Trinidad e Tobago: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 138 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q754
Liña 122: Liña 122:


{{Link FA|ru}}
{{Link FA|ru}}

[[af:Trinidad en Tobago]]
[[als:Trinidad und Tobago]]
[[an:Trinidad y Tobago]]
[[ar:ترينيداد وتوباغو]]
[[arz:ترينيداد و توباجو]]
[[ast:Trinidá y Tobagu]]
[[ay:Trinidad wan Tubagu]]
[[az:Trinidad və Tobaqo]]
[[bat-smg:Trinidads ėr Tuobags]]
[[be:Трынідад і Табага]]
[[be-x-old:Трынідад і Табага]]
[[bg:Тринидад и Тобаго]]
[[bn:ত্রিনিদাদ ও টোবাগো]]
[[bo:ཏྲི་ནི་ཌད་དང་ཏྲོ་བེ་གོ]]
[[bpy:ত্রিনিদাদ বারো টোবাগো]]
[[br:Trinidad ha Tobago]]
[[bs:Trinidad i Tobago]]
[[ca:Trinitat i Tobago]]
[[ceb:Trinidad ug Tobago]]
[[ckb:ترینیداد و تۆباگۆ]]
[[crh:Trinidad ve Tobago]]
[[cs:Trinidad a Tobago]]
[[cy:Trinidad a Tobago]]
[[da:Trinidad og Tobago]]
[[de:Trinidad und Tobago]]
[[diq:Trinidad u Tobago]]
[[dsb:Trinidad a Tobago]]
[[dv:ޓުރިނިޑާޑް ޓޮބޭގޯ]]
[[ee:Trinidad and Tobago]]
[[el:Τρινιντάντ και Τομπάγκο]]
[[en:Trinidad and Tobago]]
[[eo:Trinidado kaj Tobago]]
[[es:Trinidad y Tobago]]
[[et:Trinidad ja Tobago]]
[[eu:Trinidad eta Tobago]]
[[fa:ترینیداد و توباگو]]
[[fi:Trinidad ja Tobago]]
[[fr:Trinité-et-Tobago]]
[[frp:Trinitât-et-Tobagô]]
[[frr:Trinidad an Tobago]]
[[fy:Trinidad en Tobago]]
[[ga:Oileán na Tríonóide agus Tobága]]
[[gd:Trianaid agus Tobago]]
[[gu:ટ્રિનિદાદ અને ટોબેગો]]
[[gv:Trinaid as Tobago]]
[[hak:Tshṳ̀-nì-tha̍t lâu Tô-pâ-kô]]
[[he:טרינידד וטובגו]]
[[hi:त्रिनिदाद और टोबैगो]]
[[hif:Trinidad and Tobago]]
[[hr:Trinidad i Tobago]]
[[hsb:Trinidad a Tobago]]
[[ht:Trinidad ak Tobago]]
[[hu:Trinidad és Tobago]]
[[hy:Տրինիդադ և Տոբագո]]
[[id:Trinidad dan Tobago]]
[[ilo:Trinidad ken Tobago]]
[[io:Trinidad e Tobago]]
[[is:Trínidad og Tóbagó]]
[[it:Trinidad e Tobago]]
[[ja:トリニダード・トバゴ]]
[[jv:Trinidad lan Tobago]]
[[ka:ტრინიდადი და ტობაგო]]
[[kk:Тринидад және Тобаго]]
[[kn:ಟ್ರಿನಿಡಾಡ್ ಮತ್ತು ಟೊಬೆಗೊ]]
[[ko:트리니다드 토바고]]
[[ku:Trînîdad û Tobago]]
[[kw:Trynses ha Tobago]]
[[la:Trinitas et Tabacum]]
[[li:Trinidad en Tobago]]
[[lij:Trinidad e Tobago]]
[[lmo:Trinidad e Tobago]]
[[lt:Trinidadas ir Tobagas]]
[[lv:Trinidāda un Tobāgo]]
[[mhr:Тринидад да Тобаго]]
[[mk:Тринидад и Тобаго]]
[[ml:ട്രിനിഡാഡ് ടൊബാഗോ]]
[[mn:Тринидад ба Тобаго]]
[[mr:त्रिनिदाद व टोबॅगो]]
[[mrj:Тринидад дӓ Тобаго]]
[[ms:Trinidad dan Tobago]]
[[my:ထရီနီဒတ်နှင့် တိုဘက်ဂိုနိုင်ငံ]]
[[nah:Trinidad īhuān Tobago]]
[[nds:Trinidad un Tobago]]
[[ne:त्रिनिडाड एंड टोबागो]]
[[nl:Trinidad en Tobago]]
[[nn:Trinidad og Tobago]]
[[no:Trinidad og Tobago]]
[[nov:Trinidad e Tobago]]
[[oc:Trinitat e Tobago]]
[[or:ଟ୍ରିନିଡାଡ ଓ ଟବାଗୋ]]
[[os:Тринидад æмæ Тобаго]]
[[pa:ਤ੍ਰਿਨੀਦਾਦ ਅਤੇ ਤੋਬਾਗੋ]]
[[pap:Trinidad i Tobago]]
[[pl:Trynidad i Tobago]]
[[pms:Trinidad e Tobago]]
[[pnb:ٹرینیڈاڈ تے ٹوبیگو]]
[[pt:Trinidad e Tobago]]
[[qu:Trinidad Tubaguwan]]
[[ro:Trinidad-Tobago]]
[[ru:Тринидад и Тобаго]]
[[rw:Tirinida na Tobago]]
[[sah:Тринидад уонна Тобаго]]
[[scn:Trinidad e Tobagu]]
[[sco:Trinidad an Tobago]]
[[sh:Trinidad i Tobago]]
[[simple:Trinidad and Tobago]]
[[sk:Trinidad a Tobago]]
[[sl:Trinidad in Tobago]]
[[sm:Trindad ma Tobacco]]
[[sq:Trinidadi dhe Tobakoja]]
[[sr:Тринидад и Тобаго]]
[[ss:IThinidedi neThobhago]]
[[su:Trinidad jeung Tobago]]
[[sv:Trinidad och Tobago]]
[[sw:Trinidad na Tobago]]
[[ta:டிரினிடாட் மற்றும் டொபாகோ]]
[[te:ట్రినిడాడ్ మరియు టొబాగో]]
[[th:ประเทศตรินิแดดและโตเบโก]]
[[tl:Trinidad at Tobago]]
[[tr:Trinidad ve Tobago]]
[[tt:Тринидад һәм Тобаго]]
[[ug:ترىنىداد ۋە توباگو]]
[[uk:Тринідад і Тобаго]]
[[ur:ٹرینیڈاڈ و ٹوباگو]]
[[uz:Trinidad va Tobago]]
[[vec:Trinidad e Tobago]]
[[vi:Trinidad và Tobago]]
[[vo:Trinidadeän e Tobageäns]]
[[war:Trinidad ngan Tobago]]
[[wo:Tirinidaad ak Tobaago]]
[[wuu:特里尼达搭仔多巴哥]]
[[xal:Тринидадин болн Тобагмудин Орн]]
[[xmf:ტრინიდადი დო ტობაგო]]
[[yo:Trínídád àti Tòbágò]]
[[zh:千里達及托巴哥]]
[[zh-classical:千里達及托巴哥]]
[[zh-min-nan:Trinidad kap Tobago]]
[[zh-yue:千里達]]

