés
[editar | editar a fonte]| Tempada | Campión | Resultado | Finalista | — | Campión da liga regular |
|---|---|---|---|---|---|
| 2013-14 | 3 - 2 | - | |||
| 2012-13 | Panthers | 3 - 2 | - | Panthers | |
| 2011-12 | Panthers | 2 - 0 | Devils | - | |
| 2010-11 | Panthers | 5 - 4 | Devils | - | |
| 2009-10 | 3 - 2 | Devils | - | ||
| 2008-09 | 2 - 0 | Panthers | - | ||
| 2007-08 | 2 - 0 | - | |||
| 2006-07 | Panthers | 2 - 1 | Devils | - | |
| 2005-06 | 2 - 1 | - | |||
| 2004-05 | 2 - 1 | Panthers | - | ||
| 2003-04 | 2 - 1 | Panthers | - |
A final dos "play-offs" xógase a partido único, o resultado é o resultado do partido á súa conclusión, sen indicar se o campión foi na prórroga ou nos "sootouts".
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 "Erhardt and Gardiner". Elite Ice Hockey League. Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2013. Consultado o 8 August 2012.
| A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |
