Lista de siglas e acrónimos de alimentación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na seguinte lista de siglas e acrónimos de alimentación incluiranse os seguintes:

  • Termos relacionados cos alimentos e os seus compoñentes ou principios inmediatos.
  • Termos relacionados coa industria alimentaria e a presentación e comercialización de alimentos.
  • Termos relacionados coa nutrición e máis os trastornos ou patoloxías derivadas dunha alimentación deficiente.
  • Termos identificativos de organismos, oficiais ou non, nacionais ou internacionais, dedicados específica ou fundamentalmente á alimentación.

A[editar | editar a fonte]

  • AAO: Axencia para o Aceite de Oliva, axencia adscrita ó Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, especializada na axuda e promoción do sector da oliveira, as olivas e o aceite de oliva [1].
  • AESAN: Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición, organismo autónomo creado en 2001, baixo o nome de Axencia Española de Seguridade Alimentaria, que ten como función garanti-lo máis alto grao de seguridade dos alimentos e promove-la saúde dos cidadáns [2].
  • APPCC: Análise de perigos e puntos de control crítico, sistema de seguridade alimentaria que deben instaura-las empresas alimentarias para controlar e preve-los posibles perigos sanitarios que se poidan presentar na súa actividade.
  • ARCPC (ou ARYCPC): Análise de riscos e control de puntos críticos, denominación xa anticuada do que hoxe coñecemos como Análise de perigos e puntos de control crítico (ver APPCC).
  • ASF: Autorización sanitaria de funcionamento, rexistro no que as autoridades sanitarias inscriben os establecementos de alimentación que non necesiten dispor de número de rexistro sanitario (ver NRS), é dicir, establecementos de restauración ou de comercio minorista de alimentación.
  • ASP: Amnesic Shellfish Poisoning, toxina amnésica, que pode estar presente nos moluscos bivalvos e provoca-la intoxicación dos consumidores.
  • ATISAE: Asistencia Técnica Industrial, S.A.E., empresa independente que controla e certifica instalacións industriais. En relación cos alimentos, certifica industrias e vehículos que transportan alimentos [www.atisae.com].
  • ATP: adenosín trifosfato, composto químico formado durante o metabolismo dos alimentos cuxa función é o almacenamento de enerxía, que será utilizada posteriormente nos diferentes traballos celulares.

B[editar | editar a fonte]

C[editar | editar a fonte]

  • CAE: Código Alimentario Español, norma legal publicada en 1967 que unificaba a definición, clasificación e condicións de elaboración e comercialización dos alimentos e materiais en contacto cos mesmos. A actual lexislación alimentaria rematou por derroga-la maior parte do seu articulado.
  • CDR: cantidade diaria recomendada, a cantidade que se debe inxerir diariamente dun determinado nutriente para satisface-las necesidades mínimas do consumidor medio. Por veces determínase en función da idade, sexo ou de certas necesidades específicas (xestación, lactación, traballo intenso etc.).

D[editar | editar a fonte]

  • DDD: desinfección, desinsectación e desratización, programa de loita que instauran as empresas alimentarias contra a contaminación microbiolóxica e a presenza de pragas de insectos ou roedores nas súas instalacións.
  • DHA: ácido docosahexaenoico, ácido graxo poliinsaturado do grupo dos omega 3, inxerido principalmente a través da graxa do peixe.
  • DO: Denominación de Orixe, marca de calidade agroalimentaria utilizada en España para recoñecer que un determinado alimento é dunha calidade superior ós seus homónimos por posuír características propias e diferenciais, debidas ó medio xeográfico do que procede a materia prima e ó proceso de elaboración, e que foron fabricados ou transformados no ámbito xeográfico da denominación. Por exemplo, queixo de Tetilla, viño Rías Baixas ou Mexillón de Galicia. Algúns destes alimentos son recoñecidos a nivel da Unión Europea, baixo o selo de Denominación de Orixe Protexida.
  • DOP: Denominación de Orixe Protexida (ver DO).
  • DSP: Toxina diarreica dos moluscos (Diarrhoeic Sellfish Poisoning), toxina que pode estar presente nos moluscos bivalvos e provocar trastornos diarreicos ou entéricos nos consumidores.

