Majange Pardo
Aparencia
Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1958 A Coruña |
| Morte | 23 de marzo de 2009 |
Majange Pardo de Andrade, coñecida como Majange, nada na Coruña en 1958 e finada na mesma cidade o 23 de marzo de 2009, foi unha modelo e promotora empresarial galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira como modelo na década dos setenta, traballando en Galicia e Cataluña. Á súa retirada como modelo, fundou a axencia de modelos Top Model, e anos despois, a axencia Top Management. Fíxose famosa a partir de 1997 cando promoveu a creación da pasarela Pontus Veteris, en Pontevedra, a primeira pasarela estable en Galicia, e que dirixiu ata o ano 2008.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Faleceu de cancro de pulmón[1].