Xurxo I de Gran Bretaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xurxo I de Gran Bretaña
King George I by Sir Godfrey Kneller, Bt (3).jpg
Nacemento28 de maio de 1660
Lugar de nacementoHannover
Falecemento11 de xuño de 1727
Lugar de falecementoOsnabrück
CausaIctus
SoterradoLeineschloss e Welf family mausoleum
NacionalidadeEleitorado de Hanôver e Reino de Gran Bretaña
Relixiónluteranismo
Ocupaciónpolítico
PaiErnesto Augusto, Eleitor de Hanôver
NaiSofia de Hanôver
CónxuxeSofia Doroteia de Brünswick-Luneburgo
FillosXurxo II de Gran Bretaña, Sofía Dorotea de Inglaterra, Luise Sophia von der Schulenburg, Countess of Dölitz, Melusina von der Schulenburg, Countess of Walsingham e Margarethe Gertrud von Oeynhausen
IrmánsSofia Carlota de Hanôver, Ernesto Augusto, Duque de York e Albany, Maximiliano Guilherme de Brunswick-Lüneburg, Ernst August von Platen-Hallermund, Sophia Charlotte von Platen-Hallermund e Friedrich August Hanover, Prince of Hanover
PremiosOrde da Xarreteira
Na rede
WikiTree: Hannover-19 Find a Grave: 1980 Editar o valor em Wikidata
George I Signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Xurxo I de Gran Bretaña, nado en Osnabrück o 28 de maio de 1660 e finado o 11 de xuño de 1727, foi príncipe de Hannóver desde 23 de xaneiro de 1698 ata a súa morte, e rei de Gran Bretaña e Irlanda dende o 1 de agosto de 1714 ata a súa morte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era tamén o Erzbannerträger (logo Arquitesoureiro) e Príncipe elector do Sacro Imperio Romano Xermánico. Xurxo I, o primeiro monarca da casa de Hannóver de Gran Bretaña e Irlanda, non falaba inglés de forma fluída, e no seu lugar, falou sempre o seu alemán nativo, o que supuxo a mofa dos seus súbditos británicos. Durante o seu reinado, o poder da monarquía diminuíu, desenvolveuse o moderno sistema de goberno por Oficina. Durante os últimos anos do seu reinado, o poder de feito estivo nas mans do seu Primeiro Ministro, Sir Robert Walpole.

En 1714 sucedeu á raíña Ana I de Gran Bretaña, morta sen descendentes. Os seus dereitos á coroa baseábanse no feito de que, pola súa nai Sofía de Hannóver, era bisneto de Xacobe Estuardo (1566-1625), rei de Escocia de 1567 a 1625, convertido en Xaime I de Inglaterra e Irlanda en 1603.