Saltar ao contido

Giuseppe Piazzi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGiuseppe Piazzi

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de xullo de 1746 Editar o valor en Wikidata
Ponte in Valtellina, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte22 de xullo de 1826 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Nápoles, Italia Editar o valor en Wikidata
Catedrático
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMatemáticas e astronomía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónastrónomo, Sacerdote católico de rito romano, discoverer of astronomical objects (en) Traducir, matemático, profesor universitario, descubridor de asteroides Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Palermo (pt) Traducir
Astronomical observatory of Palermo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresJérôme Lalande (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaTeatinos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Пиацци Джузеппе)
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Giuseppe Piazzi

Giuseppe Piazzi, nado en Ponte in Valtellina o 7 de xullo de 1746 e finado en Nápoles o 22 de xullo de 1826, foi un astrónomo e sacerdote italiano. Fundou o observatorio astronómico de Palermo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O 1 de xaneiro de 1801, descubriu un obxecto estelar que se desprazaba polo fondo de estrelas: o seu movemento era retrógrado primeiro e directo despois, de modo que pensou que era un novo planeta; na carta remitida ao seu amigo Barnaba Oriano, de Milán, así o indicaba aínda que cando escribiu a Joseph Lalande (en París) e a Johann Elert Bode (en Berlín) non quixo arriscarse: anuncioulles o descubrimento dun novo "cometa".

Piazzi bautizouno co nome de Ceres Ferdinandea, pola deusa grega e siciliana, e polo rei Fernando IV de Nápoles e Sicilia. Máis adiante, o Ferdinandea eliminouse por razóns políticas. Ceres resulou ser o primeiro asteroide que se observaba do cinto de asteroides e, ata agora, o de maior tamaño coñecido.

Poucas semanas despois perdeuse no resplandor solar de ocaso. Baseándose nas poucas observacións dispoñibles, Gauss creou unha ferramenta matemática nova, coa cal puido predicir a posición do asteroide. Meses máis tarde recuperábase novamente Ceres.

Aos poucos días William Herschel, co seu gran reflector utilizando elevados aumentos, determinaba o diámetro micrométrico do corpo e, baseándose na distancia (determinada polo cálculo orbital de Gauss), o tamaño real do mesmo: en torno a 260 km. Se era un planeta era demasiado pequeno. En marzo de 1803 un novo "planeta" (máis tarde asteroide, nome suxerido por Herschel) sumábase á lista ao descubrir Heinrich Olbers o diminuto Palas.

Piazzi adicouse durante moito tempo a elaborar un catálogo de estrelas, hoxe en desuso, que presentaba a posición exacta dalgúns miles delas. Este sería superado polo de Friedrich Bessel primeiro (uns 75 000 estrelas) e Friedrich Argelander despois (máis de 259 000).