E[editar | editar a fonte]

  • e: símbolo que aparece nalgunhas etiquetas de alimentos envasados, a continuación da cantidade que indica o peso ou volume do envase. Expresa o contido efectivo medido en condicións fixas e cunha marxe de erro máximo determinada.
  • E: código internacional para identifica-los aditivos alimentarios mediante un número ou clave que designa cada un deles.
  • EEB: encefalopatía esponxiforme bovina, enfermidade propia do gando vacún, caracterizada por dexeneración do sistema nervioso, transmisible ó home no que produce a denominada variante da enfermidade de Creutzfeldt-Jakob.
  • EFSA: European Food Safety Authority, Axencia Europea de Seguridade Alimentaria, organismo da Unión Europea responsable de defini-los principios e requisitos relacionados coa seguridade alimentaria nos países membros [4].
  • EOA: enfermidade de orixe alimentaria, denominación común ás enfermidades transmitidas por alimentos que afectan a persoas que teñen en común ter consumido un mesmo alimento e que cursan dunha forma colectiva e simultánea, con síntomas dixestivos, habitualmente.
  • EPA: ácido eicosapentanoico, ácido graxo poliinsaturado do grupo dos omega 3, inxerido principalmente a través da graxa do peixe.
  • ETA: enfermidade de transmisión alimentaria. Ver EOA.

F[editar | editar a fonte]

  • FAO: Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación, organismo internacional que coordina as actividades internacionais dirixidas a incrementa-la produción de alimentos e á erradicación da fame [5].
  • FDA: Food and Drug Administration, axencia para os alimentos e medicamentos, organismo gobernamental americano responsable da autorización e control destes produtos tanto estean destinados a consumo humano como ó consumo animal [6].
  • FIFO: First In, First Out, o primeiro en entrar ó o primeiro en saír, sistema de rotación de recursos (na industria alimentaria e noutros moitos sistemas de xestión) baseado en utilizar en primeiro lugar aquelas materias primas recibidas con maior antigüidade, co que se evita o perigo de empregar produtos caducados ou próximos á data de caducidade.
  • FOS: frutooligosacáridos, certos carbohidratos presentes nos alimentos de orixe vexetal. Os principais son a oligofrutosa e a inulina.
  • FROM: Fondo de Regulación e Organización do Mercado dos Produtos da Pesca e Cultivos Mariños, organismo Autónomo, adscrito ó Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, co obxectivo de deseñar e desenvolver programas e accións dirixidas a promociona-lo consumo de produtos pesqueiros e dirixi-lo seu mercado [7].
  • FUFOSE: Functional Food Science in Europe, Comisión sobre a Ciencia dos Alimentos Funcionais en Europa. Ten como obxectivo desenvolver e establecer criterios científicos para respalda-la venda dos alimentos considerados funcionais [8].

G[editar | editar a fonte]

  • GMO: Genetically Modified Organism, organismo modificado xeneticamente. Ver OMG.
  • GPCH: Guía de prácticas correctas de hixiene, documento polo que unha empresa alimentaria controla e prevé os posibles perigos sanitarios que se poidan presentar na súa actividade. Pode completar ou substituí-lo sistema APPCC, segundo a actividade, riscos ou tamaño da empresa.

H[editar | editar a fonte]

I[editar | editar a fonte]

  • IDA: inxesta diaria admisible, referida a aditivos alimentarios e substancias contaminantes, é a cantidade máxima que o consumidor medio podería inxerir diariamente durante toda a súa vida sen risco apreciable para a súa saúde. Estúdase en relación coa idade, sexo e peso corporal.
  • IFS: Food Safety Initiative, estándar de calidade e seguridade alimentaria establecido ós seus provedores polas grandes cadeas de distribución francesas e alemás, principalmente. Véxase tamén BRC.
  • IMC: índice de masa corporal, cálculo que permite avaliar dunha forma obxectiva se o peso dunha persoa é normal ou indica sobrepeso ou obesidade. Calcúlase dividindo o peso polo cadrado da estatura en centímetros.
  • Intecmar: Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, centro dependente da Consellería de Pesca que estuda o estado e evolución da contaminación química e microbiolóxica das augas galegas, así como a presenza das biotoxinas mariñas [9].
  • IQF: Individual Quick Freezing, ultraconxelación individual, sistema de conxelación rápida que mantén as pezas separadas impedindo que os produtos así tratados formen un bloque compactado pola auga xeada.
  • ISO: International Organisation for Standardisation, organización internacional para a estandarización de procesos ou produtos de toda índole. Interésanos, pola súa relación coa alimentación a norma ISO 22000, publicada en 2005, que establece o Sistema de xestión en materia de seguridade alimentaria.
  • IX: Indicación Xeográfica, marca de calidade semellante á Denominación de Orixe (ver DO), para aqueles alimentos que posúen algunha calidade determinada ou reputación ou outra característica atribuíble á propia orixe xeográfica. Así mesmo, deberán estar fabricados ou transformados no ámbito xeográfico da denominación. Por exemplo, Ternera Galega, Pataca de Galicia ou Lacón Galego. Algúns destes alimentos son recoñecidos a nivel da Unión Europea, baixo o selo de Indicación Xeográfica Protexida (IXP).
  • IXP: Indicación Xeográfica Protexida (ver IX).