Revisión como estaba o 24 de marzo de 2013 ás 04:02

Modelo:País A República de Trindade e Tobago é un estado independente situado no sur do Mar Caribe, sobre a plataforma continental da costa oriental de Venezuela. Consiste en dúas illas principais, illa Trindade e Tobago, ademais de 21 illas máis pequenas. A maior e máis poboada é Trindade, mentres que a illa de Tobago é moito menor en tamaño e poboación.

Historia

Antes do arribo dos europeos no século XV a illa hoxe chamada Trindade estaba poboada por caribes (nepuya, suppoya) mentres que Tobago estaba poboada polos kalugo. O nome indíxena de Trindade era Kairi ou Leré cuxo significado sería "Terra de colibrís" ou seica simplemente "A Illa". Cristóbal Colón descubriu para os europeos a principal das illas o 31 de xullo de 1498 e chamouna "Terra da Santísima Trindade" mentres que denominou "Bela Forma" á illa actualmente chamada Tobago. Estas illas foron a partir de entón contendidas por españois, ingleses, neerlandeses e franceses, houbo ata unha colonia de "letones" procedentes de Curlandia. A fins de século XVIII o control era español como parte da Capitanía Xeral de Venezuela pero no decurso das guerras napoleónicas, en febreiro de 1797, unha forza británica iniciou a ocupación do territorio, en 1802 pola paz de Amiens as illas de Trindade e Tabaco (en inglés: "Tobago") pasaron ao Reino Unido , pola súa banda Francia, que tamén tiña pretensións sobre o territorio fixo cesión formal ao Reino Unido en 1814.

A poboación indíxena practicamente desapareceu sendo en gran medida substituida pola poboación melanoafricana ("negra") introducida á forza como man de obra esclavizada para as plantacións de cana de azucre e tabaco, durante o século XIX a medida que resultaba menos económica a escravitude para os "brancos" fomentouse a inmigración de "coolies" desde India e China, Líbano, Siria así como desde outras Antillas e Venezuela quen traballaban como man de obra barata ou no sector servizos, case na mesma situación atopouse a inmigración de portugueses, mentres que os franceses refuxiados desde Haití xa antes da paz de Amiens gozaron de mellor situación aínda que non chegaron ao status da minoría inglesa.

