Viño de Madeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Viño de Madeira

O madeira ou viño de Madeira (vinho Madeira) é un viño fortificado procedente do arquipélago de Madeira de Portugal, este viño é famoso tanto polo seu uso como bebida como polo seu uso na cociña para elaborar diversos pratos da cociña portuguesa.

Historia[editar | editar a fonte]

A produción de viño de Madeira remonta case á época da descuberta da illa (1419). As primeiras castas foron introducidas por Henrique, duque de Viseu, e foran importadas de Candia (capital de Creta, Grecia). Máis tarde foron introducidas outras castas, como a tinta negra mole, a sercial, a boal, a verdello e a malvasía.

A produción de viño foi estimulada pola necesidade de abastecer os navíos nas rotas do Atlántico para o Novo Mundo e para a India, e pola presenza dos ingleses na illa, que fixeron que o viño fose coñecido en toda a Europa e América, tornándose o viño preferido en banquetes e mesas requintadas das cortes europeas e nas respectivas colonias. Por exemplo, foi con viño de Madeira con que o 4 de xullo de 1776 se brindou a independencia dos Estados Unidos de América.

Hai varias historias curiosas sobre o viño de Madeira en referencias literarias dende o século XV, que axudan a reforzar a aura de viño especial en Inglaterra. Un caso coñecido é o da obra Henrique IV de William Shakespeare, na cal Falstaff foi acusado de trocar a súa alma por unha pata de polo e un cálice de viño de Madeira.

O Madeira coñeceu períodos de grande proxección internacional interpolados de situacións de crise. Os períodos de crise máis serios foron provocados por patoloxías que minguaron os viñedos (oídio en 1852, e a filoxera en 1872). Hoxe, coas técnicas modernas de vitivinicultura, transporte, divulgación e comercialización, recuperou a credibilidade e a aceptación no mercado internacional.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Libros[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]