Anne Bonny
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1697 Kinsale (Reino de Irlanda) |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Lugar de sepultura | Carolina do Sur |
Residencia | Condado de Cork |
Actividade | |
Ocupación | pirata |
Familia | |
Parella | John Rackham |
Pai | William Cormac |
Descrito pola fonte | Obálky knih, A Historical Dictionary of British Women, (p.56) |
Anne Bonny, nada posiblemente en 1697 e finada posiblemente en abril de 1782,[1][2] foi unha pirata irlandesa que operou no mar Caribe, unha das mulleres piratas máis famosas da historia.[3] O pouco que se coñece da súa vida procede de A General History of the Pyrates, do capitán Charles Johnson.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]A data de nacemento exacta de Bonny é descoñecida, pero foi arredor de 1700.[4] Cóntase que naceu no Old Head de Kinsale,[5] no condado de Cork, Irlanda.[6] Era a filla dun serventa chamada Mary Brennan e do seu empregador, o avogado William Cormac. Os rexistros oficiais e as cartas da época que tratan da súa vida son escasas, e a maioría do coñecemento moderno procede de A General History of the Pyrates, do capitán Charles Johnson, colección de biografías de piratas, cunha primeira edición exacta e unha segunda moito máis adornada.[7][8]
O pai de Bonny mudouse primeiro a Londres para fuxir da familia da súa esposa, e comezou a vestir a súa filla como un neno e a chamala "Andy". Cando a dona de Cormac descubriu que acollera a súa filla ilexítima e estaba a coidala para que fose empregada e a vestila como un neno, deixou de darlle unha asignación.[9] Cormac mudouse entón á provincia de Carolina, levando con el a súa antiga criada, nai de Bonny. O pai de Bonny abandonou o prefixo "Mc" orixinal do seu apelido para mesturarse máis facilmente cos cidadáns de Charles Town. Ao principio, a familia tivo un duro comezo no seu novo fogar, máis os coñecementos de Cormac sobre dereito e a súa habilidade para comprar e vender mercadorías axiña financiaron unha casa e posteriormente unha plantación nos arredores da cidade. A nai de Bonny morreu cando esta tiña doce anos. O seu pai tratou de establecerse como fiscal pero non lle foi ben. Finalmente, uniuse ao máis proveitoso negocio dos mercadores e acumulou unha fortuna substanciosa.[10]
Está rexistrado que Bonny tiña o pelo rubio e estaba considerada un "bo partido" mais puido ter un temperamento fero; aos trece anos, supostamente apuñalou unha serventa cun coitelo.[8] Casou cun mariñeiro pobre e pirata ocasional chamado James Bonny.[11] James esperaba lograr a posesión da propiedade do seu sogro, mais Bonny foi desposuída polo seu pai. Este non aprobou a James Bonny como marido da súa filla, e botou a Anne fóra da súa casa.[12]
Hai unha historia que conta que Bonny prendeu lume á plantación do seu pai como represalia, mais non existen probas que o confirmen. Porén, sábese que algún tempo entre 1714 e 1718, ela e James Bonny se mudaron a Nassau, na illa de New Providence, coñecida como un santuario para piratas ingleses chamada a República dos Piratas.[13] Moitos habitantes recibiron o perdón real ou doutra forma evadiron a lei. Tamén se sabe que trala chegada do gobernador Woodes Rogers no verán de 1718, James Bonny se converteu en delator del.[14] James Bonny informou o gobernador Rogers sobre os piratas da zona, que resultou no arresto de multitude destes piratas. A Anne desagradoulle o traballo que fixo o seu home polo gobernador.