En 1899 Tobago que quedara administrada desde Barbados pasou a ser administrada desde Porto España en Trindade. Durante a Segunda Guerra Mundial os Estados Unidos aliados do Reino Unido estableceron unha importante base militar en Chaguaramas. Ambas as illas foron rexidas como colonia da coroa inglesa ata que o 3 de xaneiro de 1958 coa illa de Xamaica, Barbados, as Illas de Barlovento e as Illas de Sotavento e outras menores formouse a chamada Federación das Antillas Británicas ou Federación das Indias Occidentais tendo por capital federal Chaguaramas, tal federación desapareceu en 1961 ao secesionarse Xamaica, así se determinou a independencia (aínda que sendo o seu xefe de estado o monarca británico) o 3 de agosto de 1962, durante todo ese período houbo graves conflitos étnicos principalmente entre os descendentes de africanos e os descendentes de hindús. Trinidad e Tobago ingresou na ONU nese ano e en 1967 na OEA, en 1976 Trindade Tobago formalmente declarou a súa total independencia da coroa británica aínda que se mantivo e mantén dentro da Commonwealth.

Xeografía

Mapa de Trindade e Tobago

O país é un arquipélago que consiste de 23 illas no Caribe do Sur, entre o Mar Caribe e o Océano Atlántico Norte, ao noroeste de Venezuela. Son illas das Antillas Menores, localizadas preto da zona continental de América do Sur.

Cubrindo un área de 5.128 km², o país consiste de dous illas principais; Trindade e Tobago, e 21 illas menores. Trindade está a 11 km da costa noroeste de Venezuela, e a 130 km sur das Granadinas. A illa mide 4.768 km² en área (sendo un 93% da área total do país). A illa parece cadrada en forma, con tres penínsulas. Tobago está a 30 km ao norte de Trindade, e mide ao redor de 298 km² en área.

Geologicamente, as illas non son parte do arquipélago Antillano. En cambio, Trindade foi parte unha vez de América do Sur e sitúase no seu plataforma continental, mentres que Tobago é unha parte afundida dunha cadea de montañas relacionada ao continente. As illas están agora separadas do continente polo Golfo de Paria.

Política

O Xefe de Estado de Trindade e Tobago é o presidente, actualmente o profesor emérito George Maxwell Richards. O presidente é elixido por un colexio electoral integrado por todos os membros de ambas as cámaras do Parlamento. O parlamento consiste en dous cámaras, o Senado (31 asentos) e a Cámara de Representantes (36 asentos). Os membros do Senado son nomeados polo presidente. Os 16 senadores do goberno son nomeados sobre o consello do Primeiro Ministro, os 6 senadores da oposición son nomeados sobre o consello do líder da Oposición e os 9 senadores independentes son nomeados polo Presidente para representar aos demais sectores da sociedade civil. Os 36 membros da Cámara de Representantes son elixidos polo pobo por un máximo de 5 anos.

O Primeiro Ministro é nomeado polo Presidente. O Presidente está obrigado a nomear á persoa que na súa opinión teña o maior apoio na Cámara de Representantes para este posto; este foi xeralmente o líder do partido que gañou os maiores escanos na elección previa (excepto no caso das eleccións xerais de 2001).

Desde o 4 de decembro de 2001, o partido gobernante foi o Movemento Nacional Popular liderado por Patrick Manning; o partido de oposición é o Congreso Nacional Unido, liderado por Basdeo Panday.

Trindade e Tobago é un membro activo da Comunidade do Caribe (CARICOM).

Organización territorial

Mapa das rexións administrativas de Trindade e Tobago.

A división administrativa de Trindade e Tobago consta de 14 rexións corporativas, na illa de Trindade. 5 delas (Arima, Chaguanas, Point Fortin, Port of Spain e San Fernando) corresponden a municipalidades; mentres que 9 engloban máis dun municipio (Couva-Tabaquite-Talparo, Diego Martín, Penal-Debe, Princes Town, Río Claro-Mayaro, San Juan-Laventille, Sangue Grande, Siparia e Tunapuna-Piarco). A illa de Tobago ten un goberno autónomo dentro do país.

Economía

Artigo principal: Economía de Trindade e Tobago.

Trindade e Tobago gañouse a reputación de ser un sitio excelente para o investimento e para os negocios internacionais. Un factor principal, durante os últimos catro anos, foi o sector do gas natural, o cal segue crecendo. O turismo é tamén un sector cada vez maior, aínda que en proporción non é tan importante como noutras illas do Caribe. A economía benefíciase da inflación baixa e dunha intensa actividade comercial. O ano 2002 foi marcado por un crecemento sólido no sector petroleiro, compensado en parte pola incerteza política doméstica.

