Coroa austríaca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras moedas coa denominación de "coroa", véxase a páxina de homónimos Coroa (moeda).

Coroa austríaca †
österreichische Krone
en alemán
500000Kronen-1922.jpg
Ámbito:Austria Austria
Liechtenstein Liechtenstein
Fracción:Heller.
Moedas:100, 200 e 1.000 coroas.
Billetes:1, 2, 10, 20, 100, 1.000, 5.000, 10.000, 50.000, 100.000 e 500.000 coroas.
Emisor:- Oesterreichisch-ungarische Bank.
- Oesterreichische Nationalbank.

A coroa austríaca (en alemán: österreichische Krone) foi a unidade monetaria de Austria (naquel momento chamada Deutschösterreich –"Austria Alemá"–) e do Principado de Liechtenstein (en paralelo á coroa de Liechtenstein), logo da disolución do Imperio Austrohúngaro (1918). En Austria mantívose vixente ata a introdución do xilin en 1925, en tanto que Liechtenstein a abandonou en 1921, cando adoptou o franco suízo.

Moedas[editar | editar a fonte]

As moedas cuñáronse nos mesmos metais e coas mesmas características métricas que as correspondentes ás anteriores series de coroas austrohúngaras.

Para facilitar a introdución da nova moeda emitíronse moedas de 100, 200 e 1.000 coroas inmediatamente antes de 1925, que tiñan características similares ás das moedas fraccionarias equivalentes que as substituíron (de un, dous e dez groschen).[1]

Anverso Reverso Valor Diámetro Grosor Peso Aliaxe Canto Gravador Datas Tiraxe
Circle - black simple.svg Circle - black simple.svg 100 coroas [2] 17 mm 1 mm 1,666 Cobre/estaño/cinc 950/40/10 Liso Heinrich Zita 1923

1924

5.603.680

43.813.820

Circle - black simple.svg Circle - black simple.svg 200 coroas [3] 19 mm 1,5 mm 3,33 Cobre/estaño/cinc 950/40/10 Liso Filip Häuslerr 1924 57.160.000
Circle - black simple.svg Circle - black simple.svg 1.000 coroas [4] 22 mm 1,5 mm 4,5 Cobre/níquel 750/250 Liso Heinrich Zita 1924 72.353.000

Billetes[editar | editar a fonte]

Billetes sobreestampados do Banco Austrohúngaro[editar | editar a fonte]

Consonte o Tratado de Saint-Germain-en-Laye, a República de Austria, do mesmo xeito que os demais estados xurdidos da desintegración do Imperio Austrohúngaro, tivo a obriga de sobreimprimir o papel moeda imperial que circulaba no seu territorio, para o oficializar como de curso legal no novo Estado, con carácter provisional e como paso previo á implantación dunha nova moeda nacional.[5]

En cumprimento deste compromiso, en 1919 sobreestampáronse os billetes do Imperio Austrohúngaro en circulación coa inscrición DEUTSCHÖSTERREICH e emitíronse novos billetes que os reproducían exactamente.[6][7]

Reselo DEUTSCHÖSTERREICH[editar | editar a fonte]

Billetes sobreestampados con «DEUTSCHÖSTERREICH »
Imaxes do anverso e do reverso Valor nominal Data da estampaxe (non expresa) Dimensións Deseñadores
1P049-1919-1 Krone.jpg 1 coroa 9 de xaneiro de 1920 113 × 68 mm Hans Schramm,

Rudolf Rössler,

Rudolf Junk

Raccolta di Carlo Bettanin, item 11.jpg 2 coroas 9 de xaneiro de 1920 125 × 83 mm Hans Schramm,Rudolf Rössler,Rudolf Junk
10Kr-1919.jpg 10 coroas 12 de marzo de 1920 150 × 80 mm Josef Pfeiffer
20Kr-II-1919.jpg 20 coroas 12 de marzo de 1920 150 × 90 mm Josef Pfeiffer
50Kr-1919.jpg 50 coroas 12 de marzo de 1920 160 × 100 mm Josef Pfeiffer
100Kr-1919.jpg 100 coroas 12 de marzo de 1920 163 × 108 mm Josef Pfeiffer
1000Kr-1919.jpg 1.000 coroas 12 de marzo de 1920 192 × 128 mm Rudolf Rössler,Heinrich Lefler
10000Kr-1919.jpg 10.000 coroas 1920 192 × 128 mm Rudolf Rössler,Heinrich Lefler

Reselo «Ausgegeben nach dem 4. Oktober 1920»[editar | editar a fonte]

A partir de 1920, apareceu nos billetes un novo reselo: «Ausgegeben nach dem 4. Oktober 1920» ("Expedido despois do 4 de outubro de 1920").[6][7]

Billetes sobreestampados con «Ausgegeben nach dem 4. Oktober 1920»
Imaxes do anverso e do reverso Valor nominal Data de estampaxe

(non expresa)

Dimensións Deseñadores
1Kr-1920.jpg 1 coroa 21 de outubro de 1920 113 × 68 mm Hans Schramm,