Parella de Rackham
[editar | editar a fonte]Mentres estaban nas Bahamas, Bonny comezou a relacionarse con piratas nas tabernas locais. Coñeceu a John "Calico Jack" Rackham, que se converteu no seu amante. Rackham ofreceu ao marido de Bonny, James Bonny, cartos a cambio dela para divorciarse, pero rexeitounos. Anna e Rackham fuxiron xuntos da illa e Bonny converteuse en membro da tripulación de Rackham. Ela disfrazábase como un varón no barco e só Rackham e finalmente Mary Read coñecían o seu verdadeiro sexo.[12] Cando quedou claro que Anne estaba embarazada, Rackham deixouna na illa de Cuba onde tivo un fillo.[9] Moitas outras teorías diferentes afirman que o neno foi deixado coa súa familia ou simplemente abandonado. Bonny volveu unirse a Rackham e continuou coa vida de pirata, divorciándose do seu home e casando con Rackham no mar. Bonny, Rackham e Mary Read roubaron o barco William, ancorado no porto de Nassau e levárono ao mar.[15] Rackham e as dúas mulleres recrutaron unha nova tripulación. A súa tripulación pasou anos en Xamaica e nas áreas circundantes.[16]
Bonny tomou parte no combate ao lado dos varóns e as informacións das súas fazañas preséntana como competente e efectiva na loita e respectada polos seus compañeiros da navío. O gobernador Rogers mencionouna nunha circular de procura de piratas ("Wanted Pirates") publicada no único xornal do continente, The Boston News-Letter.[14] Aínda que Bonny foi recoñecida historicamente como pirata do Caribe, nunca capitaneou o seu propio barco.
Captura e prisión
[editar | editar a fonte]En outubro de 1720, Rackham e a súa tripulación foron atacados polo barco do rei, un veleiro capitaneado por Jonathan Barnet encargado por Nicholas Lawes, gobernador de Xamaica. A maioría dos piratas de Rackham opuxeron pouca resistencia xa que moitos estaban demasiado bébedos para loitar. Rackham e os seus foron levados a Xamaica, onde foron apresados e sentenciados polo gobernador Lawes á forca.[17] Segundo Johnson, as últimas palabras de Bonny a Rackham foron: "Loitaches como un home, non necesitabas ser colgado como un can".[18][19][20]
Tras seren sentenciadas, Read e Bonny pediron clemencia por estaren embarazadas.[21] Segundo a lei común inglesa, ambas as mulleres recibiron un aprazamento da condena temporal ata que desen a luz. Read faleceu en prisión, seguramente dunha febre de parto.[14] Anne permaneceu en prisión ata o parto e foi logo liberada.[9]
Desaparición
[editar | editar a fonte]En A General History of the Robberies and Murders of the most notorious Pyrates, publicada en 1724, o capitán Charles Johnson afirma: "ela continuaba no cárcere no tempo de repouso tralo parto e despois ocasionalmente foi indultada; mais o que foi dela despois non o podemos dicir; só isto sabemos, que non foi executada".[22][23] Non obstante, non existe rexistro histórico da liberación de Bonny nin da súa execución. Isto levou á especulación de que o seu pai a rescatou, que volveu co seu marido ou mesmo que volveu á piratería baixo unha identidade nova.[24]
Un artigo de 2015 titulado Anne Bonny: Irish American Pirate[25] afirmou que trala liberación de Bonny, volveu a Carolina do Sur, onde casou e creou unha familia. Algúns rumores din que Bonny morreu no cárcere, mentres que outros din que fuxiu e volveu á súa vida como pirata. Aínda que non hai rexistro oficial da morte de Bonny, algúns historiadores afirmaron que Bonny morreu arredor de abril de 1782 en Carolina do Sur.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Anne Bonny - Famous Pirate - The Way of the Pirates". www.thewayofthepirates.com. Consultado o 29 de decembro de 2017.
- ↑ "Anne Bonny - Irish American pirate". Consultado o 29 de decembro de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 "Anne Bonny and Famous Female Pirates". www.annebonnypirate.com (en inglés). Consultado o 3 de marzo de 2018.
- ↑ "The Story of Female Pirate Anne Bonny". ThoughtCo. Consultado o 2018-03-03.
- ↑ Rediker, Marcus (1993). "When Women Pirates Sailed the Seas". The Wilson Quarterly (1976-) 17 (4): 102–110. JSTOR 40258786.
- ↑ "Anne Bonny - Famous Female Pirate". www.famous-pirates.com. Consultado o 29 de decembro de 2017.
