Cambios

Saltar ata a navegación Saltar á procura
*Volver a + infinitivo > volver + infinitivo.
Ó amencer as dúas corvetas entraron na canle, precedidas dunha pequena embarcación facendo sondaxes de profundidade. O ''Adventure'' divisou as embarcacións e disparou en canto estiveron dentro do alcance dos seus canóns. A pequena barca retirouse rapidamente ata o ''Jane'', pero os disparos alcanzaron ao ''Adventure'', cortando a cadea da áncora. A tripulación do ''Adventure'' levantou as velas e manobrou para apuntar os canóns de estribor cara ás corvetas de Maynard, que se estaban achegando cada vez máis.<ref>{{Harvnb|Konstam|2007|pp=246–248}}</ref> Hyde levou ao ''Ranger'' ata o lado de babor do ''Jane'' e ámbolos dous navíos despregaron a [[Union Jack]]. O ''Adventure'' xirou cara á praia da Illa Ocracoke, en dirección a unha canle estreita.<ref>{{Harvnb|Lee|1974|pp=115–117}}</ref> O que sucedeu a continuación non se coñece con certeza. Segundo Johnson tivo lugar un intercambio de disparos entre as tripulacións e o ''Adventure'' encallou nun banco de area, mentres que Maynard botou a áncora e baleirou o seu barco para poder atravesar o obstáculo. Outra versión do suceso indica que o ''Jane'' e o ''Ranger'' embarrancaron, aínda que Maynard non deixou constancia disto na súa bitácora.<ref>{{Harvnb|Konstam|2007|p=252}}</ref>
 
O que si se coñece é que o ''Adventure'' apuntou os seus canóns cara ás dúas embarcacións e disparou unha salva, causando que Maynard perdese un terzo das súas forzas. Uns vinte homes no ''Jane'' e outros nove no ''Ranger'' resultaron feridos ou mortos. Hyde faleceu, e o seu segundo e terceiro oficial estaban tamén mortos ou feridos de gravidade. A súa corveta resultou tan danada que non puido continuar participando no ataque.<ref>{{Harvnb|Lee|1974|p=118}}</ref> Os informes contemporáneos do suceso volven a ser confusos neste punto, pero crese que un intercambio de disparos con [[arma de fogo|armas lixeiras]] dende o ''Jane'' puido rachar unha das velas do ''Adventure'', provocando que a tripulación perdese o control do navío e que este encallase nun banco de area. Tras este ataque de Teach o ''Jane'' e o ''Ranger'' puideron ter embarrancado tamén, polo que a batalla pasou a ser unha carreira para ver quen conseguía reflotar antes o seu barco.<ref>{{Harvnb|Konstam|2007|p=253}}</ref>
 
[[Ficheiro:Capture-of-Blackbeard.jpg|miniatura|esquerda|300px|''Capture of the Pirate, Blackbeard, 1718'', de [[Jean Leon Gerome Ferris]]]]
10.308

edicións

Menú de navegación