Asteroide: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
arranxos e amplío troianos a partir de es:asteroide
Liña 21: Liña 21:
=== Asteroides próximos á Terra (NEOs) ===
=== Asteroides próximos á Terra (NEOs) ===
Existe un especial interese en identificar asteroides que teñen órbitas que interseccionan coa da [[Terra]]. Os tres grupos máis importantes de asteroides próximos á [[Terra]] son os [[asteroides Amor]], os [[asteroides Apolo]] e os [[asteroides Atón]].
Existe un especial interese en identificar asteroides que teñen órbitas que interseccionan coa da [[Terra]]. Os tres grupos máis importantes de asteroides próximos á [[Terra]] son os [[asteroides Amor]], os [[asteroides Apolo]] e os [[asteroides Atón]].

==== Asteroides potencialmente perigosos ====
{{AP|Asteroide potencialmente perigoso}}
Chámanse asteroides potencialmente perigosos (PHA, acrónimo en inglés de ''Potentially Hazardous Asteroids'') a aqueles que se aproximan á Terra a menos de 0,05 UA e teñen unha magnitude absoluta inferior a 22. O máis grande destes corpos é {{mpl|(4179) Toutatis|}}.


=== Asteroides troianos ===
=== Asteroides troianos ===

Revisión como estaba o 17 de novembro de 2015 ás 20:01

O asteroide Ida e o seu satélite Dactyl

Un asteroide é un corpo rochoso, carbonáceo ou metálico máis pequeno que un planeta e que orbita ao redor do Sol. Os asteroides tamén son chamados planetas menores, denominación que se considera máis axeitada. A maioría dos asteroides que se atopan no noso sistema solar, posúen órbitas semiestables entre Marte e Xúpiter, pero algúns son desviados a órbitas que cruzan as dos planetas maiores.

Dende a Terra teñen aspecto de estrelas, de aí o nome de asteroides (ἀστεροειδής en grego significa "de figura de estrela"). Foi John Herschel quen lles puxo tal nome pouco despois de que os primeiros fosen descubertos.

O 1 de xaneiro de 1801 o astrónomo siciliano Giuseppe Piazzi descubriu o asteroide ou planeta menor Ceres, mentres traballaba nun catálogo de estrelas. Este planeta menor foi denominado Ceres Ferdinandea en honra do entón rei das Dúas Sicilias, Fernando I.

Ao descubrimento de Piazzi seguírono outros semellantes, pero de obxectos máis pequenos. Hoxe estímase que existen preto de 2 millóns de asteroides cun diámetro maior que 1 km tan só no Cinto Principal de asteroides; porén, se se suman todas as súas masas, o total é o 5% da masa da Lúa.

No caso do Cinto de Kuiper estímase que existen uns 60 millóns de obxectos, cunha masa da orde de 2,5 veces a da Lúa, é dicir, o 3% da terrestre.

Clasificación pola posición no Sistema Solar

Cinto de asteroides

Artigo principal: Cinto de asteroides.

A maior parte dos asteroides coñecidos xiran no espazo nunha agrupación coñecida polo nome de Cinto de asteroides, que se atopa entre Marte e Xúpiter. Este cinto está a unha distancia do Sol comprendida entre 2 e 3,5 unidades astronómicas (UA). Estes asteroides xiran ao redor do Sol en órbitas de entre 3 e 6 anos.

O 22 de agosto de 2006, Ceres foi reclasificado como planeta anano xunto con Plutón e Eris.

Asteroides próximos á Terra (NEOs)

Existe un especial interese en identificar asteroides que teñen órbitas que interseccionan coa da Terra. Os tres grupos máis importantes de asteroides próximos á Terra son os asteroides Amor, os asteroides Apolo e os asteroides Atón.

Asteroides potencialmente perigosos

Chámanse asteroides potencialmente perigosos (PHA, acrónimo en inglés de Potentially Hazardous Asteroids) a aqueles que se aproximan á Terra a menos de 0,05 UA e teñen unha magnitude absoluta inferior a 22. O máis grande destes corpos é (4179) Toutatis.

Asteroides troianos

Artigo principal: Asteroide troiano.
Imaxe dos asteroides troianos de Xúpiter (en cor verde). Os do campo grego por diante da órbita de Xúpiter e os do campo troiano tras da órbita de Xúpiter. A imaxe tamén mostra o cinto de asteroides entre as órbitas de Marte e Xúpiter (en cor branco).

Os asteroides troianos son asteroides que comparten órbita cun planeta. Distribúense en dúas rexións alongadas e curvas arredor dos puntos estables de Lagrange L4 e L5, situados 60° diante e detrás do planeta respectivamente. O nome troiano débese a que se estableceu a convención de bautizar aos asteroides que ocupaban ditos puntos da órbita de Xúpiter co nome dos personaxes da guerra de Troia.

