Cuproníquel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moeda de 5 francos suízos, cuñada en cuproníquel.

O cuproníquel é unha aliaxe de cobre e níquel,[1] propulsores, cegoñais e cascos de remolcadores e barcos de pesca, entre outros. que pode tamén incorporar outros metais como ferro e manganeso.

Este metal pesado non ferroso no se corroe en áugoa de mar, xa que o seu potencial de eléctrodo é neutro con respecto á auga mariña. Debido a isto utilízase para tubaxes, intercambiadores de calor, aparatos de destilación e condensadores nos sistemas de auga de mar, así como para diversas ferramentas de uso mariño. Ás veces tamén se utiliza para propulsores, cegoñais e cascos de remolcadores e barcos de pesca, entre outros.

Pero o uso máis común desta aliaxe é para a cuñación de moitas moedas de circulación modernas de cor prateada, como as moedas de peso mexicano de $10, ou as do franco suízo (excepto a de 5 céntimos), o interior da moeda de 1 euro e o exterior da de dous euros, ou a moeda de US$ 0,05 (moeda de 5 centavos ou Nickel) do dólar de Estados Unidos.

A composición típica é de 75 % de cobre e 25 % de níquel, cunha cantidade mínima de manganeso.

No pasado, as moedas de prata foron substituídas polas de cuproníquel, por ser este metal moito máis económico que o níquel puro. A pesar de conter unha gran cantidade de cobre, a cor do cuproníquel é similar á da prata.

Cando se utiliza en termopares e resistores, o contido da aliaxe cambia: un 45 % de cobre e un 55 % de níquel.

Por outro lado, o monel é unha aliaxe de cobre e níquel que contén un 63 % do segundo.

Outros nomes[editar | editar a fonte]

Á parte de cuproníquel, existen moitos outros termos que describen o mesmo material, ou materiais moi semellantes. Rexistradas como nomes comerciais encontramos alpaca, Argentan Minargent e o termo francés Cuivre blanc. En certos lugares, o cuproníquel tamén se coñece como hotel silver, prata alemá, german silver e chinese silver.

Historia[editar | editar a fonte]

A tecnoloxía da aliaxe do cuproníquel foi xa utilizada polos chineses desde o século III a. C., baixo o nome de cobre branco (algunhas armas da época dos reinos combatentes estaban construídas con este material).

Os reis Agátocles de Siracusa (361 a.C. — 289 a.C.) e Pantaleón (ca. 190 a 180 a.C.) foron os primeiros no mundo en cuñar moedas de cuproníquel, posibelmente debido aos intercambios técnicos que se estableceran daquela entre a China e a rexión da Bactriana. A práctica de exportar os metais chineses, particularmente ferro, para o comercio, testemúñase ao redor dese período.

Desde aquela, o cuproníquel non foi utilizado para cuñar moedas outra vez até o século XVIII.

O cuproníquel é o revestimento de calquera moeda de medio dólar de Estados Unidos (50 ¢) cuñadas desde 1971, e de todos os cuartos de dólar (25 ¢) e as moedas de dez centavos (10 ¢) feitas despois de 1965. Actualmente algunhas moedas, como as de 5 centavos estadounidenses, ou todas las moedas de Suíza excepto a de 5 Rappen, e as moedas de 5, 10, 20 e 50 peniques británicas, están cuñadas en cuproníquel.

No século XX, os chalecos antibalas fixéronse comunmente con este material. Pero axiña foi substituído polo bronce porque ensuciaba.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. cuproníquel no dicionario da RAG.