Goberno de Canarias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sede do Goberno Canario nas Santa Cruz de Tenerife.
Sede do Goberno Canario nas Palmas de Gran Canaria.

O Goberno de Canarias é a institución que ostenta o poder executivo no marco competencial da Comunidade Autónoma de Canarias conferido polo Estatuto de Autonomía de Canarias.

O Estatuto de Autonomía de Canarias (aprobado mediante a Lei Orgánica 10/1982, de 10 de agosto, reformada pola Lei Orgánica 4/1996, de 30 de decembro) é a norma institucional que constitúe á Comunidade Autónoma de Canarias, provéndoa do seu marco organizativo e funcional básico. Na cúspide administrativa, e como expoñente do poder executivo autonómico, atopámonos co Goberno de Canarias.

O Goberno de Canarias ten a súa sede principal en: Santa Cruz de Tenerife e As Palmas de Gran Canaria.

Presidentes[editar | editar a fonte]

Presidentes da Junta de Canarias (etapa preautonómica)
Nome Inicio Fin Partido
Alfonso Soriano Benítez de Lugo 14 de abril de 1978 9 de xuño de 1979 UCD
Fernando Bergasa Perdomo 9 de xuño de 1979 9 de xuño de 1980 UCD
Vicente Álvarez Pedreira 9 de xuño de 1980 12 de xuño de 1981 UCD
Fernando Bergasa Perdomo (2ª vez) 12 de xuño de 1981 14 de xuño de 1982 UCD
Francisco Javier Ucelay Sabina 14 de xuño de 1982 29 de decembro de 1982 UCD
Jerónimo Saavedra Acevedo 29 de decembro de 1982 11 de xuño de 1983 PSOE
Presidentes do Goberno de Canarias (etapa autonómica)
Nome Inicio Fin Partido
Jerónimo Saavedra Acevedo 11 de xuño de 1983 30 de xullo de 1987 PSOE
Fernando Fernández Martín 30 de xullo de 1987 28 de decembro de 1988 CDS
Lorenzo Olarte Cullén 28 de decembro de 1988 11 de xullo de 1991 CDS
Jerónimo Saavedra Acevedo (2ª vez) 11 de xullo de 1991 2 de abril de 1993 PSOE
Manuel Hermoso Rojas 2 de abril de 1993 16 de xullo de 1999 CC
Román Rodríguez Rodríguez 16 de xullo de 1999 8 de xullo de 2003 CC
Adán Martín Menis 8 de xullo de 2003 13 de xullo de 2007 CC
Paulino Rivero Baute 13 de xullo de 2007 CC

Consellerías[editar | editar a fonte]

Estes son as actuais consellería do goberno das Illas Canarias:[1]

Cargo Nome
Presidente Paulino Rivero
Conselleiro de Educación, Universidades e Sostibilidade José Miguel Pérez García
Conselleiro de Economía, Facenda e Seguridade Javier González Ortiz
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Igualdade Francisco Hernández Spínola
Conselleiro de Agricultura, Gandería, Pesca e Augas Juan Ramón Hernández Gómez
Conselleira de Cultura, Deporte, Políticas Sociais e Vivenda Inés Nieves Rojas
Conselleira de Emprego, Industria e Comercio Margarita Isabel Ramos Quintana
Conselleiro de Obras Públicas, Transportes e Política Territorial Domingo Berriel
Conselleira de Sanidade Brígida Mendoza Betancor

Competencias transferidas[editar | editar a fonte]

As transferencias realizáronse desde o Goberno de España ao Goberno da comunidade a través do Estatuto de Autonomía e da Lei Orgánica de Transferencia de Competencias a Canarias (LOTRACA) coas súas correspondentes reformas.

  • Sanidade (1994)
  • Servizos Sociais (1982)
  • Servizos de emprego (1999)
  • Mocidade (1982)
  • Traballo (Relacións Laborais), Mediación, Arbitraxe e Conciliación (1984)
  • IMSERSO (1985)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Organización dos departamentos". Gobierno de Canarias. Consultado o 19 de maio de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]