Cardo (rúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cardo de Apamea (Siria).

Cardo (cardō) é un termo empregado na planificación urbanística no imperio romano. Denota unha rúa con orientación norte-sur nun campamento militar ou colonia.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O cardo principal é o Cardo Maximus, que era o eixe do campamento ou da cidade e que se cruza perpendicularmente co Decumanus Maximus, a outra rúa principal. A palabra latina deriva do grego καρδίᾱ, kardia - "corazón" e, por iso, estaba chea de tendas e vendedores e servía como centro da vida económica.

A palabra ten a súa orixe na liña que trazaban os augures de norte a sur para realizar os auspicios cando se fundaba a cidade. Á súa vez, desta palabra derívase o termo "puntos cardinales" que se utiliza na orientación xeográfica, nos compases, nos cataventos, etc.

Evolución[editar | editar a fonte]

Nalgunhas ocasións, por mor da diferente xeografía das cidades, era o Decumano a rúa principal, aínda que, xeralmente, o era o cardo.

O foro situábase orixinalmente, é dicir, nas primeiras cidades romanas, nos arredores (de aí o seu nome: forum = fóra), normalmente na intersección das dúas vías e se destinaba ás actividades mercantís (mercados e feiras). Co tempo, o foro, comezou a dedicarse ás actividades políticas e administrativas, polo que as cidades romanas máis recentes comezaron a crear prazas públicas na intersección do Cardo Maximus co Decumanus Maximus.

Esta idea xeral foi tomada despois, coas Ordenanzas de Filipe II no século XVI para a fundación e organización urbanística da maior parte das 40 000 cidades que os españois fundaron en América.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]