Roque de los Muchachos
O Roque de los Muchachos é o nome que se lle dá ao pico rochoso que forma o punto máis alto da illa de La Palma, nas Canarias. A altura máxima ascende a 2.426 m sobre o nivel do mar, o que fai de La Palma a segunda illa máis alta do arquipélago, logo de Tenerife.
No Roque de los Muchachos, debido á gran calidade do ceo, sitúase o Observatorio Astrofísico do Roque de los Muchachos. O Roque de los Muchachos pecha a Caldera de Taburiente pola súa zona norte. Desde o cume pódese ver Tenerife, La Gomera e El Hierro.
O nome de Roque de los Muchachos provén da forma do mesmo, pois son unha serie de pequenos roques duns 3 metros de altura, que se asemellan a un grupo de raparigos (muchachos en castelán).
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roque de los Muchachos ![]() |