Tradicionalmente o termo referíase aos asteroides troianos de Xúpiter, que foron os primeiros en seren descubertos e son, con moito, os máis numerosos ata agora. Porén, co descubrimento de asteroides nos puntos de Lagrange doutros planetas do Sistema Solar, o termo estendeuse para englobalos a todos. Só Saturno e os planetas interiores á Terra non teñen asteroides troianos confirmados. No caso dos troianos de Xúpiter, os que anteceden ao planeta pertencen ao grupo do campo grego e os que seguen ao planeta ao grupo do campo troiano.

Existen dúas teorías para explicar a orixe e ubicación dos asteroides. A primeira indica que se formaron durante a última etapa de acreción planetaria na mesma rexión na que se encontran. A segunda establece que, durante a migración planetaria, o primitivo cinto de Kuiper desestabilizouse, e millóns de obxectos foron expulsados ao interior do Sistema Solar onde se incorporaron aos puntos de Lagrange dos planetas gasosos.

(588) Aquiles, no punto L4 da órbita xupiteriana, foi o primeiro troiano en ser descuberto o 22 de febreiro de 1906. Tivo que transcorrer case un século para descubrir troianos doutros planetas. O 20 de xuño de 1990 encontrouse (5261) Eureka, primeiro troiano de Marte no punto L5 do sistema Sol-Marte; e o 21 de agosto de 2001 achouse 2001 QR322, o primeiro de Neptuno; en 2004 atopouse 2004 UP10 que orbita diante de Neptuno no seu punto de Langrange L4, e en 2006 descubríronse tres novos asteroides troianos de Neptuno. Tamén apareceron cadanseu troiano nas órbitas da Terra e de Urano.

Asteroides centauros

Artigo principal: Centauro (astronomía).

Denomínanse Asteroides Centauros aos que se atopan na parte exterior do Sistema Solar, orbitando entre os grandes planetas. 2060 Chiron orbita entre Saturno e Urano, 5335 Damocles entre Marte e Urano.

Asteroides coorbitantes da Terra

Son asteroides que ao achegarse á Terra permanecen capturados pola gravidade terrestre por algúns anos e despois afástanse novamente. Actualmente coñécense dous corpos deste tipo: o 2003 YN 107 e o 2004 GU 9.

Obxectos transneptunianos

Os Obxectos Transneptunianos (TNOs) están formados maiormente por xeo e atópanse na súa maioría máis aló da órbita de Neptuno.

A maior distancia (50UA) atópanse os obxectos da Nube de Oort.

Clasificación por grupo espectral

Os asteroides poden ser clasificados polo seu espectro óptico, que corresponde á composición da superficie dos mesmos, e tendo en conta tamén o seu albedo, nos seguintes tipos:

  • Tipo C: o 75% dos asteroides coñecidos, con albedo menor que 0,04. Son extremadamente escuros, semellantes a meteoritos. Parecen conter unha elevada porcentaxe de carbono.
  • Tipo D: este tipo de asteroides teñen un albedo moi baixo (0,02-0,05). Son moi vermellos, en lonxitudes de onda longas, debido quizais á presenza de materiais con gran cantidade de carbono. Son moi raros no cinto principal e son atopados con maior frecuencia en distancias superiores a 3,3 unidades astronómicas do Sol e o seu período orbital é a metade do de Xúpiter, é dicir, están en resonancia 2:1.
  • Tipo S: este tipo representa ao redor do 17% dos asteroides coñecidos. Teñen un albedo de 0,14 como media e son de composición metálica, formados fundamentalmente por silicio.
  • Tipo M: inclúe gran parte do resto de asteroides. Son asteroides brillantes (albedo 0,10-0,18), case exclusivamente formados por níquel e ferro.

Hai outros grupos de asteriodes raros, o número de tipos continúa medrando e están sendo estudados os seguintes:

  • Tipo T: caracterízanse por un baixo albedo (0,04-0,11).
  • Tipo E
  • Tipo R
  • Tipo V: por Vesta.

Satélites asteroidais

Algúns asteroides teñen satélites ao seu redor, como (243) Ida e o seu satélite asteroidal Dactyl. O 10 de agosto de 2005 anunciouse o descubrimento dun asteroide, o (87) Silvia, que ten dous satélites xirando ao seu redor, Rómulo e Remo. Rómulo, a primeira lúa, descubriuse o 18 de febreiro de 2001 co telescopio W. M. Keck II de 10 metros do observatorio de Mauna Kea; ten 18 km de diámetro e a súa órbita, a unha distancia de 1.370 km de Silvia, tarda en completarse 87,6 horas. Remo, a segunda lúa, ten 7 km de diámetro e xira a unha distancia de 710 km, tardando 33 horas en completar unha órbita ao redor de Silvia.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas