Conversa:Literatura galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

esta páxina é paupérrima, deberíaselle dar prioridade á completitude deste artigo, pareceme vergonzoso que a wikipedia galega so teña isto en literatura galega--87.217.144.97 18:32, 16 agosto 2007 (UTC)

  • Botáchelle unha ollada ao cadro da dereita e aos seis artigos existentes sobre historia da literatura galega? De paso podes botar unha ollada ao historial dos mesmos e ao número de edicións. O que é curto é este artigo en concreto, mais a posibilidade de o ampliar existe. Anímate a rexistrarte e a ampliar artigos. Recibe un cordial saúdo. --Xoán Carlos Fraga 18:49, 18 agosto 2007 (UTC)
  • tes toda a razon, Xoan Carlos, o que é curto é o artigo en si. En canto ao de rexistrarme, paso, estaria bloqueado en ceustion de horas (teño unha cohorte de "admiradores"). Talvez cando cambien os administradores (por qué non?).--87.217.144.97 18:58, 18 agosto 2007 (UTC)
  • Sinto ter que rebatirche este argumento Sr/a 87.217.144.97, cando se che pide que te rexistres, no vai a ser con motivo nengún de bloqueo (terías que facer unha boa falcatruada). Os motivos telos máis que explicados na túa páxina de discusión de Ip's; e eres tí quen neste caso tes o testigo de man: facer ou non facer. Namentres non decidas, a cohorte "señor Jaztell" seguirá a votarlle unha ollada de admiración!!!!.

NOTA: Para a súa información, o lote de administradores non se pode cambiar, tan só se poden engadir máis segundo o porcentual de usuarios no proxecto. Que, agora xa se anima?.--Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 20:06, 18 agosto 2007 (UTC)

  • Xelo (non asinou o que escribiu), nin estaba a falar con vostede nin me entendeu: a verdade é que non me rexistro porque non me apetece, ao mellor mañá si ou talvez xamais, non é obrigatorio. A tua clarificacion de que "o lote de administradores non se pode cambiar"... ben ... é como se eu dixese que o farei "cando as ras crien pelo" e me resposte "sinto desanimalo, mais as ras nunca crian pelo"...Xulgue vostede a sua resposta. Insisto, pregolle que me deixe traballar. Se quer discutir, teña a coraxe de desbloquear a sua paxina e respostolle ali. --87.217.144.97 19:49, 18 agosto 2007 (UTC)
  • Ista é unha paxina de discusión aberta e libre a opinión dos usuarios, pregolle un pouco de respeto de cara a miña personalidade. Pediu que o deixase traballar, que eu saiba tampouco llo impedin. Pero ha de recordar que nesta paxina podee referenciar todo o que queira, polo que pare de reclamar coma cousa de traballo no que na súa paxina de discusión estase a cumplir, teno claro ou teñollo que pintar nunha pizarra de escola?. No trocante o que si as ras crian pelo ou non, respostolle na seguinte: que fagan o que queiran, son animais clasificados (no por min, senon pola ciencia) de irracionais; se gusta e tan ben soe falar dos animais como expresivos, sumese vostede a súas expresións, xa verá que torres máis altas tamén caeron. Tamén lle queda asinado o parágrafo anterior non sea que se lle perda (ademáis deste). Respeito o bloqueamento da miña paxina de discusión que vostede tanto semella molestarlle, está moi expecificado o porqué e remito as cousas na taberna; será que vostele lee aquelo que só lle conven?. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 20:06, 18 agosto 2007 (UTC)
  • Xelo, iso de "teno claro ou teñollo que pintar nunha pizarra de escola?" é unha groseria. Propoñoche que a pizarra de escola, a utilices para outro fin: apuntar nela o seguinte:
    • non se escribe "ista", senon "esta"
    • "Pero" é unha palabra do castelan, aconselloche "Mais"
    • "si", usado como condicional, é un castelanismo, en galego é "se".
    • "súas" debe levar o artigo diante, é dicir, "as súas"
    • non é "expecificado" senon "especificado" (por favor!)
  • O da tua paxina digocho somente porque me aconsellas que me rexistre, asi que eu pagoche con outro consello (xa sabes, a retranca galega..), non teño ningun interes particular. --87.217.144.97 20:52, 18 agosto 2007 (UTC)
  • Mira, co que me digas, "predicame fraile, por oido me entra e por outro me sae", xa se ve que o de erre "q" erre eres tí, porque radicas nas espresións e na ortografía; e todo iso débese a que non tes argumentos claros para rebatir. No trocante a normas ortográficas tereille que lembrar que xa está aprovado dende o 2003 que as preguntas podense cerrar cunha sóa "?" sen ser necesario abrir con unha. Nas correción que vostede fixo (e grazas de antemán por facelas) este tipo de emolumento nin sequera o viu. Logo ven rexeitarme aquí o de "ista" e mailo de "esta" cando as dúas son perfectamente observables. Quéres erros?, xa sabes, principia cos teus que, abofé, unhos cantos seguro que os tes. Polo que a min respeta, ninguén é perfecto (eu coma o primeiro); o resto seran deuses. Aleluiaaaaaaaa!!!!!. Señores/as, sigan, sigannn, que aqui no ai nada que ver agás texto para pasalo tempo. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 21:22, 18 agosto 2007 (UTC)
    • Dame pena que haxa xente que mostre tal descoñecimento e despreocupacion polo galego, mais obviamente é unha opinion miña, moi personal, referida a unha actitude, non referida a ninguén.
    • Xelo, francamente, non che entendo a metade do que dis, e o que entendo non me leva a ningures. Di o que queiras, ou bloqueame o IP, mais non continuarei por mais tempo unha tan desafortunada e pouco intelixente discusion. --87.217.144.97 22:54, 18 agosto 2007 (UTC)
    • Certo niso concordo totalmente contigo. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 00:17, 19 agosto 2007 (UTC)