Literatura galega: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{1000 artigos icona título|materia=Literatura}}
{{1000 artigos icona título|materia=Literatura}}
[[Ficheiro:Cantiga bagpipes 2.jpg|miniatura|Tocando a [[gaita]], miniatura das [[Cantigas de Santa María]].]]
[[Ficheiro:Cantiga bagpipes 2.jpg|miniatura|Tocando a [[gaita]], miniatura das [[Cantigas de Santa María]].]]
{{Pobo galego}}
<nowiki>{{Pobo gal
A '''literatura galega''' é aquela que se escribe en [[lingua galega]]. En xeral, a historia e evolución do [[lingua galega|idioma galego]] desde o seu nacemento no [[século IX]] até hoxe é irregular, de tal xeito que a momentos de esplendor lle suceden outros de decadencia.
O meneo </nowiki>'''galego''' é aquela que se escribe en [[lingua galega]]. En xeral, a historia e evolución do [[lingua galega|idioma galego]] desde o seu nacemento no [[século IX]] até hoxe é irregular, de tal xeito que a momentos de esplendor lle suceden outros de decadencia.


== Etapas da literatura galega ==
== Etapas da literatura galega ==

Revisión como estaba o 26 de xaneiro de 2024 ás 15:47

Tocando a gaita, miniatura das Cantigas de Santa María.

{{Pobo gal O meneo galego é aquela que se escribe en lingua galega. En xeral, a historia e evolución do idioma galego desde o seu nacemento no século IX até hoxe é irregular, de tal xeito que a momentos de esplendor lle suceden outros de decadencia.

Etapas da literatura galega

Período Medieval (XII – XV)

A literatura galego-portuguesa medieval é aquela escrita en galego-portugués en diversas zonas da Península Ibérica entre os séculos XII e XV. Esta inclúe lírica sacra e profana e diferentes tipos de prosa. Este é un período de esplendor xa que é cando a literatura galego-portuguesa acada un prestixio que vai ir perdendo nos séculos seguintes. A importancia que tivo a literatura en galego-portugués para a Península Ibérica pódese comparar á importancia da literatura occitana en Europa Central e do Mediterráneo.

Séculos Escuros (XVI - XVIII)

O idioma entra nunha etapa de absoluta decadencia a nivel literario, aínda que siga sendo a lingua oral máis empregada pola sociedade galega do momento.

Prerrexurdimento (1808 - 1863)

Hai unha primeira etapa de recuperación do prestixio da lingua galega tralos séculos de decadencia que sufriu.

Rexurdimento (XIX)

Rosalía de Castro.

A lingua galega recupérase por completo coa chegada de moitos dos máis importantes escritores en galego: Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Eduardo Pondal...

Intersecular

Con literatura galega do período intersecular referímonos á creación literaria producida durante o ocaso do século XIX e os albores do XX.

Século XX

Véxase tamén: Literatura galega do exilio.

O idioma ten pasado por momentos de estabilidade e outros de decadencia. O primeiro terzo do século XX ten sido de esplendor, sobre todo polo labor dos homes vinculados ás Irmandades da Fala, á Xeración Nós (Castelao, Otero Pedrayo, Vicente Risco...) e ao Seminario de Estudos Galegos. Tras esta etapa de recuperación, volve de novo outra etapa escura debido á guerra civil española e á ditadura, que supuxeron o abandono da lingua a nivel escrito en Galiza a pesar de ser a lingua máis falada pola poboación;[Cómpre referencia] con todo, a chama da literatura seguiu acesa na Galiza exterior (o exilio americano, principalmente).

A partir dos 50 comeza unha leve recuperación, coa fundación da Editorial Galaxia e outros proxectos. Coa instauración da democracia, no ano 1978 aprobase a Constitución española, recoñecéselle ao galego o carácter de lingua cooficial xunto co castelán, manténdose unha situación de desequilibrio até o día de hoxe. Esta relativa protección da lingua galega, incrementada co Estatuto de Autonomía e a Lei de normalización lingüística, axuda a que xurda unha nova etapa de recuperación da literatura nos máis variados xéneros, incluída a literatura infantil e xuvenil.

Literatura galega actual (século XXI)

Artigo principal: Literatura galega actual.

Canto á creación literaria, non se acostuma falar dunha ruptura coa nova chegada do século, senón dunha continuación do labor das últimas décadas do século XX.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos