República Socialista Soviética de Estonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRepública Socialista Soviética de Estonia
Eesti Nõukogude Sotsialistlik Vabariik (et) Editar o valor em Wikidata

HimnoHino da República Socialista Soviética da Estónia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Lema«Proletarios de todos os países» Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 59°25′00″N 24°45′00″L / 59.4167, 24.75Coordenadas: 59°25′00″N 24°45′00″L / 59.4167, 24.75
Estado desaparecidoUnión Soviética Editar o valor em Wikidata
CapitalTalín Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Abja District (en) Traducir (1950–1952)
Elva District (en) Traducir (1950–1952)
Harju Raion (en) Traducir (1950–1952) Editar o valor em Wikidata../... 42+
Poboación
Poboación1.565.000 Editar o valor em Wikidata
Lingua usadalingua estoniana
lingua rusa Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación21 de xullo de 1940 Editar o valor em Wikidata
Disolución20 de agosto de 1991 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porEstonian restoration of Independence (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública soviética Editar o valor em Wikidata
• Q109937335 Traducir Editar o valor em WikidataArnold Rüütel (1990–) Editar o valor em Wikidata
Órgano executivoCouncil of Ministers of Estonian SSR (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Q18623048 Traducir Editar o valor em WikidataJohannes Lauristin (pt) Traducir (1940–1941)
Oskar Sepre (en) Traducir (1942–1944)
Arnold Veimer (pt) Traducir (1944–1946)
Arnold Veimer (pt) Traducir (1946–1951)
Aleksei Müürisepp (1951–1961)
Valter Klauson (pt) Traducir (1961–1984)
Bruno Saul (pt) Traducir (1984–1988)
Indrek Toome (pt) Traducir (1988–1990)
Edgar Savisaar (pt) Traducir (1990–1990) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoSupreme Soviet of the Estonian Soviet Socialist Republic (en) Traducir , Editar o valor em Wikidata
MoedaRublo soviético Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

A República Socialista Soviética de Estonia (en estoniano: Eesti Nõukogude Sotsialistlik Vabariik; en ruso: Эстонская Советская Социалистическая Республика, transl. Estonskaya Sovetskaya Sotsalisticheskaya Respublika), tamén coñecida como a RSS de Estonia, foi unha das repúblicas que compoñían a antiga Unión Soviética. Refírese a un estado monicreque soviético de curta vida[1][2] proclamado o 21 de xullo de 1940 logo da invasión e ocupación da República de Estonia pola URSS, e en consecuencia á república constituínte da URSS que a sucedeu logo da súa anexión entre 1940 e 1941, e entre 1944 e 1991. O territorio de Estonia estivo ocupado polos nazis entre 1941 e 1944 (vexa Ocupación de Estonia pola Alemaña Nazi).

Símbolos da RSS de Estonia[editar | editar a fonte]

Proporcións: 1:2

A bandeira da RSS de Estonia foi adoptada o 6 de febreiro de 1953. Era unha bandeira vermella, ao estilo das demais bandeiras soviéticas, co fouce e martelo en ouro, e enriba unha estrela vermella cos contornos en ouro. Na metade inferior da bandeira aparecen unhas ondas de mar en púrpura e coas cristas brancas.

Antes disto, a bandeira era vermella co fouce e martelo en dourado no curruncho superior esquerdo. Enriba dos símbolos comunistas aparecían en dourado os caracteres latinos ENSV (Eesti Nõukogude Sotsialistlik Vabariik).

Escudo de armas da RSS de Estonia

O escudo de armas da RSS de Estonia foi adoptado en 1940 polo goberno. Amosa un amencer acentuado por raios de sol, o fouc e martelo pola vitoria do comunismo e a "comunidade mundial de estados socialistas", e a estrela vermella para simbolizar a adhesión ao comunismo.

Na parte baixa do texto sobre a banda pódese ler, en lingua estoniana, Eesti NSV (por Eesti Nõukogude Sotsialistlik Vabariik, República Socialista Soviética de Estonia). Á dereita, talos de trigo rodean o centro do escudo de armas, e á esquerda unha póla de conífera.

A banda ten o lema nacional da URSS ("Proletarios de tódolos países, unídevos!") tanto en estoniana (Kõigi maade proletaarlased, ühinege!) e rusa (Пролетарии всех стран, соединяйтесь!).

Historia[editar | editar a fonte]

Ocupación soviética de 1940[editar | editar a fonte]

O destino da República de Estonia antes da segunda guerra mundial decidiuse polo Pacto de Non Agresión Xermano-Soviético e polo Protocolo Segredo Adicional de agosto de 1939.

O 24 de setembro de 1939 apareceron barcos de guerra soviéticos nos portos estonianos e bombardeiros soviéticos comezaron a patrullar de xeito ameazador sobre Tallinn e os arredores.[3] Moscova esixiu que Estonia permitise á URSS establecer bases militares e despregar 25,000 efectivos en chan estoniano mentres durase a guerra en Europa.[4] O goberno de Estonia aceptou o ultimato asinando o correspondente acordo o 28 de setembro de 1939.

O 12 de xuño de 1940, segundo o director do Arquivo de Estado Ruso do Departamento Naval Pavel Petrov (C.Phil.), foi dada a orde á Frota Báltica Soviética de que Estonia fose bloqueada militarmente.[5][6]

O 14 de xuño o bloqueo militar soviético de Estonia converteuse nun feito mentres a atención do mundo dirixíase cara a caída de París en mans da Alemaña nazi o día anterior. Dous avións soviéticos derribaron ao avión de pasaxeiros finés "Kaleva" que voaba dende Tallinn a Helsinqui levando tres sacas de correos diplomáticas das delegacións dos EEUU en Tallinn, Riga e Helsinqui.[7]

O 16 de xuño, a Unión Soviética invadiu Estonia.[8] A Unión Soviética presentou un ultimato, demandando a substitución do goberno estoniano e acceso libre para as tropas soviéticas. O Exército Vermello emerxeu das bases militares en Estonia e, axudado por 90,000 efectivos soviéticos adicionais, tomou o país, ocupando os territorios da República de Estonia,[9],[10] e organizando e apoiando protestas comunistas en todo o país.[11]

O 17 de xuño, o día en que Francia rendiuse a Alemaña, Estonia aceptou o ultimato. O goberno estoniano decidiu de acordo co Pacto Kellogg-Briand non defenderse; dada a atafegante forza soviética tanto nas fronteiras como dentro do país, a orde foi de non resistir, para evitar o derramamento de sangue e a guerra aberta.[12]

A maioría das Forzas de Defensa Estonias e a Liga de Defensa Estonia rendéronse de acordo coas ores e foron desarmadas polo Exército Vermello. Tan só o Batallón Independente de Sinais Estoniano estacionado en Tallinn, na rúa Raua, amosou resistencia. Cando o Exército Vermello introduciu como apoio seis vehículos blindados de combate, a batalla durou varias horas até o solpor. Houbo un morto e varios feridos no lado estoniano, e dez mortos e máis feridos no loado soviético. Finalmente púxose fin á resistencia militar con negociacións e o Batallón Independente de Sinais rendiuse e foi desarmado.[13]

O 21 de xuño de 1940, a ocupación soviética da República de Estonia era completa.[14] A Bandeira de Estonia foi substituída por unha bandeira vermella na torre de Pikk Hermann.

O 21 de xuño o Presidente Konstantin Päts (deportado a Ufa o 30 de xullo e máis tarde arrestado) formou un novo goberno baixo o Primeiro Ministro Johannes Vares.

