Core (lúa)
Core (ou en grego Κόρη), tamén coñecida coma Xúpiter XLIX, é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta por un grupo de astrónomos da Universidade de Hawaii encabezado por Scott S. Sheppard no ano 2003, e recibiu a designación temporal S/2003 J 14.[1][2]
Core ten uns 2 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 23,239 millóns de kms, tarda 723,720 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 141° con respecto á eclíptica (139° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,2462. Esta lúa pertence ó grupo de satélites Pasifae, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 22,8 a 24,1 millóns de kms, con inclinacións de entre 144,5° e 158,3°.
Recibiu oficialmente o seu nome en abril do ano 2007, Core é outro dos nomes polo cal era coñecida Perséfone, filla de Deméter e Zeus.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IAUC 8116: Satellites of Jupiter and Saturn Arquivado 05 de maio de 2006 en Wayback Machine. abril do 2003 (descubrimento)
- ↑ MPEC 2003-G10: S/2003 J 14 abril do 2003 (descubrimento e efemérides)
- ↑ IAUC 8826: Satellites of Jupiter and Saturn 5 de abril de 2007 (bautizando a lúa)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]