Comarca de Tabeirós - Terra de Montes: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
actualizo poboación
Liña 46: Liña 46:
[[eu:Tabeiros-Terra de Montes]]
[[eu:Tabeiros-Terra de Montes]]
[[hu:Tabeirós – Terra de Montes]]
[[hu:Tabeirós – Terra de Montes]]
[[ja:コマルカ・デ・タベイロス=テーラ・デ・モンテス]]
[[nl:Comarca de Tabeirós - Terra de Montes]]
[[nl:Comarca de Tabeirós - Terra de Montes]]
[[ru:Табейрос — Тьерра-де-Монтес (комарка)]]
[[ru:Табейрос — Тьерра-де-Монтес (комарка)]]

Revisión como estaba o 23 de marzo de 2011 ás 15:59

Comarca de Tabeirós - Terra de Montes
Comarca de Tabeirós - Terra de Montes

A Comarca de Tabeirós - Terra de Montes, localizada na provincia de Pontevedra, está conformada polos concellos de Cerdedo, A Estrada e Forcarei.

Localización e características

Esta comarca de 528,98 km² sitúase entre as Terras do Deza e as da costa e nela distínguense dúas unidades xeográficas distintas: a Terra de Tabeirós ao norte, que forma parte do val do Ulla, e a zona montañosa da Terra de Montes ao sul.

En 2009 a poboación era de 28.389 habitantes, dos cales 21.880 vivían no concello da Estrada, o que é indicativo do carácter de núcleo reitor comarcal desta vila. As cidades máis importantes preto da comarca son Compostela e Pontevedra.

A Terra de Montes conformouse desde a división parroquial que realizaran os reis suevos Teodomiro e Miro na segunda metade do século VI. A comarca consolidouse coa súa incorporación á sede arcebispal de Iria Flavia. En 1115 o arcebispo Xelmírez, por doazón de Dona Urraca, construíu a torre-fortaleza do Castro de Montes, desde a que os xuíces-meriños gobernaban a comarca. En 1135 construiuse o mosteiro de Aciveiro, arredor do cal se creou unha importante actividade comercial e artesanal a partir do século XII.

Demografía do concello

A comarca de Tabeirós - Terra de Montes está a ser unha zona onde a sangría demográfica é constante: entre 2000 e 2009 a comarca perdeu de 1.383 habitantes (un 4,64% da poboación). As principais entidades poboacionais do concello son:

Concellos

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca de Tabeirós - Terra de Montes

Véxase tamén

Ligazóns externas