Entre o 14 e o 15 de xullo celebráronse unhas eleccións parlamentarias monopartidistas onde tódolos candidatos anticomunistas foron prohibidos. A xente foi forzada a votar baixo o medo de persecución, e aqueles que non o fixeron foron máis tarde arrestados acusados de traizón e executados.[15] Foron establecidos tribunais para castigar aos "traidores ao pobo", aqueles que non cumpriran co "deber político" de votar para que Estonia entrase na URSS. A comunista "Unión do Pobo Traballador Estoniano" acadou unha maioría absoluta de escanos. O 21 de xullo o parlamento (Riigivolikogu) proclamou a creación da República Socialista Soviética de Estonia, e, a pesar das promesas dadas antes das eleccións, pediu a unión á Unión Soviética o 22 de xullo. En resposta a RSS de Estonia foi formalmente incorporada á Unión Soviética o 6 de agosto de 1940, e especialmente converteuse na décimo sexta república constituínte da URSS. O 16 de xullo de 1956, a RSS Carelo-Finesa foi degradada á República Socialista Soviética Autónoma de Carelia; dende ese momento até 1991, a RSS de Estonia foi considerada a décimo quinta república constituínte.

Segundo fontes occidentais e estonianas a República de Estonia foi ocupada pola Unión Soviética en xuño de 1940,[9][16][17][18] e incorporada forzosamente á URSS como resultado dun golpe de estado comunista apoiado por tropas soviéticas.[19] Os Estados Unidos, Reino Unido e outras potencias occidentais consideraron á anexión de Estonia pola URSS ilegal seguindo a Doutrina Stimson — postura que fixo da doutrina un precedente establecido da legalidade internacional.[20] Malia que os Estados Unidos e o Reino Unido, aliados da URSS contra Alemaña durante a segunda guerra mundial, recoñeceron de facto a ocupación das repúblicas bálticas pola URSS na Conferencia de Ialta en 1945, mantiveron relacións diplomáticas cos representantes exiliados da independente República de Estonia,[21] e nunca recoñeceron xuridicamente a anexión da República de Estonia.[21][22]

O goberno ruso continúa a manter, porén, que a anexión soviética de Estonia foi lexítima[23]

O terror soviético[editar | editar a fonte]

As autoridades soviéticas, tendo gañado o control de Estonia, inmediatamente impuxeron o seu sistema e réxime. Foi dada a Orde № 001223 "Sobre o procedemento para levar a cabo a deportación dos elementos antisoviéticos de Lituania, Letonia e Estonia".

Durante o primeiro ano da ocupación soviética (1940-1941), máis de 8,000 persoas, incluíndo a maioría dos líderes políticos do país e dos oficiais militares, foron arrestados. Arredor de 2,200 dos arrestados foron executados en Estonia, mentres moitos dos outros foron levados a campos de concentración en Rusia, dende onde moi poucos puideron volver vivos máis tarde.

O 19 de xullo de 1940, o Comandante en xefe do Exército Estoniano Johan Laidoner foi capturado pola NKVD e deportado xunto coa súa muller ao pobo de Penza. Laidoner morreu no Campo de Prisioneiros Vladimir, en Rusia, o 13 de marzo de 1953.[24] O Presidente de Estonia, Konstantin Päts, foi arrestado e deportado polos soviéticos a Ufa (Rusia) o 30 de xullo, morreu nun hospital psiquiátrico en Kalinin (actualmente Tver) en Rusia en 1956.

800 oficiais estonianos, aproximadamente a metade do total, foron executados, arrestados ou mortos de fame nos campos de prisioneiros.

A ocupación nazi: 1941-1944[editar | editar a fonte]

Logo de que a Alemaña Nazi invadise a Unión Soviética o 22 de xuño de 1941, a Wehrmacht ocupou Estonia en xullo de 1941. Malia que os alemáns foron percibidos ao comezo como liberadores da URSS e da súa represión por moitos estonianos que esperaban a restauración da independencia do seu país, viuse pronto que eran outro poder de ocupación. Os alemáns saquearon o país no esforzo da guerra e desencadearon o Holocausto. Estonia foi incorporada á provincia alemá de Ostland.

A ocupación soviética: 1944-1991[editar | editar a fonte]

As forzas soviéticas volveron a ocupar Estonia no outono de 1944 logo de feroces batallas no nordés do país, no río Narva e na liña Tannenberg (Sinimäed). En 1944, atopándose co país sendo reocupado polo exército soviético, 80,000 persoas fuxiron de Estonia por mar a Finlandia e Suecia. 25,000 estonianos chegaron a Suecia e máis de 42,000 a Alemaña. Durante a guerra arredor de 8,000 sueco-estonianos e os membros das súas familias emigraron a Suecia . Logo da retirada dos alemáns, arredor de 30,000 partisanos permaneceron ocultos nos bosques estonianos, iniciando unha masiva guerra de guerrillas.

