Valentiniano III
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 2 de xullo de 419 Rávena |
| Morte | 16 de marzo de 455 Roma |
| Causa da morte | homicidio |
| Emperador do Imperio Romano de Occidente | |
| 23 de outubro de 424 (Gregoriano) – 16 de marzo de 455 (Gregoriano) ← Flavio Honorio – Petronio Máximo → | |
| Senador romano | |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca, político |
| Período | Imperio Romano |
| Outro | |
| Título | Emperador |
| Familia | Dinastía teodosiana |
| Cónxuxe | Licínia Eudóxia |
| Fillos | Placidia, Eudocia (filla de Valentiniano III) |
| Pais | Constantius III |
| Irmáns | Honoria |
| Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Realʹnyj slovarʹ klassičeskih drevnostej po Lûbkeru |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Valentiniano III, nado en Rávena o 2 de xullo de 419 e finado en Roma o 16 de marzo de 455, foi un emperador romano de Occidente entre os anos 424 e 455. Foi o fillo máis vello de Constancio III e Gala Placidia, filla do emperador Teodosio. Recibiu o título de césar o 23 de outubro de 424 en Constantinopla, e tras unha curta guerra en Italia, foi instituído como emperador (Augusto) de Occidente en Roma o 23 de outubro de 425.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tiña só seis anos de idade cando recibiu o título de Augusto, e durante a súa minoría de idade encargouse do goberno primeiro súa nai e despois, a partir de 433, Aecio. Súa nai arranxou o seu matrimonio con Eudocia, filla de Teodosio II, emperador de Oriente. Con ela tivo dúas fillas: Eudocia e Placidia.
O seu reinado resultou marcado polo desmembramento do Imperio de Occidente; a conquista da provincia de África polos vándalos en 439; o definitivo abandono de Britania en 446; a perda de gran parte de Hispania e Galia, nas que se estableceron os bárbaros; e o saqueo de Sicilia e das costas occidentais do Mediterráneo polas frotas de Xenserico.
En contrapartida, fronte a tantas calamidades, tamén se produciu a gran vitoria de Aecio sobre Atila en 451, cerca de Châlons na batalla dos Campos Cataláunicos, e as súas vitoriosas campañas contra os visigodos no sur de Galia (426, 429 e 436) e fronte a distintos invasores no río Rin e no río Danubio (428-431).
O peso dos impostos resultaba cada vez máis insoportábel segundo se ía debilitando o poder de Roma, e en consecuencia a lealdade das provincias que ían quedando ía a menos por momentos. Rávena foi a residencia habitual de Valentiniano, mais tivo que fuxir a Roma cando se acercou Atila, o cal, tras saquear o norte de Italia, morreu ao ano seguinte (453). Atila reclamaba que a irmá de Valentiniano -chamada Honraia- se lle entregara como esposa.
En 454, Aecio, cuxo fillo casara coa filla máis vella do emperador, foi asasinado a traizón por Valentiniano. Mais o 16 de marzo do ano seguinte, o propio emperador foi tamén asasinado por dous bárbaros clientes de Aecio. Valentiniano non só careceu da habilidade para gobernar o imperio nunha época de grave crise, senón que ademais agravou os perigos a causa do seu egotismo e o seu carácter vingativo.
As fontes orixinais que temos sobre o reinado de Valentiniano III son as Crónicas de Próspero de Aquitania, a Historia Gótica de Xordanes, escrita no século VI, e a obra do poeta Sidonio Apolinar.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Valentiniano III |