Diferenzas entre revisións de «Tomé de Aquino»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
sen resumo de edición
m (Xénero de nada https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/nada)
m
En ética e política desenvolveu a distinción entre ''[[lei natural]]'' e ''[[lei positiva]]'', sendo a primeira a base obxectiva na que enraizar todo código moral humano concreto (elimínase así o relativismo moral) e toda lei civil positiva. A lei civil contraria á lei natural é inxusta porque é contraria ao ben do home. O [[dereito]] ha de estar subordinado á [[xustiza]]. O concepto de lei natural baséase e fundamenta a liberdade do home e expresa a esixencia dunha ordenación racional da conduta humana baseada nas demandas da súa natureza. Por iso para Tomé de Aquino a peor forma de goberno é a tiranía. No caso de conflito entre a autoridade civil e a autoridade da Igrexa, debería prevalecer o criterio desta última, pois ocúpase do ben da alma, superior, segundo Tomé, ó ben corporal (asunto do poder civil).
 
Para Tomé de Aquino a fin última das persoas era a beatitude. Todo o que as persoas apetecían ou desexaban o facían en función dese fin último. As persoas, segundo SantoSan TomásTomé, acadaban a beatitude coa visión de Deus, pero este era un premio que estaba reservado para os ben aventurados na outra vida polas súas accións virtuosas nesta.
 
O ben, polo tanto, identificábase, na ética medieval, co cumprimento da vontade de Deus durante a breve e pasaxeira vida terreal das persoas para desfrutar dunha felicidade que só alcanzarían despois da morte. Tamén, neste caso, revelación e pensamento conflúen porque para Tomé de Aquino, parafraseando a [[Paulo de Tarso]] o amor ao próximo é a plenitude da Lei e, para el, a definición do amor é querer o ben do próximo e actuar en consecuencia. Segundo Tomé de Aquino, Deus en [[Xesús de Nazaret]] refundiu toda a xustiza humana nun só precepto: o amor.
44.383

edicións

Menú de navegación