En 1945 algúns territorios do leste de Estonia cos pobos de Jaanilinn e Petseri foron transferidos á RSFS de Rusia.

En 1949 27,650 tropas soviéticas estaban aínda a loitar contra a guerrilla estoniana dos "irmáns do bosque". A deportación masiva de 1949, cando arredor de 21,000 persoas foron levadas de Estonia, creboulle as costas ao movemento partisano. 6,600 partisanos entregáronse en novembro de 1949. Máis tarde, o fracaso do levantamento húngaro crebou a moral de 700 homes que aínda permanecían nos bosques. Segundo datos soviéticos, até 1953 caeron 20,351 partisanos. Destes, 1,510 finaron en batalla. Durante ese período, 1,728 membros do Exército Vermello, NKVD e a milicia foron derribados polos "irmáns do bosque". August Sabbe, o derradeiro supervivente deles en Estonia, foi descuberto e asasinado[25] por axentes da KGB en 1978.

Cambios de fronteira de Estonia logo da segunda guerra mundial.

Durante a primeira década baixo dominio soviético logo da guerra, Estonia era gobernada dende Moscova a través de gobernadores estonianos nados en Rusia. Nados nas familias de estonianos étnicos en Rusia, recibiran a súa educación na Unión Soviética durante a administración estalinista e finais dos anos trinta. Moitos deles pelexaran no Exército Vermello, e algúns deles dominaban a lingua estoniana.[26]

Malia que os Estados Unidos e o Reino Unido, aliados da URSS contra Alemaña durante a segunda guerra mundial, recoñeceron de facto a ocupación da República de Estonia pola URSS na Conferencia de Ialta en 1945, os gobernos do resto dos países democráticos non recoñeceron xuridicamente a anexión de Estonia pola URSS, nin en 1940 nin en 1944 de jure de acordo coa declaración de Sumner Welles do 23 de xullo de 1940.[27][28][29] Varios países recoñeceron a diplomáticos estonianos que funcionaron en moitos países no nome do seu anterior goberno. Estes cónsules persistiron nesta anómala situación até a derradeira restauración da independencia de Estonia en 1991.[30]

A primeira composición parlamentaria libremente elixida durante a era soviética en Estonia aprobou as resolucións de independencia o 8 de maio de 1990, e renomeou á RSS de Estonia a República de Estonia. O 20 de agosto de 1991, o parlamento estoniano emitiu a Declaración de Independencia da Unión Soviética. O 6 de setembro de 1991, o Concilio Supremo da URSS recoñeceu a independencia de Estonia,[31] inmediatamente seguida polos recoñecementos internacionais da República de Estonia.

En 1992, Heinrich Mark, o Primeiro Ministro da República de Estonia no exilio,[32] presentou as súas credenciais ao novo Presidente de Estonia electo, Lennart Meri. O 23 de febreiro de 1989 a bandeira da RSS de Estonia foi arriada en Pikk Hermann, e substituída pola bandeira de Estonia azul, branca e negra, o 24 de febreiro de 1989.

As derradeiras tropas soviéticas marcharon de Estonia en agosto de 1994.[33]

Notas e referencias[editar | editar a fonte]