A moeda oficial é o dólar de Trindade e Tobago (TT $) = 100 céntimos. Os billetes están en denominacións de 100, 20, 10, 5 e 1 dólar de Trindade e Tobago. As moedas están en denominacións de 1 dólar, e 50, 25, 10, 5 e 1 céntimo.

Demografía

Os dous grupos étnicos predominantes son os indo-trinitarios, descendentes de traballadores da India (40,3% da poboación) e afro-trinitarios, quen descenden de escravos africanos (39,5%). Xuntos suman ao redor do 79,8% da poboación; a maioría do resto son persoas de orixe mixta, con pequenas minorías de europeos, chineses, sirio-libaneses e caribes (descendentes dos habitantes indíxenas, non recoñecidos como categoría diferenciada no censo).

Hai moitas relixións diferentes presentes en Trindade e Tobago. As dúas maiores son os católicos e os hindúé; os anglicanos, musulmáns, presbiterianos, metodistas son minoritarias. Dúas fes sincréticas afrocaribeñas, os clamadores ou bautistas espirituais e a fe orisha (antes chamados shangós) están entre os grupos relixiosos de máis rápido crecemento. Tamén os mormóns se estenderon desde mediados dos 80.

O inglés é lingua oficial do país, pero algúns indo-trinitarios falan hindi, que é amplamente usado na música popular. O idioma máis falado, o inglés de Trindade, é clasificado como un dialecto do inglés ou como un crioulo inglés (crioulo triniteño do inglés). O principal idioma falado en Tobago é o crioulo do inglés de Tobago. Ambas as linguas conteñen elementos africanos; o inglés de Trindade tamén está influído polo francés e o hindi. Estas linguas crioulas fálanse normalmente en situacións informais só, e non hai un sistema normalizado de escritura.

Aínda que o francés crioulo foi a lingua falada máis estendida na illa, hoxe é raramente oída. Debido á situación de Trindade na costa de Suramérica, o país está lentamente desenvolvendo unha relación cos pobos hispanofalantes, e xa que logo o goberno esixe que o español sexa ensinado en todos os centros de secundaria, o que fai que este idioma gañe terreo día a día. En concreto, en 2004 o goberno tomou a iniciativa de Español como Primeira Lingua Estranxeira iniciada en marzo de 2005. As normativas do goberno requiren agora que o español ensínese a todos os estudantes de ensino secundario, e que nun prazo de cinco anos (cara a 2010) o 30% dos empregados públicos sexan competentes en devandito idioma.

Relixión

En Trindade e Tobago están presentes moitas relixións. As dúas máis comúns son a Católica Romana (26%) e o Hinduismo (22%); o Anglicanismo (8%), Islam (6%), a Igrexa Adventista (4%), as Igrexas presbiterianas e o Metodismo son as relixións minoritarias. Dúas doutrinas sincréticas Afro-Caribes, os Spiritual Baptist (Bautistas espirituais) e o sistema relixioso Orisha (chamados tamén Shango, un termo complementario) son os grupos relixiosos que atoparon un rápido crecemento.

Dereitos humanos

Amnistía Internacional denuncia torturas e xuízos cuestionables en Trindade e Tobago. Hai diversos casos de aplicación incorrecta da pena de morte. A homosexualidade non é legal en Trindade e Tobago e é penalizada con encarceramento. O artigo 8 (18/1) da lei de inmigración prohibe a entrada no país aos homosexuais.

Cultura

A Chaconia (Warszewiczia coccinea) é a flor nacional de Trindade e Tobago.

Trindade e Tobago é famoso polo seu Entroido previo á Coresma, que se celebra antes do mércores de cinza. Tamén é o lugar de nacemento da música calipso e steelpan, que é considerado o único instrumento musical acústico inventado no século XX.

A diversidade cultural e o contexto relixioso dan orixe a un sinnúmero de festividades ao longo do ano. Outras formas de arte indíxena son a soca (música derivada do calipso), Parang (panxoliña de orixe venezolana), chutney (música), and pichakaree (formas musicais que mesturan estilos do Caribe e de India, e o famoso xogo do limbo.

O escenario artístico está pleno de actividade. Trindade e Tobago ten dous escritores que gañaron o Premio Nobel, Vidiadhar Surajprasad Naipaul e Derek Walcott, nacido en Santa Lucía. O deseñador Peter Minshall é recoñecido non só polos seus disfraces para o Entroido, senón tamén polo seu papel nas cerimonias de apertura dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992, a Copa Mundial de Fútbol de 1994, as Xogos Olímpicos de Atlanta 1996 e as Olimpíadas de Inverno 2002, polas que gañou un Premio Emmy.


Modelo:Link FA