Saltar ao contido

Estación de Pedralba


Pedralba
SituaciónPedralba de la Pradería

Pedralba é unha estación de tren de Adif situada na vila de Pedralba de la Pradería, provincia de Zamora. Dende o peche da liña Ourense-Pobra de Seabra nos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno en xuño de 2013, esta estación non ten servizos ferroviarios.

Situación ferroviaria

[editar | editar a fonte]

A estación atópase no punto quilométrico 113,77 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora coa Coruña vía Ourense a 992 metros de altitude, entre as estacións de Pobra de Seabra e Lubián.[1] O tramo é de vía única e está sen electrificar.

A vontade de unir Madrid vía Medina del Campo con Vigo polo camiño máis curto posible é antiga e apareceu plasmada nalgúns anteproxectos como o de 1864. Con todo, o mesmo descartaba dita posibilidade ao considerar que supoñía "dificultades enormísimas" que superaban mesmo "os da baixada do porto de Payares no ferrocarril de Asturias".[2] É por iso, que a estación non foi inaugurada ata o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-Pobra de Seabra da liña entre Zamora e A Coruña.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe cuxo nacemento se produciu en 1941.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Debido aos recortes no sector ferroviario levados a cabo polo Goberno en xuño de 2013, a estación quedou sen os servizos de Media distancia entre Ourense e Pobra de Seabra.[3]

A estación

[editar | editar a fonte]

O edificio para viaxeiros é unha un sinxelo edificio de dúas plantas construído en pedra. O seu tellado de catro vertentes é de tella. Na planta baixa posúe unha galería cuberta. Dispón de dúas plataformas curvadas, unha lateral e outra central, ás que acceden só dúas vías xa que unha das vías que daba servizo á plataforma central foi levantada.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]