- ↑ Encyclopædia Britannica Online
- ↑ 8,0 8,1 Meltzer (2001)
- ↑ 9,0 9,1 9,2 Joan., Druett, (2005) [2000]. She captains : heroines and hellions of the sea. Nova York: Barnes & Noble Books. ISBN 0760766916. OCLC 70236194.
- ↑ Johnson (1725)
- ↑ Lorimer (2002), pg. 47
- ↑ 12,0 12,1 Johnson, Charles (14 de maio de 1724). The General History of Pyrates. Ch. Rivington, J. Lacy, and J. Stone.
- ↑ Sharp (2002)
- ↑ 14,0 14,1 14,2 Woodard, Colin (2007). The Republic of Pirates. Harcourt, Inc. pp. 139, 316–318. ISBN 978-0-15-603462-3. Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2020. Consultado o 27 de maio de 2020.
- ↑ Druett, Joan (2000). She Captains : Heroines and Hellions of the Sea. Nova York: Simon & Schuster. ISBN 0684856905.
- ↑ Canfield, Rob (2001). "Something's Mizzen: Anne Bonny, Mary Read, "Polly", and Female Counter-Roles on the Imperialist Stage". South Atlantic Review: 50.
- ↑ Zettle, LuAnn. "Anne Bonny The Last Pirate". Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2019.
- ↑ Orixinal en inglés: "Had you fought like a man, you need not have been hang'd like a dog".
- ↑ "Ann Bonny and Mary Read's Trial". Pirate Documents. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2014. Consultado o 14 de marzo de 2014.
- ↑ "When women pirates sailed the seas". link.galegroup.com (en inglés). Consultado o 2018-03-18.
- ↑ Yolen, Jane; Shannon, David (1995). The Ballad of the Pirate Queens. San Diego: Harcourt Brace. pp. 23–24.
- ↑ Orixinal en inglés: "She was continued in Prison, to the Time of her lying in, and afterwards reprieved from Time to Time; but what is become of her since, we cannot tell; only this we know, that she was not executed".
- ↑ Johnson, Charles. "8". A General History of the Robberies and Murders of the most notorious Pyrates. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2015. Consultado o 21 de setembro de 2017.
- ↑ Carmichael, Sherman (2011). Forgotten Tales of South Carolina. The History Press. p. 72. ISBN 978-1-60949-232-8.
- ↑ "Anne Bonny | Irish American pirate". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2018-03-03.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Muller |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Baldwin, Robert (1721). The Tryals of Captain John Rackam and Other Pirates. in The Colonial Office Records in The Public Records Office at Kew, (ref: CO 137/14f.9).
Details the trials of Jack Rackam, Mary Read, Anne Bonny, e Charles Vane. - Carlova, John (1964). Mistress of the Seas. Citadel Press.
- Cordingly, David. "Bonny, Anne (1698–1782)", Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press, 2004. Consultado 18 Nov 2006.
- Druett, Joan (2000). She Captains: Heroines and Hellions of the Sea. Nova York: Simon & Schuster. ISBN 0684856905.
- Gosse, Philip; De Marco, Guy Anthony (2015). The Pirate Who's Who (Extended Edition). Amazon: Villainous Press. pp. 52, 53, 54. ISBN 978-1-62225-650-1.
- Johnson, Captain Charles (1724). Hayward, Arthur L., ed. A history of the robberies and murders of the most notorious pirates from their first rise and settlement in the island of Providence to the present year. Londres: George Routledge & Sons, Ltd.
- Lorimer, Sara; Synarski, Susan (2002). Booty: Girl Pirates on the High Seas. San Francisco: Chronicle Books.
- Meltzer, Milton; Waldman, Bruce (2001). Piracy & Plunder: A Murderous Business. Nova York: Dutton Children's Books. ISBN 0-525-45857-3.
- Sharp, Anne Wallace (2002). Daring Pirate Women. Minneapolis: Lerner Publications.
- Zettle, LuAnn (2015). Anne Bonny The Last Pirate. Amazon: Arrowhead Book Co. pp. 8, 9, 11. ISBN 978-0-9826048-6-1.
- Brown, Douglas (1962). Anne Bonny, Pirate Queen. Monarch #MA320.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Anne Bonny", Encyclopædia Britannica Online
- "Fact and Fiction", Newspaper article