Coroa (moeda)
- Para outros significados de "coroa", véxase a páxina de homónimos Coroa.
Coroa é a denominación que reciben distintos tipos de moeda de estados europeos, algunhas delas vixentes e outras correspondentes a outras épocas históricas, que orixinariamente foron creadas en períodos monárquicos, asociadas á simboloxía da coroa real.[1][2][3][4]
Coroa como unidade monetaria principal[editar | editar a fonte]
Coroas en vigor[editar | editar a fonte]
Estado | Moeda | Imaxe | Código ISO 4217 | Creación | Moeda anterior |
---|---|---|---|---|---|
![]() |
Coroa checa [5] (koruna) | ![]() |
CZK | 8 de febreiro de 1993 | Coroa checoslovaca |
![]() |
Coroa danesa [5] (krone) | DKK | 1 de xaneiro de 1873 | Rigsdaaler | |
![]() |
Coroa danesa / Coroa groenlandesa (koruuni) | ||||
![]() |
Coroa feroesa (króna) | ![]() |
FOK (DKK) | 31 de maio de 1940 | Coroa danesa |
![]() |
Coroa islandesa [5] (króna) | ![]() ![]() |
ISK | 1885 | Coroa danesa |
![]() |
Coroa norueguesa [5] (krone) | ![]() ![]() |
NOK | 1875 | Speciedaler |
![]() |
Coroa sueca [5] (krona) | ![]() |
SEK | 1873 | Riksdaler |
Coroas fóra de uso[editar | editar a fonte]
Estado | Moeda | Imaxe | Período | Moeda seguinte |
---|---|---|---|---|
![]() |
Coroa austríaca | ![]() |
1918-1925 | Substituída polo xilin austríaco. |
![]() |
Coroa austrohúngara | ![]() ![]() |
1892-1918 | Substituído pola coroa austríaca e a coroa húngara. |
![]() |
Coroa de Bohemia e Moravia | ![]() |
1939-1945 | Substituída pola coroa checa. |
![]() |
Coroa checoslovaca | ![]() |
1919-1939 e 1945-1993 | Substituída pola coroa checa e a Coroa eslovaca. |
![]() |
Coroa estoniana | ![]() |
1928-1940 e 1992-2011 | No medio usouse o rublo ruso. Substituída polo euro. |
![]() |
Coroa húngara | ![]() ![]() |
1920-1926 | Abandonada pola inflación. Substituída polo pengo. |
![]() |
Coroa eslovaca | ![]() |
1939-1945 e 1993-2008 | Substituída polo euro. |
Outras denominacións históricas[editar | editar a fonte]
Coroa británica: moeda do Reino Unido cuñada entre 1707 e 1965, co valor de cinco xilins ou a cuarta parte dunha libra, herdeira da anterior coroa inglesa, introducida en Inglaterra por Henrique VIII en 1526 co mesmo valor.[6]
Coroa castelá: denominación dada ao real de prata do Reino de Castela dos reinados de Pedro I e de Henrique II.[7]
Coroa escocesa (ou lion de ouro): moeda escocesa de ouro creada por Roberto III (1390-1406) co valor de 5 xillins ou un cuarto de libra escocesa.
Coroa francesa: moeda de ouro cuñada por primeira vez por Filipe VI de Francia en 1340.[8]
Coroa portuguesa: designación dada á moeda portuguesa de prata con valor facial de 1.000 reis, logo da decimalización, a partir de 1835, durante o reinado de María II. Tamén se coñeceu con este nome a moeda de ouro de 5.000 reis do mesmo período e outra posterior de 10.000 reis.[9]
Coroa de Fiume: unidade monetaria do Estado Libre de Fiume entre 1919 e 1920, herdeira da coroa austrohúngara.[10]
Coroa de Liechtenstein: unidade monetaria do Principado de Liechtenstein de 1898 a 1921.[11]
Coroa iugoslava: moeda provisional do Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos (Reino de Iugoslavia) entre 1919 e 1920, herdeira da coroa austrohúngara.[12]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Coroa 8, 9, 10". En Dicionario da Real Academia Galega.
- ↑ "Coroa 8, 9, 10". En Portal das Palabras.
- ↑ "Coroa 7, 8". En Digalego. Dicionario de galego.
- ↑ "Corona". En Alfaro Asins (2009).
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 "Coroa 8". En Digalego. Dicionario de galego.
- ↑ "Coroa 7-4". En Digalego. Dicionario de galego.
- ↑ "Coroa 7-7". En Digalego. Dicionario de galego.
- ↑ "Coroa 7-2". En Digalego. Dicionario de galego.
- ↑ "Coroa 7-6". En Digalego. Dicionario de galego.
- ↑ Emoroso, O. (2015). "Il caos valutario del periodo interalleato: dalla corona ungherese a quella fiumana". En FiumeFil. 29 de outubro.
- ↑ "Liechtenstein Currency". Mintage Woeld.
- ↑ "Yugoslavia banknotes". World Paper Money Catalog and History (ATSnotes.com)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7