Rudolf Rössler,

Rudolf Junk

2Kr-1920.jpg 2 coroas 21 de outubro de 1920 125 × 83 mm Hans Schramm,

Rudolf Rössler,

Rudolf Junk

Light Grey Palette Graphic Created by Trisorn Triboon.jpg 10 coroas 21 de outubro de 1920 150 × 80 mm Josef Pfeiffer
Light Grey Palette Graphic Created by Trisorn Triboon.jpg 20 coroas 21 de outubro de 1920 150 × 90 mm Josef Pfeiffer
Light Grey Palette Graphic Created by Trisorn Triboon.jpg 50 coroas 21 de outubro de 1920 160 × 100 mm Josef Pfeiffer
Light Grey Palette Graphic Created by Trisorn Triboon.jpg 100 coroas 21 de outubro de 1920 163 × 108 mm Josef Pfeiffer
Light Grey Palette Graphic Created by Trisorn Triboon.jpg 1.000 coroas 21 de outubro de 1920 192 × 128 mm Rudolf Rössler,

Heinrich Lefler

Billetes propios a nome do Banco Austrohúngaro[editar | editar a fonte]

En 1922 introduciuse unha nova serie de billetes cun deseño completamente novo para cumprir o segundo paso do proceso, superando a fase da reestampaxe do circulante anterior. A serie contiña billetes cos seguintes valores: 1, 2, 10, 20, 100, 1.000, 5.000, 20.000, 100.000 e 500.000 coroas.[7][8]

Esta serie continuaba a ser emitida en nome do banco imperial (o Oesterreichisch-ungarische Bank), aínda que os billetes tiñan ambas as faces en lingua alemá (durante o imperio alternaban unha en alemán e outra en húngaro).[7]

Billetes a nome do Banco Austrohúngaro
Imaxes do anverso e do reverso Valor nominal Data de emisión Dimensións Deseñadores
1Krone-1922.jpg 1 coroa [9] 2 de xaneiro de 1922 76 × 56 mm Rudolf Junk
2Kronen-1922.jpg 2 coroas [10] 2 de xaneiro de 1922 82 × 60 mm Rudolf Junk, Rudolf Rössler
10Kronen-1922.jpg 10 coroas [11] 2 de xaneiro de 1922 94 × 70 mm Rudolf Junk, Rudolf Rössler
20Kronen-1922.jpg 20 coroas [12] 2 de xaneiro de 1922 100 × 74 mm Rudolf Junk, Rudolf Rössler
100koronAust-Weg1922.jpg 100 coroas [13] 2 de xaneiro de 1922 107 × 79 mm Rudolf Junk, Rudolf Rössler
1000Kronen-1922.jpg 1.000 coroas [14] 2 de xaneiro de 1922 116 × 86 mm Rudolf Junk, Rudolf Rössler
AUSTRIA - 5000 Krone (1922) obv+rev.jpg 5.000 coroas [15] 2 de xaneiro de 1922 193 × 106 mm Hans Schramm,

Rudolf Junk

50000Kronen-1922.jpg 50.000 coroas [16] 2 de xaneiro de 1922 193 × 106 mm Hans Schramm,

Rudolf Junk

100000Kr-1922.jpg 100.000 coroas [17] 2 de xaneiro de 1922 195 × 132 mm Hans Schramm,

Rudolf Junk

500000Kronen-1922.jpg 500.000 coroas [18] 20 de setembro de 1922 198 × 107 mm Karl Sterrer,

Rudolf Junk

Billetes do Banco Nacional de Austria[editar | editar a fonte]

En 1924 completouse a serie de valores anterior coa emisión de billetes de 10.000 coroas. A autoridade emisora deste billete xa non foi o banco imperial, senón o novo Banco Nacional Austríaco (Oesterreichische Nationalbank), que se acababa de crear.[19]

Tamén se considerou a emisión dun billete dun millón de coroas, do que se chegaron a imprimir probas, aínda que o proxecto non prosperou.[20]

O billete de 10.000 coroas foi o único emitido polo Banco Nacional de Austria, xa que, como paso definitivo para cumprir os acordos do Tratado de Saint-Germain-en-Laye, en 1925 abandonouse a moeda herdada do Imperio Austrohúngaro e introduciuse na súa substitución unha nova moeda nacional: o xilin austríaco.

Billetes do Banco Nacional de Austria
Imaxes do anverso e do reverso Valor nominal Data de emisión Dimensións Deseñador
10000Kr-1924.jpg 10.000 coroas [21] 2 de xaneiro de 1924 126 × 79 mm Rudolf Junk
1MioKronen-1924.jpg 1.000.000 coroas

(non emitido) [20]

1 de xullo de 1924 193 × 93 mm Rudolf Junk,Karl Sterrer

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cuhaj G. S. et al. (2011). Páxinas 123-124.
  2. "100 Kronen". Numista.
  3. "2 00 Kronen". Numista.
  4. "1000 kronen". Numista.
  5. "Treaty of Peace between the Allied and Associated Powers and Austria". Australian Treaty Series.
  6. 6,0 6,1 "Austria - Oesterreichisch-ungarische Bank".Banknotes.ws
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 "Liste der österreichischen Kronen-Banknoten". Austria-Forum.
  8. "Austria - Oesterreichische Nationalbank". Banknotes.ws
  9. "1 krone". Banknote.ws
  10. "2 kronen". Banknote.ws
  11. "10 kronen". Banknote.ws
  12. "20 kronen". Banknote.ws
  13. "100 kronen". Banknote.ws
  14. "1.000 kronen". Banknote.ws
  15. "5.000 kronen". Banknote.ws
  16. "50.000 kronen". Banknote.ws
  17. "100.000 kronen". Banknote.ws
  18. "500.000 kronen". Banknote.ws
  19. Cuhaj G. S. et al. (2008). Páxinas 89-92.
  20. 20,0 20,1 "1.000.000 kronen". Banknote.ws
  21. "10.000 kronen". Bannknote.ws

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]