CD Universidad de Sevilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
CD Universidad Sevilla
NomeCD Universidad Sevilla
Alcume(s)UNI
Fundación1968
SedeSevilla, España España
Liga(s)2ª Rexional Andalucía
Casa
Páxina web
www.rugbysevilla.es

O CD Universidad de Sevilla é un club deportivo de Sevilla que se dedica ó rugby. O equipo ten participado durante 9 tempadas na División de Honra, a última delas en 2004-05, acadando un subcampionato de Liga na edición 2000-01. Actualmente milita en divisións rexionais andaluzas. É un dos equipos históricos do rugby sevillano, xunto a CR Ciencias e CAR.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi fundado en 1968 co nome de Medicina Club de Rugby, sendo así un dos clubs mais antigos do rugby andaluz. Pasou en 1985 a chamarse Universitario de Sevilla Club de Rugby, nome co cal acadou varios campionatos universitarios, e despois de 1992, intégrase na estrutura do Club Deportivo Universidad de Sevilla.

Na tempada 1993-94 o Univ.Sevilla compite por vez primeira na División de Honra do rugby nacional, e remata na última posición da táboa, polo cal descende. Non obstante, na tempada 1996-97 estivo de volta na máxima categoría, e nesa ocasión logrou a permanencia cun 8º posto final. O club permaneceu 3 anos na Liga ata que descendeu de novo, pero só por un ano. Na tempada 2000-01 o Univ.Sevilla volveu á División de Honra, e no seu primeiro ano de volta na elite acadou o subcampionato nacional de liga, a mellor participación na súa historia. Nas vindeiras edicións da liga o equipo rematou tres veces sexto e na tempada 2004-05 noveno, o que lle valeu o descenso.

En 2006 rematou a colaboración coa Universidade de Sevilla, o club cedeu os seus dereitos deportivos ó CD Rugby Mairena, tamén de Sevilla, que se fusionou co Universitario de Sevilla para crear o Club de Rugby Unión Aljarafe Sevilla (nome actual do equipo). Como herdeiro directo da estrutura do CD Universidad de Sevilla, no CRU Aljarafe Sevilla traballan tódolos vellos socios e colaboradores do equipo. Ese club ten un acordo de colaboración co Club Amigos del Rugby para participar xuntos cun só equipo en categorías nacionais, co nome dun patrocinador. Este equipo é o Helvetia Rugby que compite na División de Honra B.

Trala cesión de tódolos seus dereitos deportivos, na actualidade o CD Universidad de Sevilla tan só ten un equipo competindo en categorías rexionais andaluzas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]