Coroa de Bohemia e Moravia
A Coroa de Bohemia e Moravia foi a moeda oficial durante o establecemento do Protectorado de Bohemia e Moravia por parte da Alemaña Nazi, o cal estivo vixente dende o ano 1939 ó ano 1945, a coroa era tamén coñecida coma a Coroa do Protectorado (en checo: Protektorátní koruna), que estaba subdividida en 100 haléřů.
Moedas
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Moedas de Bohemia e Moravia.
No que se refire as moedas, estas foron acuñadas entre os anos 1940-1944, cuns valores de 10, 20, 50 haleru e 1 koruna, esta última comezouse a acuñar a partir do ano 1941 ata o 1944. Estaban feitas totalmente de cinc, de xeito semellante a outras moedas acuñadas nos territorios ocupados polo réxime nazi. Os deseños dos reversos eran moi semellantes ós das moedas checas previas.
Billetes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Billetes de Bohemia e Moravia.
Os billetes da R. de Checoslovaquia de 1 e 5 korun foron selados cun cuño do protectorado e a partir do 9 de febreiro de 1940 comezaría a emisión de billetes ordinarios.[1] Despois do selado inicial, o goberno fixo tiradas regulares de 1, 5, 50 e 100 korun no ano 1940, 10 korun no 1942, e 20 e 50 korun en 1944. O Nationalbank für Böhmen und Mähren en Praga (Banco Nacional de Bohemia e Moravia en Praga) introduciu billetes de 500 e 1.000 korun no ano 1942, e xa no ano 1943 introduciría billetes checoslovacos de 5.000 korun sobreimpresos. A partir de 1944, o Banco Nacional imprimiría billetes ordinarios de 5.000 korun.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Linzmayer, Owen (2011). "Bohemia and Moravia". En BanknoteNews.com. The Banknote Book. San Francisco, CA. Consultado o 2011-08-21.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cuhaj, George S. (2010). Krause Publications, ed. Paper Money General Issues 1368-1960 (13 ed.). ISBN 978-1-4402-1293-2.[Ligazón morta]
- Krause, Chester L. e Mishler, C. (1991). Krause Publications, ed. Standard Catalog of World Coins: 1801–1991 (18th ed.). ISBN 0873411501.
- Pick, Albert (1994). Krause Publications, ed. Standard Catalog of World Paper Money: General Issues. Colin R. Bruce II and Neil Shafer (editors) (7th ed.). ISBN 0-87341-207-9.
- George Cuhaj (2011). Krause Publications, ed. 2012 Standard Catalog of World Coins 1901-2000, 39th Edition (pdf). ISBN 978-1-4402-1572-8.