Xacobeo Galicia
| Xacobeo Galicia | ||
| Información do equipo | ||
|---|---|---|
| Código UCI | XAG | |
| País | ||
| Fundación | 2007 | |
| Disolución | 2010 | |
| Disciplina | Ciclismo | |
| Categoría | Profesional Continental | |
| Dirección | ||
| Xerente | Pedro Alfaro | |
| Director | Álvaro Pino | |
| Director deportivo | Xesús Blanco Villar | |
| Director deportivo | José Ángel Vidal | |
| Denominacións | ||
| 2007-2008 2008-2010 |
Karpin Galicia Xacobeo Galicia | |
|
| ||
O Xacobeo Galicia foi un equipo de ciclismo galego que participou no Circuíto Continental Profesional. O seu código da UCI foi XAG[Cómpre referencia], e desapareceu en setembro de 2010.
Historia
[editar | editar a fonte]Creouse en 2007 coa denominación de Karpin Galicia (código da UCI KGZ) e foi no seu momento o primeiro equipo ciclista profesional galego. Estivo nas súas orixes patrocinado polo exfutbolista e empresario Valery Karpin, inmerso en promocións deportivas, xa que tamén apoiaba o equipo de voleibol da cidade de Vigo, o C.V. Vigo Valery Karpin.
A primeira vitoria do equipo galego de ciclismo chegou en xullo de 2007, no Trofeo Joquim Agostinho - GP Torres Vedras da man de Eladio Jiménez. A primeira vitoria na clasificación xeral dunha volta por etapas foi na Volta a Turquía, da man de David García[1].
En agosto de 2008 mudou a súa denominación a Xacobeo Galicia, logo de que se retirase o principal patrocinador e fose substituído polo Xacobeo[2]. Nese mesmo final de tempada, o mesmo David García conseguía a primeira vitoria do equipo nunha tirada da Vuelta a España ao impoñerse na décimo quinta, con chegada en Ponferrada.
En setembro de 2009 logrou a vitoria por equipos na Vuelta a España, ademais dunha etapa de Gustavo César Veloso, o 5º posto na xeral de Ezequiel Mosquera e a vitoria xeral do Maillot Solidario de Serafín Martínez Acevedo. En setembro de 2010, acadou o 2º posto na xeral da mesma proba con Ezequiel Mosquera.
Con todo, o equipo atravesou en 2010 grandes dificultades económicas pola perda dos patrocinadores e o cambio de goberno da Xunta: o secretario xeral para o deporte, José Ramón Lete, anunciou a retirada do patrocinio do Ano Xacobeo e as infrutuosas negociacións co grupo empresarial Aluminios Cortizo[3] levaron á desaparición do equipo, que non puido achegar os avais requiridos pola UCI para o seu rexistro no circuíto continental. Co cal o Xacobeo Galicia malia a que tiña compromisos adquiridos para o 2011 correu a mesma sorte que a Selección galega de fútbol coa chegada do Partido Popular ao Goberno Galego.
Organigrama
[editar | editar a fonte]O seu director deportivo é o ex-corredor Álvaro Pino que xa dirixira o Kelme-Costa Blanca e o Phonak, axudado por Xesús Blanco Villar e José Ángel Vidal. O seu preparador é Rodrigo Rodríguez.
Vitorias en 2007
[editar | editar a fonte]UCI ProTour
| Datas | Carreiras | Gañador |
Circuíto Continental
| Datas | Carreiras | Gañador | |
| 13 de xullo | 2ª etapa Grand Prix Torre Vedras | Eladio Jiménez | |
| 11 de agosto | 6ª etapa Portugal-Rundfahrt | Eladio Jiménez | |
| 14 de agosto | 9ª etapa Portugal-Rundfahrt | Eladio Jiménez |
Vitorias en 2008
[editar | editar a fonte]Grandes Voltas (e carreiras fora do ProTour)
| Datas | Carreiras | Gañador |
| - | - | - |
UCI ProTour
| Datas | Carreiras | Gañador |
| 9 de abril | ||
| 25 de maio |
Circuíto Continental
| Datas | Carreiras | Gañador |
| 20 de abril | ||
| 10 de maio | ||
| 11 de maio |
Cadro de ciclistas
[editar | editar a fonte]2007
[editar | editar a fonte]2008
[editar | editar a fonte]| Nome | Nacemento | Nacionalidade | Equipo 2008 |
| David Abal Diego | 25.08.1986 | Karpin Galicia | |
| Carlos Castaño Panadero | 07.05.1979 | Karpin Galicia | |
| Xesús Cobelo | - | debuta como profesional | |
| Gustavo Domínguez | 17.10.1980 | Karpin Galicia | |
| Delio Fernández | - | debuta como profesional | |
| Alberto Fernández Sainz | - | debuta como profesional | |
| David García Dapena | 30.09.1977 | Karpin Galicia | |
| David Herrero | 18.10.1979 | Karpin Galicia | |
| Vladimir Isaichev | - | debuta como profesional | |
| Serafín Martínez | 14.02.1984 | Karpin Galicia | |
| Iban Mayoz | 30.09.1981 | Euskaltel-Euskadi | |
| Ezequiel Mosquera | 19.11.1975 | Karpin Galicia | |
| Xoán Mourón | 06.02.1984 | Karpin Galicia | |
| Alexandre Paleo | - | debuta como profesional | |
| Gonzalo Rabuñal | 01.08.1984 | Karpin Galicia | |
| Ramón Troncoso Sobrino | 26.05.1981 | Karpin Galicia | |
| Gustavo César Veloso | 29.01.1980 | Karpin Galicia | |
| Eduard Vorganov | 01.12.1982 | Karpin Galicia | |
2009
[editar | editar a fonte]| Nome | Nacemento | Nacionalidade | Equipo 2007 |
| Carlos Castaño Panadero | 07.05.1979 | Xacobeo Galicia | |
| Gustavo Domínguez | 17.10.1980 | Xacobeo Galicia | |
| Alberto Fernández Sainz | - | Xacobeo Galicia | |
| David García | 30.09.1977 | Xacobeo Galicia | |
| David Herrero | 18.10.1979 | Xacobeo Galicia | |
| Vladimir Isaichev | - | Xacobeo Galicia | |
| Serafín Martínez | 14.02.1984 | Xacobeo Galicia | |
| Iban Mayoz | 30.09.1981 | Xacobeo Galicia | |
| Ezequiel Mosquera | 19.11.1975 | Xacobeo Galicia | |
| Xoán Mourón | 06.02.1984 | Xacobeo Galicia | |
| Alexandre Paleo | - | Xacobeo Galicia | |
| Gonzalo Rabuñal | 01.08.1984 | Xacobeo Galicia | |
| Ramón Troncoso Sobrino | 26.05.1981 | Xacobeo Galicia | |
| Gustavo César Veloso | 29.01.1980 | Xacobeo Galicia | |
| Eduard Vorganov | 01.12.1982 | Xacobeo Galicia | |
| Pedro Fernández | Loulé | ||
| Marcos García | debuta como profesional | ||
| Héctor Espasandín | Caja Rural | ||
| Iván Raña | 10.06.1979 | debuta como profesional | |
Galería de imaxes de ciclistas do equipo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "David García gaña a Volta a Turquía". Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2008. Consultado o 21 de abril de 2008.
- ↑ "Non diga 'Karpin', diga 'Xacobeo Galicia'", Vieiros, 19 de agosto de 2008
- ↑ El equipo gallego, al borde del abismo, La Voz de Galicia, 25/9/2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xacobeo Galicia |
- Web oficial do equipo Arquivado 28 de setembro de 2007 en Wayback Machine.