J[editar | editar a fonte]

  • JEFCA: Joint FAO/WHO Expert Committee on Food Additives, Comité Mixto FAO/OMS de Expertos en Aditivos Alimentarios, comité científico internacional dependente da FAO e da OMS, que ten como función avalia-la inocuidade dos aditivos alimentarios e os límites máximos admisibles de contaminantes ou de residuos de medicamentos veterinarios presentes nos alimentos [10].

L[editar | editar a fonte]

  • L: Lote, código numérico ou alfanumérico co que o fabricante identifica unha partida de alimentos fabricada en condicións practicamente idénticas. Asúmese que tódolos envases fabricados baixo un mesmo número de lote son homoxéneos, tanto en termos de calidade como de seguridade.
  • LDL: Low Density Lipoproteins, lipoproteínas de alta densidade, fracción do colesterol denominado popularmente como colesterol malo (ver tamén HDL).

M[editar | editar a fonte]

N[editar | editar a fonte]

  • NAOS: Nutrición, Actividade Física e Prevención da Obesidade. A estratexia NAOS é un programa creado en 2005 polo Ministerio de Sanidade e Consumo para sensibilizar á poboación dos prexuízos da obesidade para a saúde e promocionar hábitos de vida saudables especialmente na infancia e adolescencia [13].
  • NRSA: número de rexistro sanitario de alimentos, código que identifica en España as industrias dedicadas á elaboración, almacenamento e transformación de alimentos. Este código está formado por dous díxitos que indican o sector ó que pertencen, cinco díxitos que identifican o establecemento, e as siglas da provincia na que se localice. Por veces adoita indicarse como NRS ou RSI.

O[editar | editar a fonte]

P[editar | editar a fonte]

  • PCC: punto de control crítico, calquera fase, etapa ou procedemento nunha industria alimentaria no que poida controlarse, evitarse, eliminarse ou reducirse a un nivel aceptable calquera perigo para a seguridade alimentaria (ver APPCC).
  • PLT: Produto lácteo tradicional, denominación dos produtos derivados do leite, principalmente queixos, elaborados de forma artesanal e tradicional, a partir de leite cru de vaca, een establecementos inscritos nun rexistro especial de explotacións agrarias.
  • PSP:
    • Toxina paralizante dos moluscos (Paralytic Shellfish Poisoning), toxina paralizante (tamén chamada, impropiamente, paralítica), que pode estar presente nos moluscos bivalvos e provocar nos consumidores trastornos nerviosos.
  • PUFA: Poliunsatured Fat Acids, denominación inglesa de ácido graxo poliinsaturado.

R[editar | editar a fonte]

  • RSI: rexistro sanitario industrial (ver NRS).

S[editar | editar a fonte]

T[editar | editar a fonte]

  • TIA: toxiinfección alimentaria, enfermidade de orixe alimentaria producida por microorganismos presentes nos alimentos. Ver EOA.

U[editar | editar a fonte]

  • UHT: Ultra High Temperature, tratamento de hixienización do leite que consiste en sometelo a temperaturas moi altas (de 120-140 °C) durante un período de tempo moi breve (de 2 a 4 segundos). Este tratamento equivale a unha esterilización pero sen perdas nutritivas nin de calidade apreciables.

W[editar | editar a fonte]