Saltar ao contido

Ouro nórdico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moedas divisionarias do euro cuñadas en ouro nórdico.

Coñécese como ouro nórdico a aliaxe de cor dourada coa que se cuñan as moedas divisionarias do euro con valores faciais de 50 céntimos, 20 céntimos e 10 céntimos.[1][2] A súa composición é dun 89 % de cobre, 5 % de aluminio, 5 % de cinc e 1 % de estaño.[3][4][5]

Esta mesma aliaxe xa estivera en uso con anterioridade en Suecia, nas súas moedas de 5 coroas e de 10 coroas; de aí a orixe da denominación "ouro nórdico" (do sueco: nordiskt guld). Posteriormente, tamén se utilziou para as moedas polacas conmemorativas de 2 zloty.[6]

Malia o seu nome, non contén nada de ouro e a súa cor, aínda que semellante, é claramente diferenciable. É unha aliaxe resistente á corrosión, non alerxénica e con propiedades antifúnxicas.[7][8]

  1. "Euro coin alloy". Predecimal.com.
  2. "Elementos de seguridad". Banco Central Europeo.
  3. "Nordic Gold Arquivado 05 de maio de 2016 en Wayback Machine.". Notes on Metals. Melting Point and Density of Metals.
  4. "Nordisches Gold". En Lexikon Wissen.de.
  5. "Oro nórdico". En Alfaro Asins (2009).
  6. "Nordic Gold in our pockets". Scandinavian Copper Development Association.
  7. Quaranta, D. et al. "Mechanisms of Contact-Mediated Killing of Yeast Cells on Dry Metallic Copper Surfaces Arquivado 11 de setembro de 2018 en Wayback Machine.". En Applied and Environmental Microbiology. Xaneiro de 2011. 77 (2): 416-426.
  8. Ha, H. et al. "Tarnishing and Cu Ion release In Selected Copper-Base Alloys: Implications Towards Anti-Microbial Functionality". En 220th ECS Meeting. The Electrochemical Society. 2011.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]