Isauria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaIsauria

Localización
Mapa
 37°11′16″N 32°14′53″L / 37.1878, 32.2481Coordenadas: 37°11′16″N 32°14′53″L / 37.1878, 32.2481

Mapa de 1903 de Heinrich Kiepert. Isauria aparece ao leste de Pisidia.

Isauria foi unha rexión da antiga Asia Menor, que limitaba ao leste con Licaonia, ao norte con Frixia, ao oeste con Pisidia e ao sur con Cilicia e Panfilia. O país era moi montañoso e salvaxe, case ben non tiña cidades, e as poucas que había estaban ao norte, agás a capital Isaura, que estaba ao suroeste. A pesar de que a maior parte do país eran montañas, cultivábase tamén o viño con grande extensión e outros produtos básicos para as necesidades.

Os seus habitantes eran os isaurios, pobos salvaxes que vivían do roubo, o saqueo e a pirataría. Isauria foi sometida por Roma o ano -75, despois dunha campaña duns tres anos.

A pesar da súa derrota, os isaurios continuaron cos seus hábitos depredadores. O país fora incorporado a Galacia sobre o -37, e o soberano de Galacia, Amintas, intentou eliminar o costume da bandidaxe, pero morreu nunha emboscada de bandidos o -25.

Mentres Pompeio saía contra os piratas cilicios ao mar, os bandidos isaurios continuaban actuando. Como os romanos non podían perseguilos polas montañas, estableceron unha serie de fortalezas e rodeáronos; pero os isaurios a miúdo puideron esquivar o bloqueo.

Isauria foi provincia romana separada, creada na reorganización de Diocleciano probabelmente o 293 e permaneceu como provincia bizantina ata a introdución dos thema. Os isaurios non serían totalmente dominados ata o tempo de Xustiniano.