Pedro Arahuetes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pedro Arahuetes
Pedro Arahuetes

Actualmente no cargo
Dende o 16 de xuño de 2003
Precedido por José Antonio López Arranz

Datos persoais
Nacemento 25 de outubro de 1958
Segovia (Castela e León)
Partido Partido Socialista Obrero Español
Profesión Avogado

Pedro Cipriano Frutos Arahuetes García, nado en Segovia o 25 de outubro de 1958, é un avogado e político español que desenvolveu toda a súa carreira política na cidade castelá-leonesa de Segovia, da que é alcalde nas listas do PSOE desde 2003.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito no Colexio Universitario de Segovia e logo en Madrid, na Universidade Complutense, licenciándose en 1982 e doutorándose en 1984. Tras licenciarse dedicouse ao exercicio libre da profesión de avogado, primeiro en Madrid e, desde 1989, na súa cidade natal. Foi membro da xunta de goberno do Colexio de Avogados de Segovia entre 1994 e 1998, e asesor xurídico do Sindicato de Auxiliares de Enfermería de Segovia entre 2001 e 2003. En 1997 presentouse a decano do Colexio de Avogados, sen éxito.

En novembro de 2002, o PSOE anunciou que Arahuetes, que non estaba afiliado ao partido, sería o seu cabeza de lista nas eleccións municipais do ano seguinte. Substituía a Ángel García Cantalejo, líder socialista local que fora o único candidato nas primarias para ser candidato socialista á alcaldía,[1] pero que renunciou posteriormente. García Cantalejo apuntou que unha das razóns da súa retirada eran os malos resultados que lle atribuían as enquisas. Segundo García Cantalejo, con Arahuetes aspiraban a obter a maioría absoluta.[2]

A lista encabezada por Arahuetes conseguiu un bo resultado, pasando dos sete concelleiros que obtivera en 1999 a once[3] (o mellor resultado do PSOE nas municipais até aquelas). Aínda que o Partido Popular obtivera un máis, doce, un pacto de goberno con Izquierda Unida, que tiña dous concelleiros, permitiu a Arahuetes converterse no segundo alcalde socialista de Segovia tras a reinstauración da democracia en España.[4] Catro anos despois, nas eleccións de 2007, non necesitou de pactos pois obtivo maioría absoluta.[5] Nas eleccións de 2011 perdeu de novo a maioría absoluta ao verse sobrepasado por pouco máis de cen votos polo Partido Popular. Ambos partidos obtiveron doce concelleiros, dependendo a alcaldía da actitude do terceiro partido do consistorio, Izquierda Unida, que entrou de novo no concello, cun concelleiro.[6] Finalmente, o PSOE e Izquierda Unida alcanzaron un pacto para facilitarlle a alcaldía a Arahuetes, aínda que IU non se integrou no equipo de goberno.[7]

Pedro Arahuetes está casado e é pai de tres fillos.

Predecesor:
José Antonio López Arranz
Escudo de Segovia.svg
Alcalde de Segovia

2003-actualidade
Sucesor:
No cargo

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]