Manuel Rodríguez Alonso
Manuel Rodríguez Alonso | |
---|---|
Nacemento | 16 de xaneiro de 1952 |
A Groba (Ribadavia) | |
Falecemento | 23 de setembro de 2015 (63 anos) |
Pozuelo de Alarcón (Madrid) | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela e Universidade Autónoma de Madrid |
Ocupación | tradutor, filólogo e crítico literario |
Lingua | Galego |
Xéneros | Crítica, filoloxía, lingüística |
Estudos | Doutor en Filoloxía |
Profesión | Profesor, lingüista |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Manuel Rodríguez Alonso, nado na Groba (Ribadavia) o 16 de xaneiro de 1952 e finado en Pozuelo de Alarcón (Madrid) o 23 de setembro de 2015[1][2], foi un crítico literario e filólogo galego. Era sobriño de Xesús Alonso Montero[3].
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Era licenciado en Filoloxía pola USC e doutor pola Universidade Autónoma de Madrid. Traballaba na UNED, como profesor de ensino medio. Dende 1988, traballaba como lingüista para a editorial Edicións SM. Tiña colaborado na elaboración de diversos materiais didácticos e pedagóxicos, como dicionarios ou gramáticas. Colaborou en revistas como Grial, A Nosa Terra, Revista de Lengua y Literatura Catalana, Gallega y Vasca, Vieiros e Tempos Novos.
Manuel Bragado, director de Edicións Xerais de Galicia, resumía deste modo[4] o seu activo labor a prol das letras galegas:
Manuel Rodríguez Alonso deixa a súa importante obra crítica e ensaística, mais tamén outra non menos relevante, a lexicográfica, como un dos dicionaristas máis destacados da lingua galega. A súa valoración do silencioso traballo editorial, como concienzudo editor de textos que foi, a súa preocupación pola corrección e a calidade da lingua literaria galega marcaron tendencia na crítica galega, transformándose en expresión de autoestima e rigor para o noso sistema literario.
Obra en galego[editar | editar a fonte]
Ensaio[editar | editar a fonte]
- Diccionario crítico de dúbidas e erros do galego (1993).
- O galego correcto (1995).
- O españolismo lingüístico (2004, Espiral Maior)
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Diccionario didáctico do galego (1995).
- Dicionario Xerais de Primaria (2011, Xerais). Con Xosé Feixó Cid.
- Historia didáctica da literatura galega (2011, Morgante). Con Héitor Mera.
- Rosalía na cobiza do lonxe (2013, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades).
Obras en castelán[editar | editar a fonte]
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Diccionario de las lenguas de España (1985).
- Manual de dudas de la lengua española (1987).
- Historia de la literatura gallega (2002).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Finou o profesor e crítico Rodríguez Alonso", artigo en Letra en obras, 23 de setembro de 2015.
- ↑ Falece o crítico Manuel Rodríguez Alonso, coautor do Dicionario Xerais de Primaria Arquivado 26 de setembro de 2015 en Wayback Machine., necrolóxica no blog da editorial Xerais, 24 de setembro de 2015.
- ↑ O cangués Héitor Mera lerá a primeira tese en galego na historia da UNED, nova en La Voz de Galicia o 10 de xuño de 2009.
- ↑ Manuel Rodríguez Alonso, entrada no blog "Bretemas", xestionado por Manuel Bragado, director de Xerais.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 176.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Manuel Rodríguez Alonso e a “tremenda loita” contra o españolismo lingüístico, artigo do académico Francisco Fernández Rei en Madrygal. Revista de Estudios Gallegos. Vol 18 (2015) SSN 1138-9664.
- "Bouvard e Pécuchet: Crítica arbitraria de libros e outros obxectos impresos [blog persoal]". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2018. Consultado o 21 de xuño de 2018. Blog de crítica literaria a cargo de Rodríguez Alonso