Glicerio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Glicerio, nado no 420 e finado despois do 480, foi emperador de Occidente, sucesor de Anicio Olibrio. Foi coroado polo príncipe burgundio Gundobado o 5 de Marzo de 473.

Acceso ao Trono[editar | editar a fonte]

Glicerio foi nomeado emperador no 473. O remate da guerra civil entre o emperador Antemio e Ricimero deixaba o trono en mans de Anicio Olibrio, pero só durou uns meses á fronte do Imperio. Pero mentres tanto Ricimero morre e no seu lugar queda Gundobado, que se apresura a nomear novo emperador na persoa de Glicerio, quen até entón era comes domesticorum, ou sexa, comandante dunha unidade de elite da garda imperial. Segundo as fontes, foi nomeado entre o 3 o 5 de Marzo do 473 en Ravenna co apoio do exército.

Reinado[editar | editar a fonte]

Glicerio reside a maior parte do tempo no Norte de Italia, segundo as cuñacións de moeda, e pouco se coñece do seu reinado. Non foi recoñecido como emperador por León I, o emperador do Imperio Oriental. Trata de conciliar o seu nomeamento, aceptando que o infante León sexa nomeado cónsul dos dous imperios, pero León I nomea o comandante das forzas do Imperio Oriental en Dalmacia, Xulio Nepote, como novo emperador de Occidente, en xullo do 474. Pero, mentres tanto, León I fina en Constantinopla, e o elixido é o seu neto León II, quen, debido á súa curta idade, nomea Augustus ao seu pai Zenón.

Vívese naquel entón unha situación critica, con tres emperadores no trono e outro nomeado, pero que aínda non tomara posesión. Por outra banda, os visigodos aproveitan este estado para tomar as cidades de Arlés e Marsella. Así mesmo, o rei Vidimer, cos ostrogodos, tenta de invadir Italia, pero de novo se recorre aos visigodos, que envían un exército para a protección, pero que de seu significa a invasión e toma de Italia polos exércitos de Eurico; é o final ficticio do Imperio Romano.

Deposición[editar | editar a fonte]

Pero mentres tanto, Xulio Nepote e con motivo da morte de León I, deixara até a primavera do 474 a súa entrada en Italia. En Xuño do 474, desembarca en Ostia e Glicerio entrega o poder sen loita nin resistencia. Inmediatamente, Xulio Nepote é nomeado emperador. Glicerio é nomeado bispo de Salona, e no ano seguinte, cando Xulio Nepote abandone Italia camiño da Dalmacia, levará a Glicerio como bispo persoal.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Imperio Romano

Segue a:
Anicio Olibrio
Glicerio
Precede a:
Xulio Nepote
Imperio de Occidente