  1. The Baltic States: Estonia, Latvia and Lithuania (Postcommunist States and Nations) David J. Smith from Front Matter ISBN 0415285801
  2. Estonia: Identity and Independence: Jean-Jacques Subrenat, David Cousins, Alexander Harding, Richard C. Waterhouse on Page 246. ISBN 9042008903
  3. Moscow's Week Arquivado 29 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine. at Time Magazine on Monday, October 9 1939
  4. The Baltic States: Estonia, Latvia and Lithuania by David J. Smith, Page 24, ISBN 0-415-28580-1
  5. [1] Arquivado 21 de agosto de 2009 en Wayback Machine. Pavel Petrov] at Finnish Defence Forces home page
  6. documents published Arquivado 05 de febreiro de 2008 en Wayback Machine. from the State Archive of the Russian Navy
  7. The Last Flight from Tallinn at American Foreign Service Association
  8. Five Years of Dates Arquivado 22 de agosto de 2013 en Wayback Machine. at Time magazine on Monday, Jun. 24, 1940
  9. 9,0 9,1 The World Book Encyclopedia ISBN 0716601036
  10. The History of the Baltic States by Kevin O'Connor ISBN 0313323550
  11. Estonia: Identity and Independence by Jean-Jacques Subrenat, David Cousins, Alexander Harding, Richard C. Waterhouse ISBN 9042008903
  12. The Baltic States: Estonia, Latvia and Lithuania by David J. Smith p.19 ISBN 0-415-28580-1
  13. 51 years from the Raua Street Battle at Estonian Defence Forces Home Page
  14. Estonia: Identity and Independence by Jean-Jacques Subrenat, David Cousins, Alexander Harding, Richard C. Waterhouse ISBN 90-420-0890-3
  15. Justice in The Baltic Arquivado 22 de agosto de 2013 en Wayback Machine. at Time magazine on Monday, Aug. 19, 1940
  16. Soviet occupation of Estonia Arquivado 14 de novembro de 2007 en Wayback Machine. at Time Magazine on Monday, Jul. 01, 1940
  17. The History of the Baltic States by Kevin O'Connor ISBN 0313323550
  18. Estonian Ministry of Foreign Affairs: Molotovi-Ribbentropi pakt ja selle tagajärjed Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
  19. Estonia: Identity and Independence by Jean-Jacques Subrenat, David Cousins, Alexander Harding, Richard C. Waterhouse ISBN 9042008903
  20. Vitas, Robert A. (1990). The United States and Lithuania. The Stimson Doctrine of Nonrecognition. N.Y.: Praeger. ISBN 0-275-93412-8.
  21. 21,0 21,1 Mälksoo, Lauri (2000). Professor Uluots, the Estonian Government in Exile and the Continuity of the Republic of Estonia in International Law. Nordic Journal of International Law 69.3, 289-316.
  22. European Parliament (13 de xaneiro de 1983). "Resolution on the situation in Estonia, Latvia, Lithuania". Official Journal of the European Communities. C 42/78.  "whereas the Soviet annexias of the three Baltic States still has not been formally recognized by most European States and the USA, Canada, the United Kingdom, Australia and the Vatican still adhere to the concept of the Baltic States".
  23. Russia denies Baltic 'occupation' by BBC News
  24. General Johan Laidoner Arquivado 18 de xullo de 2007 en Wayback Machine. at The Estonian War Museum
  25. Laar, Mart. War in the Woods: Estonia's Struggle for Survival, 1944-1956. ISBN 0-929590-08-2
  26. Biographical Research in Eastern Europe: Altered Lives and Broken Biographies. Humphrey, Miller, Zdravomyslova ISBN 0-7546-1657-6
  27. Daniel Fried, Assistant Secretary of State at U.S Department of State
  28. The Baltic States and their Region: New Europe or Old? by David J. Smith on Page 48 ISBN 90-420-1666-3
  29. Post-Cold War Identity Politics: Northern and Baltic Experiences by Marko Lehti on Page 272: Soviet occupation in Baltic countries - a position supported by the fact that an overwhelming majority of states never recognized the 1940 incorporation de jure. ISBN 0-7146-8351-5
  30. Diplomats Without a Country: Baltic Diplomacy, International Law, and the Cold War by James T. McHugh , James S. Pacy, Page 2. ISBN 0-313-31878-6
  31. The Rise and Fall of the Soviet Union: 1917-1991 (Sources in History) Richard Sakwa Page 248, ISBN 0415122902
  32. Heinrich Mark Arquivado 14 de novembro de 2007 en Wayback Machine. at president.ee
  33. Baltic Military District globalsecurity.org